G3101447 - Comercialización Internacional (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Concienciar ao alumnado da importancia dos negocios internacionais para as empresas.
-Coñecer e analizar a contorna dos negocios internacionais co obxectivo de reducir o risco percibido na actividade internacional.
-Valorar e entender as diferenzas internacionais e a eliminación da perspectiva etnocéntrica.
-Coñecer as alternativas estratéxicas da empresa internacional á hora de seleccionar e penetrar nos mercados exteriores.
-Dotar ao alumnado dos coñecementos teórico-prácticos relacionados coas diferentes ferramentas comerciais.
ContidosTema 1. A internacionalización da empresa
Tema 2. O entorno internacional
Tema 3. Selección de mercados estranxeiros
Tema 4. Penetración en mercados estranxeiros
Tema 5. Política de produto
Tema 6. Política de prezo
Tema 7. Política de comunicación
Tema 8. Política de distribución
Bibliografía básica e complementariaCzinkota, M.R. y Ronkainen, I.A. (2004). Marketing internacional (7ª edición). México: Thomson.
Hollensen, S. y Arteaga Ortiz, J. (2010). Estrategias de marketing internacional (4ª edición). Madrid, España: Pearson.
Jerez Riesco, J.L. y García-Mendoza, A. (2010). Marketing internacional para la expansión de la empresa. Madrid, España: ESIC.
O profesorado detallará, ao inicio de cada tema, a bibliografía complementaria ou adicional.
Competencias-Concienciación da importancia dos negocios internacionais para as empresas e formación dunha actitude activa cara o mercado internacional.
-Recollida e emprego de información para a toma de decisións en mercados internacionales.
-Desenvolvemento de habilidades para a selección de mercados internacionais.
-Emprego das ferramentas de marketing no entorno internacional.
-Valoración das necesidades de adaptación da acción comercial ao entorno internacional.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula adicadas ás clases expositivas empregaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, enfatizando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas en grupo reducido trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso analizaranse casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións expostas polo profesorado. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, asemade do tempo adicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a busca de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para solventar dúbidas e solucionar problemas a que se enfronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc. ). O peso de cada actividade na avaliación é o seguinte:
1)Exame de contidos: 70% da cualificación.
2)Participación nas clases, resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases interactivas: 30% da cualificación.
Para poder engadir á nota do exame de contidos a puntuación acadada no apartado 2) o alumnado deberá obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 (ou 3'5 puntos sobre 7) no exame de contidos.
A superación da materia implica a obtención de 5 puntos sobre 10 na calificación final.
O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada á participación nas clases e ás actividades interactivas só poderán obter un máximo de 7 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 7 puntos para superar a materia.
Convocatoria de xullo: A puntuación obtida na participación nas clases expositivas e en todas as actividades nas clases interactivas gardarase para a convocatoria de xullo, pero en ningún caso para cursos posteriores.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4.5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte xeito:
.- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 45
.- Traballo persoal do alumnado: 67.5
Recomendacións para o estudo da materiaPara maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás clases teóricas e prácticas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que o alumnado debería empregar as veces que fose necesario. O acceso campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispor e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos. Recoméndase tamén a lectura do programa e as normas de avaliación.
Asemade, resulta convinte que o alumnado teña cursadas as materias Fundamentos de Comercialización (2º GADE) e Dirección Comercial (3ª GADE).