G3101449 - Contabilidade de Custos Avanzada: Información para a toma de decisións e Control Empresarial (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCon esta materia preténdese completar os coñecementos sobre contabilidade de custos.
Partindo da base de que os alumnos xa coñecen os conceptos fundamentais así como as cuestións metodolóxicas e os rudimentos necesarios dun sistema de contabilidade de custos, esta materia céntrase na utilización da información xerada polo devandito sistema na toma de decisións empresariais, a planificación e o control. En particular, preténdese que o alumno recoñeza o papel da contabilidade de custos como unha ferramenta para a posta en práctica e control da estratexia e a xestión empresarial.
Contidos1) A contabilidade interna e as súas relacións coa filosofía de xestión empresarial e outros sistemas de información contable.
(2) O estudo do custo como xerador de decisións. Custos parciais: direct costing. (3) Análise custo-volume-beneficio.
(4) Información para a planificación e o control: Orzamentos e custos estándar
(5) Asignación de custos en produción múltiple: custos conxuntos e subprodutos
(6) Contabilidade por áreas de responsabilidade. Prezos de transferencia
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica para as clases teóricas:
BLANCO DOPICO, Mª I. (1994): Contabilidad de costes. Análisis y control, Pirámide, Madrid.
BLANCO IBARRA, F. (2006): Contabilidad de costes y de gestión, Ediciones Deusto, Bilbao
HORGREN, C.T.; FOSTER, G. y DATAR, S.M. (2007): Contabilidad de costos. Un enfoque gerencial (12ª edición), Prentice-Hall Hispanoamericana, México
LÓPEZ DÍAZ, A. y MENÉNDEZ MENÉNDEZ, M. (1989): Curso de contabilidad interna, AC, Madrid.
MALLO RODRÍGUEZ, C. y JIMÉNEZ MONTAÑÉS, Mª A. (2000): Contabilidad de costes, Pirámide, REQUENA RODRÍGUEZ, J. Mª. y VERA RÍOS, S. (2009): Contabilidad interna (Contabilidad de costes y de gestión). Cálculo, análisis y control de costes y resultados para la toma de decisiones (3ª edición). Ariel Economía, Barcelona. Madrid.
SÁEZ TORRECILLA, A.; GUITIÉRREZ DÍAZ, G. y FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A. (2009): Contabilidad de Costes y Contabilidad de Gestión, Vol. I, McGraw-Hill.
SERRA SALVARDOR, V. (2003): Contabilidad de costes. Cálculo, análisis y control, Tirant lo Blanch, Valencia
SCHNEIDER, E. (1972): Contabilidad industrial, Aguilar, Madrid.
Bibliografía básica para as clases prácticas:
BLANCO DOPICO, Mª I.; AIBAR GUZMÁN, B. y RÍOS BLANCO, S.L. (2001): Contabilidad de costes. Cuestiones, supuestos prácticos resueltos y propuestos, Prentice Hall, Madrid.
BLANCO IBARRA, F. (1990): Contabilidad Analítica. Casos Prácticos, Ed. Deusto, Bilbao.
MONTESINOS JULVE, V. y BROTO RUBIO, J. (1991): Ejercicios y soluciones de contabilidad de costes (2ª edición corregida), Ariel, Barcelona.
MUÑOZ, C.I.; VEUTHEY; E. y ZORNOZA, J. (2004): Introducción a la contabilidad de costes para la gestión (2ª edición). Curso práctico. Civitas, Madrid.
Bibliografía complementaria:
AECA: serie Principios de Contabilidad de Gestión.
ÁLVAREZ-DARDET, M.C. y GUTIÉRREZ, F. (coord.) (2009): Contabilidad de gestión. Cálculo de costes. Pirámide, Madrid.
ÁLVAREZ LÓPEZ, J. et al. (2001): Introducción a la contabilidad de gestión: cálculo de costes, Ediciones McGraw-Hill-AECA
DONOSO, R. y DONOSO. A. (2011): Sistemas de costes e información económica. Pirámide.
DRURY, C. (1994): Management and cost accounting, Chapman & Hall, Londres.
ELDENBURG, l y WOLCOTT, S. (2005): Cost Management: Measuring, Monitoring, and Motivating Performance. Wiley
GARRISON, R.; NOREEN, E. y BREWER, P. (2007): Contabilidad administrativa. McGraw-Hill. (edición en castellano de Managerial Accounting)
HORNGREN, C.T.; SUNDEM, G.L. y SELTO, F.H. (1993): Introduction to management accounting, Prentice Hall, Londres
WEYGANDT, J.J.; KIESO, D.E. y KIMMEL, P.D. (2008): Managerial Accounting (4ª edición).Wiley
WILLIAMSON, D. (1996): Cost & management accounting, Prentice Hall, Londres.
CompetenciasContribuír á comprensión do sistema de información contable dende unha perspectiva interdisciplinar.
Aplicar a información de custos a distintas situacións/escenarios de toma de decisións e concienciar o alumno da idea de "custos diferentes para situacións/decisións/propósitos diferentes".
Aprender a elaborar e presentar informes que sirvan de base para a resolución de problemas e a toma de decisións. Á súa vez, isto supón:
Coñecer e manexar as distintas fontes de datos (financeiros e non financeiros) ás que un contable de custos pode recorrer para elaborar un informe.
Coñecer os distintos tipos de fichas/ modelos nos que se poden recoller os datos necesarios para elaborar un informe.
Coñecer e manexar os principais tipos de informes que se poden elaborar dependendo do obxectivo perseguido, do tipo de problema a resolver ou decisión a adoptar e dos usuarios aos cales se dirixa.
Coñecer as implicacións da descentralización e delegación de autoridade para a contabilidade de custos e o seu papel como instrumento de control.
Coñecer as características do control organizativo e o papel da contabilidade de custos como instrumento de control
Introducir o alumno nos obxectivos e características básicas da xestión presupostaria e a súa lóxica subxacente. Así mesmo, preténdese que coñeza a estrutura de formación dos custos estándar, comprenda a súa utilidade e as particularidades da súa utilización e saiba interpretar as desviacións.
Coñecer e utilizar prezos de transferencia
Metodoloxía da ensinanza Dada a situación da materia no último curso da titulación préstase especial atención á participación activa do estudante no seu proceso de aprendizaxe. No desenvolvemento da materia combínanse as actividades formativas na aula con presenza do profesor (sesións de aula dedicadas a clases teórico-prácticas nas que se realiza a exposición xeral dos contidos básicos de cada tema baseada no material previamente entregado ou salientado na bibliografía básica recomendada e preséntanse e resolven casos e supostos "tipo") co traballo persoal que o alumno (proporcionando aos alumnos a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma).
Nalgúns temas recorrerase a discusións guiadas sobre textos (que previamente deberán ser comentados por escrito por cada grupo de alumnos) ou realizarase a presentación de casos que os estudantes deberán resolver traballando en grupos reducidos. Tamén se formula a presentación, exposición e debate de traballos (individuais ou en grupos).
Buscando o control da comprensión e asimilación de conceptos así como a detección de problemas e dúbidas que se poidan formular, ao finalizar cada bloque temático dedicarase unha sesión a formular cuestións teóricas e exercicios curtos. En ocasións as respostas ás devanditas cuestións, exercicios e casos discutiranse oralmente en clase, mentres que outras veces se entregarán por escrito e se corrixirán polos profesores.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia lévase a cabo a través de dúas actuacións:
(1) Avaliación continua (40%): terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propio da materia ou a participación activa en clase.
En particular, na avaliación continua terase en conta:
(a) a asistencia do alumno a clases (requírese un mínimo do 70%),
(b) o traballo realizado en clases e a participación (razoada) nestas,
(c) probas de nivel realizadas ao final de cada bloque temático
(d) traballo(s)
(2) Exame final teórico-práctica (60%): avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos.
De acordo coa lexislación vixente, a cualificación final da materia (obtida pola combinación das dúas actuacións anteriores) realizarase nunha escala numérica, de 0-10 cun decimal.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula:
sesións expositivas: 18 horas
sesións interactivas: 18 horas
Titorías (grupos reducidos): 3 horas
Horas non presenciais (traballo persoal do alumno: 90 horas (incluídas as dedicadas á preparación do exame final)
Horas de avaliación: ata 9 (exames oficiais)
Total volume de traballo: 150 horas (4,5 créditos ECTS)
Recomendacións para o estudo da materiaConsidérase recomendable que, previo ao inicio do curso, o alumno repase as nocións básicas de Contabilidade de custos.
Antes de comezar o estudo de cada tema, recoméndase que o alumno realice a lectura do material correspondente ao mesmo que se lle entregará previamente así como dalgunhas lecturas recomendadas especificamente polas profesoras por considerarse particularmente ilustrativas dos aspectos que serán obxecto de análise. Con iso preténdese dinamizar o ensino e favorecer a asimilación dos conceptos por parte dos alumnos.
Despois da análise de cada tema en clase, recoméndase que o alumno resolva as cuestións de análise e os exercicios prácticos propostos polas profesoras, co fin de comprobar o grao en que comprendeu e asimilado os conceptos, e detectar as posibles dúbidas ou aspectos mal comprendidos e resolver os problemas que se formulen antes de seguir avanzando na materia.
Recoméndase participar nas discusións, debates e, en xeral, no desenvolvemento das clases e aproveitar dende o comezo do curso as titorías.