G3101451 - Estratexia e Xestión Financeira (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo da materia é ofrecer unha visión integral das finanzas aplicable ao máis alto nivel de dirección empresarial, e vinculada coa estratexia xeral da empresa e co obxectivo de creación de valor. Buscarase reforzar o coñecemento dos principios das finanzas e a súa aplicación práctica a través do traballo con modelos financeiros, facendo constar a inexistencia de regras máxicas, e todo elo con unha especial atención ao entorno habitual no que se deben de desenvolver os alumnos, caracterizado por pequenas e medianas empresas.
ContidosO papel das finanzas na empresa, a estratexia e a creación de valor.
A xestión financeira baseada no valor.
O diagnóstico financeiro tradicional.
O diagnóstico financeiro orientado a creación de valor.
A planificación financeira a longo prazo
Valoración de empresas.
A planificación financeira a corto prazo.
O aspecto estratéxico des inversións.
Decisións financeiras e estratexia empresarial.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
- KOLLER, GOEDHART, WESSELS. (2010): Valuation: Measuring and Managing the Value of Companies, Wiley & Sons, New York, 5ª Ed.
- DAMODARAN, A., Applied Corporate Finance, 3ª ed., John Wiley & Sons, Nueva York, 2011.
- RAPPAPORT, A., La Creación de Valor para el Accionista. Una guía para inversores y directivos, 2ª edición, Ed. Deusto, Bilbao,1998.
- RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Planificación Financiera Aplicada, Tórculo, 2008
- RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Estrategias de Planificación Financiera Aplicada, Andavira, 2011
COMPLEMENTARIA:
- ALLEN, D., Strategic financial management, FT Financial Publishing, 1996.
- BREALEY, MYERS, ALLEN., Principles of Corporate Finance, 10ª ed., Irwin, McGraw Hil, 2011.
- BENNINGA, S., Principles of Finance with Excel, Oxford University Press, 2011
- FERNÁNDEZ, P., Valoración de Empresas, Gestión 2000, Barcelona, 2004.
- MASCAREÑAS PÉREZ-IÑIGO, J., Fusiones, adquisiciones y valoración de empresas, 5ª ed., Ecobook, 2011.
- PENMAN, S., Financial Statement Analysis and security valuation, Mcgraw-Hill, 2007
- ROJO, A., Valoración de empresas y gestión basada en Valor, Thomson, 2007
- ROSS, S. A.; WESTERFIELD, R. W. e JAFFE, J. F., Finanzas Corporativas, Madrid, 2009.
- SENGUPTA, C., Financial Analysis and Modeling, John Wiley & Sons, 2010.
- TITMAN, S.; MARTIN, J. Valoración, Pearson, 2009
- WOOLLEY, S., The Sources of Value, Cambridge Univesity Press, 2009
CompetenciasCoñecer o papel das finanzas e do departamento de finanzas no proceso de creación de valor da empresa.
Saber cuantificar a creación de valor na empresa e analizar os seus determinantes.
Saber realizar una análise financeira en profundidade da situación da empresa e as súas perspectivas de futuro, tanto de forma individual como en relación á competencia.
Saber realizar a planificación e presupuestación a corto, medio e longo prazo na empresa.
Realizar modelos de simulación informatizados para resolver problemas financeiros e planificar as consecuencias económico financeiras das decisións empresariais.
Valorar as estratexias empresariais de activo e pasivo dende una perspectiva financeira.
Xestionar o circulante da empresa así como os seus riscos.
Aprender a utilizar programas de folla de cálculo para resolver problemas financeiros
Metodoloxía da ensinanza Planificación Usuarios
https://xescampus.usc.es/Planificacion/Default.asp?Cod_Sistema_Interno_Modulo=10[24/07/12 14:01:22]
Materia optativa de 4,5 créditos, distribuidos en 18 horas de clases expositivas e 18 horas de clases interactivas.
As sesións dedicadas a clases expositivas teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un adecuado desenrolo do proceso de aprendizaxe.
As prácticas ou interactivas están encamiñadas a resolver casos nos que o alumno ten que enfrentar a toma de decisión financeiras. Ditas sesións implicarán o uso de programas de folla de cálculo.
Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso na que se ofrecerá o material de apoio correspondente.
Nas clases interactivas empregarase a versión de Excel máis actual que teña instalada a aula de informática que se utilice. O alumno que o desexe pode acudir a clase co seu propio portátil. Todos os modelos que se van a desenrolar poden utilizarse en outros programas de folla de cálculo distintos a Excel (no obstante foron desenrolados en Excel).
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación estará formado por dous elementos.
a) Un exame teórico-práctico que suporá o 70% da nota final (7 puntos). Requerirase no exame un mínimo de 3,5 puntos (50% sobre 7) para poder superar a asignatura.
b) O 30% restante (3 puntos), corresponderase con un traballo a desenrolar ao longo do curso. Esixirase polo menos un 85% de asistencia a clase para poder presentar dito traballo. O traballo poderá realizarse de forma individual ou en parella, tras acordó co profesor da materia. Dito traballo versará sobre a aplicación a un caso real das metodoloxías de análise e planificación financeira desenroladas na materia. A nota de dito traballo poderá conservarse nos anos seguintes mentres se manteña o sistema de avaliación e o profesor da materia.
O sistema de avaliación será o mesmo nas convocatorias de Xuño e Xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalTotal horas traballo presencial na aula: 45
Total horas traballo personal do alumno: 70 (incluido o tempo de elaboración do traballo)
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia e participación activa nas clases presenciais e utilización das tutorías. Resulta importante ir fixando os coñecementos a medida que se vaian impartindo dado o carácter continuo da materia e a estreita relación entre os distintos temas. De esta forma obterase un maior rendemento e proveito dos contidos teóricos e prácticos. Por outro lado, recomendase a aqueles que vaian a realizar o traballo da materia que o vaian elaborando ao longo do curso, de forma que poidan sincronizar o aprendido na clase coa súa posta en práctica.