Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101450 - Distribución Comercial (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOSADA PEREZ, FERNANDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_AOrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xenérico que se pretende con esta materia é proporcionar aos alumnos os coñecementos necesarios sobre o conxunto estratexias comercias das que dispoñen os intermediarios que lles permita actuar sobre os seus mercados obxectivos, e ser o suficientemente competitivas para poder acadar os resultados desexados pola organización. Neste sentido propóñense os seguintes obxectivos mais específicos.
    Comprender o comportamento de compra que seguen os clientes no seu proceso de decisión de compra nun establecemento retallista, para poder posteriormente deseñar estratexias de servizo orientadas aos clientes e a súa fidelización.
    Tendo en conta que unha das decisións mais importantes que teñen que adoptar as empresas retallistas é a correspondente a localización dos puntos de venda. Se trata de que o alumno coñeza en profundidade os diferentes factores que inflúen na localización de establecementos comerciais, así como as diferentes técnicas que se poden utilizar para a súa selección.
    Coñecer as principais decisións que deben adoptar as empresas retallistas en relación á variedade de produtos e marcas que ofrecerán aos seus clientes, tendo en conta que esta é unha decisión crucial no posicionamento e na rendibilidade do punto de venda.
    Coñecer as diferentes estratexias que poden desenvolver as empresas retallistas co obxectivo de optimizar o deseño interior do punto de venda para mellorar a circulación dos clientes, establecer a situación e o espazo asignado aos produtos no lineal, crear un deseño atractivo do establecemento e do lineal para atraer os clientes ao punto de venda.
    Comprender o papel fundamental que desempeña a promoción de vendas nos establecementos comerciais como ferramenta para atraer e fidelizar aos compradores cara ao punto de venda, e polo tanto, incrementar as vendas da empresa. Neste sentido, estúdanse e clasifican as principais técnicas promocionais de que dispoñen os intermediarios para conseguir estes obxectivos.
    Coñecer o impacto que teñen as tecnoloxías da información sobre as funcións de comercialización e as súas características propias como canle de comunicación e de venda, dende a perspectiva dos fabricantes e dos distribuidores.

    Contidos
    1.- O comportamento do consumidor no establecemento retallista
    2.- A decisión de localización da empresa retallista
    3.- Estratexia de variedade de produtos e marca de distribuidor
    4.- Merchandising da empresa retallista
    5.- A promoción de vendas nas empresas retallistas
    6.- Internet e comercio electrónico

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Molinillo S. (coord.) (2012): Distribución comercial aplicada. Ed. ESIC.
    Vázquez, R; Trespalacios J.A. (coord.) (2012): Estrategias de distribución comercial. Diseño del canal de distribución y relación entre fabricantes y detallistas. Ed. Paraninfo.
    Bibliografía complementaria:
    Díez E. (coord.) (2004): Distribución comercial (3ª edición). Ed. McGraw-Hill.
    Díez, E.; Landa, F.J.; Navarro, A. (2006): Merchandising. Teoría y práctica (2ª edición). Ed. Pirámide.
    Maraver, G. (coord.) (2005): Distribución comercial. Ed. UOC.
    Martínez F.; Maraver, G. (editores) (2009): Distribución Comercial. Ed. Delta.
    Palomares, R. (2009): Merchandising: teoría, práctica y estrategia. Ed. ESIC.
    Puelles, J.A.; Gómez, M.; Puelles, M. (coord.) (2011): Marcas de distribuidor: concepto, evolución, protagonistas y adaptación a los ciclos económicos. Ed. Pirámide.

    Competencias
    Capacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas relacionados coa distribución comercial.
    Capacidade para a toma de decisións relacionadas coas canles de distribución a través do análise de casos prácticos.
    Desenvolver a habilidade de traballar en equipo de forma cooperativa.
    Capacidade de análise e sínteses.
    Mellora da capacidade para a busca de información relacionada co mundo empresarial.
    Mellora da capacidade de exposición oral e escrita.
    Capacidade para deseñar e desenvolver estratexias comerciais nas empresas retallistas.

    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir o alumno nos contidos dos temas que conforman o programa, resaltando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. As sesións interactivas en grupos reducidos basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas a resolución e debate de caos e exercicios prácticos para mellorar a habilidade do alumnado en recoñecer e definir os problemas aos que se enfrontan as empresas, e poder tomar as decisións máis axeitadas, á vez que se facilita a interacción entre o alumnado. Todas estas actividades complementaranse co traballo persoal co alumnado deberá dedicar a cada unha delas como busca de material bibliográfico, lectura do devandito material, redacción de conclusións, etc. Este traballo autónomo será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías. Ademais, utilizarase o apio virtual a docencia.
    Sistema de evaluación
    A avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como tódalas as actividades desenvolvidas polo alumnado. Terase en conta especialmente a participación activa na análise dos casos, debate e comentario de lecturas, e a presentación de traballos.
    A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final a realizar na fecha fixada polo centro no calendario do curso.
    Puntuación:
    - Participación nas actividades desenvolvidas na aula: análise de casos, participación nos debates, presentación de traballos,... 40% da cualificación
    - Exame final, 60% da cualificación. Nesta proba é necesario co alumnado obteña o 50% da puntuación total do exame para poder compensar esta puntuación coa obtida no apartado anterior.
    A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para supera a materia.
    O alumno que no que non obteña ningunha puntuación vinculada a participación nas clases e as actividades interactivas, só poderá obter un máximo de 7 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 7 no exame final, para superar a materia.
    Para ter en conta a nota da avaliación continua (40% da cualificación), requírese un mínimo do 75% de asistencia ás clases (expositivas e interactivas).
    Estas dúas partes que conforman a cualificación do alumnado, aplicares ás dúas convocatorias ordinarias (maio e xullo). De tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (40%) manterase para a convocatoria de xullo.
    En ningún caso se gardará a puntuación obtida en calquera das actividades avaliadas para convocatorias posteriores.
    De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art.º 5.2), a participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do alumno será distinta de “non presentado”.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
    - Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 38,25h.
    - Traballo persoal do alumnado: 74,25h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas, casos prácticos e textos recomendados, realiza todas as actividades formuladas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas. Ademais, é aconsellable complementar as exposicións teóricas do profesor cos libros de texto recomendados na bibliografía do programa da materia.