G3101443 - Creación de Empresas (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivos da materia
O obxectivo xenérico que se pretende con esta materia é proporcionar aos alumnos os coñecementos necesarios para a creación dunha empresa, fomentar a creatividade para que adopten unha actitude activa asumindo o reto que significa crear a súa propia empresa. Servir de estímulo para que algúns, empresarios potenciais, despexen dúbidas y se decidan a dar ese paso, evitando asimesmo os erros que podan por en perigo a continuidade da empresa.
Contidos1.- Importancia dos proxectos empresariais emprendedores.
2.- Características e habilidades dos emprendedores.
3.- Idea de negocio e búsqueda de oportunidades.
4.- Razóns do fracaso de novos proxectos empresariais.
5.- Plan de negocio.
Bibliografía básica e complementaria- Amaru, A.C. (2008). “Administración para emprendedores. Fundamentos para la creación y gestión de nuevos negocios. Ed. Pearson.
- Dess, G.; et al (2011). “Administración estratégica”. 5ªed. Ed. McGraw-Hill.
- Dueñas, M.; et al (2004). “Creación de empresas: teoría y práctica”. Ed McGraw-Hill.
- Gómez Gras, J.M., et al (2012). “Manual de casos sobre creación de empresas en España”. Ed. McGraw- Hill.
- González Domínguez, F.J. (2002). “Creación de empresas: Guía para el desarrollo de iniciativas empresariales”. Ed. Pirámide.
- Nueno, P. (2009). “Emprendiendo hacia el 2020. Una renovada perspectiva global del arte de crear empresas y sus artistas”. Ed. Deusto.
- Shepherd, C.; et al (2011). “Administración de la innovación”. Ed. Pearson.
- Soler, C.; Reig, E. (2010). “Pequeñas empresas, grandes ideas”. Ed. Pearson.
- Steffan, B. (2009). “Quiero crear mi empresa”. Ed. Pearson.
- Thompson, A.; et al (2012). “Administración estratégica”. 18ª ed. Ed. Mc-GrawHill.
CompetenciasCapacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas relacionados coa empresa.
Capacidade para a toma de decisións relacionadas coa creación de empresas a través do análise de casos prácticos.
Desenvolver a habilidade de traballar en equipo de forma cooperativa.
Capacidade de análise e sínteses.
Mellora da capacidade para a busca de información relacionada co mundo empresarial.
Mellora da capacidade de exposición oral e escrita.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir o alumno nos contidos dos temas que conforman o programa, resaltando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. As sesións interactivas en grupos reducidos basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas a resolución e debate de caos e exercicios prácticos para mellorar a habilidade do alumnado en recoñecer e definir os problemas aos que se enfrontan as empresas, e poder tomar as decisións máis axeitadas, á vez que se facilita a interacción entre o alumnado. Todas estas actividades complementaranse co traballo persoal co alumnado deberá dedicar a cada unha delas como busca de material bibliográfico, lectura do devandito material, redacción de conclusións, etc. Este traballo autónomo será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías. Ademais, utilizarase o apio virtual a docencia.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como tódalas as actividades desenvolvidas polo alumnado. Terase en conta especialmente a participación activa na análise dos casos, debate e comentario de lecturas, e a presentación de traballos.
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final a realizar na fecha fixada polo centro no calendario do curso.
Puntuación:
Participación nas actividades desenvolvidas na aula: análise de casos, participación nos debates, presentación de traballos… 30% da cualificación
Exame final, 70% da cualificación. Nesta proba é necesario co alumnado obteña o 50% da puntuación total do exame para poder compensar esta puntuación coa obtida no apartado anterior (casos, participación, exposicións…).
A nota agregas deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para supera a materia.
Estas dúas partes que conforman a cualificación do alumnado, aplicares ás dúas convocatorias ordinarias (maio e xullo). De tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (30%) manterase para a convocatoria de xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 38,25h.
- Traballo persoal do alumnado: 74,25h.
Recomendacións para o estudo da materiaPara maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas, casos prácticos e textos recomendados, realiza todas as actividades formuladas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas. Ademais, é aconsellable complementar as exposicións teóricas do profesor cos libros de texto recomendados na bibliografía do programa da materia.