Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101445 - Mercados e Institucións Financeiras (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FEAS VAZQUEZ, JACOBO DANIEL.NON
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_AOrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia ten por obxectivo realizar unha análise do sistema financeiro español, centrándose nos seus tres elementos fundamentais: activos, mercados e intermediarios financeiros. Neste sentido, analízase a actividade das institucións financeiras, unha clara orientación cara á xestión financeira, así como as diferentes alternativas de investimento e financiamento, as técnicas de valoración de activos financeiros e os mercados nos que se emiten e negocian estes activos financeiros.

    Contidos
    PRIMEIRA PARTE.
    INTRODUCIÓN AO SISTEMA FINANCEIRO: Sistema financeiro, funcións do SEBC/EUROSISTEMA/Banco de España, a política monetaria, o mercado interbancario e os sistemas de pago.
    1. Estrutura do Sistema Financeiro
    1.1. Introdución
    1.2. Concepto, características e funcións do Sistema Financeiro
    1.3. Activos, intermediarios e mercados financeiros
    1.4. A estrutura actual do Sistema Financeiro: Características xerais
    1.4.1. O contexto internacional do sistema financeiro
    1.4.2. Regulación e supervisión do sistema financeiro
    1.4.3. A autoridade monetaria europea
    1.4.4. As principais institucións e mercados do Sistema Financeiro Español
    1.5. Resumo, conclusións e test de revisión
    2. A política monetaria, o mercado interbancario e os sistemas de pagos
    2.1. Introdución
    2.2. O marco institucional da Unión Económica e Monetaria
    2.3. Funcións dos Bancos Centrais. o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC)
    2.4. O Banco de España: organización e función
    2.5. Os sistemas de pagos: TARGET2-Banco de España e SNCE
    2.6 O BE e a política monetaria do Banco Central Europeo (BCE)
    2.6.1. A estratexia da política monetaria
    2.6.2. Instrumentos de política monetaria do Eurosistema
    2.7. O mercado interbancario
    2.8. Resumo, conclusións e test de revisión

    SEGUNDA PARTE.
    INSTITUCIÓNS FINANCEIRAS: Entidades de Crédito, sistema bancario, xestión do risco da actividade bancaria, institucións de investimento colectivo, compañías aseguradoras e fondos de pensións e outras institucións financeiras.
    3. As Entidades de Crédito
    3.1. Introdución
    3.2. O marco institucional vixente na Unión Europea no ámbito da regulación, supervisión e estabilidade financeira.
    3.3. As Entidades de Crédito: Bancos, Caixas de Aforros, Cooperativas de Crédito, Establecementos Financeiros de Crédito e ICO.
    A súa importancia relativa.
    3.4. Análise de activo e de pasivo a través dos seus Estados Financeiros.
    3.5. Sistema de Garantía de Depósitos
    3.6. Resumo, conclusións e test de revisión
    4. O sistema bancario: a xestión do risco na actividade bancaria
    4.1. Os riscos da actividade bancaria
    4.2. O investimento crediticio e o risco de crédito
    4.3. A liquidez e a súa xestión
    4.4. O risco de interese: a xestión de activos e pasivos
    4.5. Cara a unha nova regulación e supervisión dos riscos financeiros
    4.6. Solvencia e liquidez das Entidades de Crédito. Requirementos de capital de Basilea
    II e Basilea III
    4.7. A conta de explotación das entidades de crédito. Análise financeira de entidades de depósito
    4.8. A reestruturación do sistema bancario español: o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB)
    4.9. Resumo, conclusións e test de revisión
    5. Outras institucións financeiras
    5.1. Introdución
    5.2. As Institucións de Investimento Colectivo en valores mobiliarios
    5.3. As Institucións de Investimento Colectivo en inmobles
    5.4. Motivación Económica e xestión financeira das Sociedades e Fondos de Investimento
    5.5. As Sociedades e Axencias de Valores
    5.6. Os Fondos de Titulización de activos
    5.7. O proceso de investimento do capital risco. Sociedades e Fondos de Capital Risco
    5.8. As Axencias de calificación financeira
    5.9. As Sociedades de Garantía Recíproca
    5.10. Tendencias financeiras da industria aseguradora. Empresas de Seguros e Fondos de Pensións
    5.11. Resumo, conclusións e test de revisión

    TERCEIRA PARTE.

    ACTIVOS E MERCADOS FINANCEIROS: Activos e mercados de renda fixa, Activos e mercados de renda variable, e produtos derivados e estruturados.
    6. Activos e mercados de renda fixa
    6.1. Introdución
    6.2. Tipos de interese e ETTI.
    6.3. Valoración de Activos de Renda Fixa
    6.4. Risco e rendibilidade nas operacións con renda fixa
    6.5. Mercados de Renda Fixa
    6.5.1. O Mercado de Débeda Pública Anotada
    6.5.2. Os Mercados de Renda Fixa Privada
    6.6. Obrigacións convertibles e accións preferentes
    6.7. Resumo, conclusións e test de revisión
    7. Activos e mercado de renda variable
    7.1. Introdución
    7.2. Activos de renda variable
    7.2.1. Características Xerais
    7.2.2. Valoración
    7.3. O mercado primario. OPVs e OPSs
    7.4. O mercado secundario
    7.4.1. Operacións
    7.4.2. Organización
    7.4.3. Contratación e liquidación
    7.4.4. Custo de operar en Bolsa
    7.5. Resumo, conclusións e test de revisión

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
    - ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES, El Sistema Financiero Español, AFI, 2008.
    - BARQUERO CABRERO, J. e HUERTAS COLOMINA, F. (coords.), Banca, finanzas y seguros, Ed. Gestión 2000, 2000.
    - CASILDA BEJAR, R et AL., La banca y los mercados financieros, Ed. Alianza, 1997.
    - FABOZZI, F., Investment Management, Ed. Prentice Hall, 1995.
    - FABOZZI, F, MODIGLIANI, F. e FERRI, M., Mercados e Instituciones Financieras, Ed. Prentice Hall, 1996.
    - LÓPEZ PASCUAL, J. e SEBASTIÁN GONZÁLEZ, A., Gestión bancaria, Ed MacGraw-Hill, 2007.
    - MARTIN MARIN, José Luis; TRUJILLO PONCE, Antonio (2004): Manual de Mercados Financieros. Thomson, Madrid.
    - MENDIALDUA, A.B y otros (2009): Gestión de Entidades Financieras. Netbiblo, La Coruña.
    - OTERO GONZÁLEZ, L., La gestión de activos y pasivos en el sector asegurador de vida, ICEA, 2001.
    - PALOMO ZURDO, R. e MATEU GORDON, J., Productos, instrumentos y operaciones de inversión, ISTPB, 2004.
    - PÉREZ, J. L., Conociendo el seguro, Ed. Umeser, Madrid, 2001.
    - RODRÍGUEZ, L.; PAREJO, J. A.; CUERVO, A. e CALVO, A., Manual del sistema financiero español, 20ª edic., Ariel, Barcelona,
    2007.
    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
    Facilitaranse as referencias na aula para aqueles temas nos que se considere necesario

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    - Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
    – Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
    – Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
    – Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional.
    – Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
    Competencias específicas da materia:
    - Coñecer a estrutura do sistema financeiro español.
    - Saber interpretar a información financeira.
    - Coñecer as funcións do SEBC/BCE/Banco de España e saber interpretar a política monetaria.
    - Saber construír e analizar unha estrutura temporal de tipos de xuro.
    - Diferenciar os diferentes produtos financeiros que se emiten e negocian nos mercados financeiros.
    - Saber como se contratan os activos financeiros nos mercados.
    - Coñecer como se xestionan diferentes entidades financeiras.
    - Estar capacitado para avaliar diferentes tipos de risco.
    - Estar capacitado para empregar algún software adecuado para apoiar a análise das decisións financeiras (follas de cálculo e
    outros programas).
    - Observar a realidade da actualidade financeira a través da prensa ou outros medios e aplicar os coñecementos adquiridos a
    esas situacións.

    Metodoloxía da ensinanza
    Ao tratarse dunha materia de cuarto curso tratarase de aplicar un enfoque práctico que permita que o alumno teña un bo coñecemento da realidade dos mercados e da actividade das institucións financeiras. Dado que iso esixe o manexo de abundante información financeira, potenciaranse tanto as clases prácticas, como o traballo autónomo do alumno. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas servirán para introducir ao alumno nos temas do programa e explicarlle o plan de traballo, proporcionándolle o material e a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. Á finalización de cada tema o alumno deberá realizar diferentes exercicios e actividades e, periodicamente, realizará traballos monográficos dalgún dos temas que configuran o programa , en moitos casos a partir de procuras e análises de información extraída da web que posteriormente exporán, ben individualmente, ben en grupo. Tamén
    deberán resolver problemas e casos reais co apoio de software informático. Deste xeito potenciarase o manexo de información financeira en internet e a resolución de casos baseados na mesma.
    Os exames forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñados a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o Curso.

    Sistema de evaluación
    Para unha correcta avaliación das competencias que o alumno debe adquirir cursando esta materia terase en conta, por un lado, o resultado obtido nunha proba final teórico práctica e, por outro lado, a valoración continua do traballo do alumno materializado na súa participación activa nas actividades programadas e na realización de todos aqueles traballos, casos, etc., propostos ao longo do curso. A ponderación dos diferentes elementos na nota final explicitarase cada curso na correspondente guía docente. En todo caso, realizarase un exame de conxunto que abarque toda a materia cuxa valoración non superará o 50% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial:
    - Docencia en grupo grande: 15
    - Docencia en grupo reducido: 15
    - Titorizacións en grupos reducidos ou individualizadas: 10
    - Outras sesións con profesor: Exames e revisións: 5
    Total horas traballo presencial na aula: 45
    Traballo non presencial:
    - Estudio autónomo individual ou en grupo: 30
    - Preparación das prácticas: lectura de casos, textos e artigos, escritura de conclusións e traballos: 20
    - Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10
    - Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 7.5
    Total horas traballo persoal do alumno: 67.5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos que se dispoñen a estudar esta materia deberían ter coñecementos previos de análise e cálculo financeiro, dirección financeira e manexo de follas de cálculo.
    Esta materia caracterízase por estar intimamente ligada á actualidade financeira e, en concreto, aos mercados financeiros, ás decisións de política monetaria, aos produtos financeiros e ás actividades de institucións tan coñecidas como os bancos, caixas de aforros, as cooperativas de crédito, as compañías de seguros ou os plans e fondos de pensións. Por este motivo, a aprendizaxe na materia mellora considerablemente se o alumno fai un seguimento da información que se publica tanto en
    prensa como en diferentes páxinas web que poñemos á súa disposición. Ademais, hai certas lecturas e libros básicos de interese que facilitan a comprensión. Non é preciso sinalar que o método de avaliación continua esixe unha dedicación semanal que favorece os resultados finais do alumno