G3101448 - Comportamento e Cambio Empresarial (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo xenérico que se pretende con esta materia é proporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios para a comprensión do comportamento dos individuos e das organizacións, así como fomentar a creatividade para que adopten unha actitude activa asumindo o reto que significa xestionar e dirixir persoas. Outro obxectivo é servir de estímulo para incentivar o cambio e a innovación nas empresas.
Contidos 1.- Fundamentos do comportamento individual.
2.- Principios do comportamento grupal.
3.- Proceso de comunicación.
4.- Conflicto e negociación.
5.- Xestión do cambio.
Bibliografía básica e complementaria- Dessler, G. (2001). “Administración de personal”. 8ªed. Ed. Prentice Hall.
- Costa García, M.; et al (2011). “Negociar para con-seguir”. Ed. Prentice Hall.
- Robbins, S.; Judge, T. (2010). “Introducción al comportamiento organizativo”. 10ª ed. Ed. Pearson
- Shepherd, C.; et al (2011). “Administración de la innovación”. Ed. Pearson.
- Wayne Mondy, R.; et al (2010). “Administración de recursos humanos”. 11ªed. Ed. Pearson.
- Whetten, D.A.; Cameron, K.S. (2011). “Desarrollo de habilidades directivas”. 8ª ed. Ed. Pearson.
CompetenciasCapacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas relacionados cos recursos humáns.
Capacidade para a toma de decisións relacionadas coas persoas a través do análise de casos prácticos.
Habilidade para traballar en equipo de forma cooperativa.
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade para buscar información relacionada co mundo empresarial e co cambio nas organizacións.
Capacidade de exposición oral e escrita.
Capacidade para deseñar e desenvolver estratexias innovadoras.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula adicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa, resaltando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. As sesións interactivas en grupos reducidos basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á resolución e debate de casos e exercicios prácticos para mellorar a habilidade do alumnado en recoñecer e definir os problemas aos que se enfrontan as empresas, e poder tomar as decisións máis axeitadas, á vez que se facilita a interacción entre o alumnado. Todas estas actividades complementaranse co traballo persoal que o alumnado deberá adicar a cada unha delas como busca de material bibliográfico, lectura do devandito material, redacción de conclusións, etc. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Ademais, utilizarase o apio virtual a docencia.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc. A asistencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas é obrigatoria.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
Primeira oportunidade ordinaria
A) Avaliación continua: Participación nas clases, resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos, controis e outras actividades vinculadas ás clases interactivas. Peso na cualificación final: 30%.
B) Exame final de contidos. Peso na cualificación final: 70%.
Para poder sumar B e A é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 3 sobre 7 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, farase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación acadada na avaliación continua.
Dacordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 38,25h.
- Traballo persoal do alumnado: 74,25h.
Recomendacións para o estudo da materiaPara maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas, casos prácticos e textos recomendados, realice todas as actividades formuladas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas. Ademais, é aconsellable complementar as exposicións teóricas do profesorado cos libros de texto recomendados na bibliografía do programa da materia.