Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101424 - Traballo Fin de Grao (Traballo Fin de Grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 88.50
  • Horas de Titorías: 295.00
  • Total: 383.5

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo, Dereito Público Especial, Historia e Institucións Económicas, Economía Aplicada, Fundamentos da Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Organización de Empresas e Comercialización, Economía Cuantitativa, Socioloxía
  • Áreas: Dereito Mercantil, Dereito Financeiro e Tributario, Historia e Institucións Económicas, Economía Aplicada, Fundamentos de Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas, Economía Cuantitativa (propia da USC) , Socioloxía
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VARELA PUGA, MARIA ROSA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos.
    Contidos
    O contido específico definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de traballos/directores que cada curso realizará a Facultade.

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    - Todas

    Competencias específicas da materia:
    - Ser capaz de definir os obxectivos do traballo, identificando o problema a resolver e o obxectivo de coñecemento a alcanzar.
    - Ser capaz de deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para alcanzar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.
    - Saber buscar e seleccionar información relevante para o caso, problema ou obxecto de estudo, a partir de fontes do nivel de libros de texto avanzados, e incorporando algunhas achegas de textos científicos especializados.
    - Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para o obxecto do traballo, e integrar con eles a nova información conseguida.
    - Ser capaz de organizar a información da que dispón e presentala de forma clara, sistemática e precisa, para que sexa comprendida por outras persoas.
    - Saber identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propor suxestións de cara ao futuro.


    Metodoloxía da ensinanza
    O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica sinxela ou unha análise de casos.
    Durante o seu desenvolvemento programaranse sesións de traballo co director, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Finalmente, o estudante deberá presentar un resumo oral do traballo.

    Sistema de evaluación
    A avaliación basearase no traballo, que ademais de entregarse por escrito deberá presentarse oralmente. Valoraranse os contidos (corrección e pertinencia da información), nivel de integración de coñecementos adquiridos en diferentes materias e actividades formativas do Grao, achegas persoais, capacidade de análise crítica da información, estrutura, normas de estilo, corrección lingüística e expresiva (oral e escrita) e claridade da presentación.
    Así mesmo, terase en conta para a avaliación a realización sistemática do traballo e o compromiso durante a realización do mesmo: seguimento das orientacións do director, cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a súa iniciativa.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo estimado para a realización do traballo é de 150 horas.