Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101441 - Auditoría (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA BLANCO, MARIA CRUZ.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_AOrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao alumno un coñecemento xeral da auditoría dos estados financeiros que lle permita coñecer a natureza, función e utilidade da auditoría financeira e o marco xeral en que se desenvolve, comprender os conceptos e a metodoloxía propia do proceso de auditoría e saber aplicar eses conceptos a algunhas das áreas das contas anuais. Tamén se preténde que o alumno comprenda as circunstancias que poden influir na opinión do auditor e sexa capaz de interpretar os informes de auditoría.
    Contidos
    PARTE I. A FUNCIÓN DA AUDITORÍA NA SOCIEDADE.
    A auditoría financeira. Función e situación actual. O resultado do traballo do auditor: o informe de auditoría. O marco regulador dá auditoría de contas. A ética profesional e o control de calidade

    PARTE II. O PROCESO DE AUDITORÍA
    O control interno. A obtención de evidencia en auditoría: procedementos e probas
    O traballo de auditoría e a súa planificación. Importancia relativa e risco de auditoría. Papeis de traballo

    PARTE III. APLICACIÓN DO PROCESO DE AUDITORÍA ÁS ÁREAS DAS CONTAS ANUAIS
    Auditoría do inmobilizado técnico. Auditoría das existencias.

    Bibliografía básica e complementaria
    ARENS, A.A. , ELDER, R.J. e BEASLEY, M.S. (2007): Auditoría integral. Ed. Pearson. Prentice-Hall
    Larriba Díaz-Zorita, A. (2012): Auditoría de cuentas anuales 1 e 2. Ediciones CEF.

    Regulación da auditoría en España. Páxina web do ICAC: http://www.icac.meh.es/seccion.aspx?hid=3432
    Bibliografía complementaria
    Facilitaranse as referencias na aula e a través do campus virtual para aqueles temas nos que se considere necesario.

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    . Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social científica ou ética.
    . Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
    . Comunicarse con fluidez no seu ámbito e traballar en equipo

    Competencias específicas da materia:
    . Comprender o papel que desempeña actualmente a auditoría na sociedade e as medidas que se están a adoptar para reforzar a confianza dos usuarios na auditoría e na información financeira.
    . Comprender e valorar a importancia da conduta ética no desenvolvemento das distintas actividades profesionais
    . Coñecer o proceso de auditoría, analizando os conceptos máis importantes relacionados con este.
    . Iniciarse no proceso de acumulación de evidencia e elaboración dos papeis de traballo propios da auditoría financeira
    . Avaliar e comprender as circunstancias que inflúen na opinión do auditor e interpretar os informes de auditoría

    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizamos a lección maxistral para indicar e clarificar o contido dos temas e tamén no desenvolvemento dunha boa parte dos epígrafes.
    Tras as exposicións de cada un dos temas formulamos e realizamos diferentes actividades na aula.
    A maior parte desas actividades deben de ser realizadas polos grupos de traballo establecidos os primeiros días do curso (cada grupo estará formado por 3 alumnos e será estable ao longo de todo o semestre).
    As actividades consitirán na resolución de casos, análise de informes de auditoría, lectura e análise de noticias relacionadas coa auditoría,planificación dunha auditoría para unha empresa... A súa preparación requirirá a dedicación por parte do alumno dun tempo de traballo fóra da aula que variará en función do tipo de actividade proposta. Os resultados ou conclusións que se deriven desas actividades serán presentados en moitas ocasións na aula ao resto dos compañeiros.
    Utilizarase o Campus Virtual como apoio á docencia. Os estudantes contarán na páxina web da materia co material necesario para o desenvolvemento das clases e diferentes enlaces de interese para a busca de información. Tamén se utilizarán as ferramentas de comunicación dispoñibles no Campus Virtual.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia lévase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación contínua e proba teórica-práctica final.

    A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación. Neste sentido valoraranse as diferentes actividades formuladas ao longo do curso (Análise de informes de auditoría e doutra información divulgada polas empresas, lectura e comentario de noticias de prensa, resolución de casos, resolución de cuestións e exercicios) e a participación activa nas sesións de clase expositivas e interactivas.
    A proba teórica-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 6 puntos na nota final. Requirirase no exame un mínimo de 2.4 puntos (40% sobre 6) para poder superar a materia.

    Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na clase:
    -Clases de pizarra, en grupo grande 18
    -Clases de pizarra, en grupo reducido 18
    -Tutorias en pequenos grupos ou individualizada 4
    -Outras sesións con profesor: Examens e revisión 5
    Total de horas de traballo presencial na aula 45

    Traballo non presencial
    -Estudo autónomo individual e en grupo 35
    -Preparación traballo en grupo, elaboración de conclusións, redacción final. 10
    -Lecturas recomendadas ou actividades similares 8
    -Preparación de exercicios, discusións ou semellantes 12
    -Participación nas conferencias, exposicións e outras actividades recomendadas 2,5
    Total de horas de traballo persoal do alumno 67,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    -A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas, en particular de Contabilidade Financeira.
    -A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
    -A participación en clase e a discusión de dúbidas na aula e horas de titoría