Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101454 - Investimentos Financeiros (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo da materia Investimentos Financeiros é familiarizar ó alumno cás características e o análise dos activos financeiros individuais así como ca teoría e práctica das combinacións óptimas de ditos activos en carteiras, de xeito tal que estean en disposición de integra-los conceptos da Teoría da Investimento Financeira con aplicacións prácticas na realidade dos mercados.
    En particular o obxectivo é a comprensión das características e o análise das carteiras de activos financeiros, así coma o coñecemento das diversas ferramentas de valoración de activos e xestión de carteiras tanto de renda fixa como de renda variable: Teoría de selección de carteiras, Modelos de equilibrio no mercado de capitais, Eficiencia do mercado, Avaliación do proceso de investimento, Análise fundamental, Análise técnico e Esquemas de valoración do rendemento e risco dos activos financeiros de renda fixa e variable.

    Contidos
    PARTE I: O MERCADO ESPAÑOL DE VALORES

    TEMA 1: OS MERCADOS DE VALORES
    1. Características xerais e misión da Bolsa
    2. Características da Bolsa como mercado (competencia perfecta e eficiencia) e como Institución.
    3. Información necesaria para investir e fontes.
    4. A protección do inversor
    5. Elementos presentes nas bolsas (persoais, reais, formais).
    6. O circuíto de investimento en Bolsa.
    7. Custes das operacións
    8. Fiscalidade

    TEMA 2: ORGANIZACIÓN DAS BOLSAS EN ESPAÑA:
    1. Estrutura
    2. Organismos, sociedades, etc.
    3. Valores negociables

    TEMA 3: Funcionamento do mercado
    1. Formas de emisión de títulos
    2. Sistemas de contratación nos mercados secundarios.
    3. A liquidación
    4. Suspensión/Exclusión
    5. Formación do prezo: prezos e rangos estáticos e dinámicos. ‘Tick’ de salto.
    6. Tipos de ordes (limitada, polo mellor, a mercado) e condicións adicionais (“todo ou nada”, “executar ou anular”, execución mínima, volume oculto).
    7. Tipos de operacións: a contado e a crédito
    8. Operacións sobre accións: OPVs/OPS, OPAs, ampliacións/reducións, splits/contrasplits.


    PARTE II: ANÁLISE E SELECCIÓN DE CARTEIRAS

    TEMA 4. INVESTIMENTO FINANCEIRO: ENTORNO E FUNDAMENTOS
    1. Introdución ao Investimento Financeiro. Obxectivo do Investimento Financeiro.
    2. As Decisións de Investimento. Escenarios.
    3. Características do Conxunto de Oportunidades.
    3.1. O Rendemento Esperado dun Investimento Financeiro.
    3.2. Determinación do Risco: Dispersión nunha Combinación de Activos.
    4. A Diversificación do Risco.

    TEMA 5. DETERMINACIÓN DAS CARTEIRAS EFICIENTES
    1. Introdución á Teoría de Carteiras.
    2. Combinacións de dous Activos con Risco sen Vendas ó Descuberto.
    2.1. Correlación Perfecta Positiva.
    2.2. Correlación Perfecta Negativa.
    2.3. Independencia.
    3. O Conxunto de Carteiras Posibles e de Carteiras Eficientes.
    4. A Fronteira Eficiente con Vendas ó Descuberto.
    5. A Fronteira Eficiente con Préstamo e Endebedamento sen Risco.
    6. Técnicas Para o Cálculo da Fronteira Eficiente.

    TEMA 6. ESTRUCTURA DE CORRELACIÓN DO RENDEMENTO DOS ACTIVOS: MODELO DE INDICE ÚNICO E MODELOS MULTI-ÍNDICE
    1. Inputs Necesarios no Análise de Carteiras.
    2. O Modelo de Índice Único (MIU).
    2.1. Características do MIU.
    2.2. Estimación das Betas.
    2.3. Selección de Carteiras baixo o MIU.
    3. Modelos Multi-Índice e Técnicas de Grupo.
    3.1. Modelos Multi-Índice.
    3.2. Modelos de Correlación Media.
    3.3. Modelos Mixtos.
    3.4. Modelos Multi-Índices Fundamentais.

    TEMA 7. OUTROS MODELOS
    1. Introdución. Modelos de Equilibrio do Mercado de Capitais. A Arbitraxe.
    2. O Capital Asset Pricing Model (C.A.P.M).
    2.1. Hipóteses do CAPM.
    2.2. Derivación do CAPM
    2.3. Contrastación Empírica do CAPM.
    3. A Teoría de Valoración por Arbitraxe.
    3.1. Hipóteses do Modelo APT.
    3.2. Derivación do Modelo APT.
    4. Contrastación do Modelo APT.
    5. Comparación dos Modelos CAPM e APT.

    PARTE III: XESTIÓN CARTEIRAS.

    TEMA 8. XESTIÓN DE CARTEIRAS DE RENDA VARIABLE
    1. A Xestión Activa.
    2. Indexación.
    2.1. Selección de Referencias.
    2.2. Consideracións para a Construción dunha Carteira a Replicar.
    2.3. Costos de Transacción.
    3. Estratexias Activas versus Estratexias Pasivas.
    4. Medidas de rendemento e performance.

    TEMA 9. ESTRATEXIAS DE XESTIÓN DE CARTEIRAS DE RENDA FIXA
    1. Estratexias Activas de Xestión de Carteiras.
    2. Estratexias Pasivas de Xestión de Carteiras.
    3. Combinación de Estratexias Activas e Pasivas.
    4. Medidas de rendemento e performance.

    Bibliografía básica e complementaria
    ALEXANDER, G., SHARPE, W., BAILEY, J. (2003): Fundamentos de inversiones. Teoría y práctica, Prentice-Hall International.
    BERNSTEIN, P. L. y DAMODARAN, A. (1998): Investment Management, John Wiley & Sons, Inc.
    BLAKE, D. (2000): Financial Market Analysis, 2ª edición, John Wiley & Sons.
    BODIE, Z., KANE, A. y MARCUS, A.J. (2001): Essentials of Investments, 4ª edición, McGraw-Hill, Irwin.
    BODIE, Z., KANE, A. y MARCUS, A.J. (2004): Principios de Inversiones, 5ª edición, McGraw-Hill.
    BODIE, Z., KANE, A. y MARCUS, A.J. (2005): Investments, 6ª edición, Irwin/McGraw-Hill.
    BREALEY, R. y MYERS, S. (2003): Fundamentos de financiación empresarial, 7ª edición, McGraw Hill-Interamaricana de España, Madrid.
    ELTON, E. J. y GRUBER, M. J. (2000): Investments, Vol. I, The MIT Press, 2ª Edición, London.
    ELTON, E. J., GRUBER, M. J. y BLAKE, C. (1998): The Investment Portfolio User’s Manual, John Wiley & Sons, Inc.
    ELVIRA, O. y PUIG, X. (2001): Análisis Técnico Bursátil, 8º edición, Gestión 2000.
    FABOZZI, F. J. (1999): Investment Management, 2ª edición, Prentice-Hall, New Jersey.
    FABOZZI, F. J. (Ed.) (1998): Handbook of Portfolio Management, Frank J. Fabozzi Associates, Pennsylvania.
    FERRUZ AGUDO, L., PORTILLO TARRAGONA, M. P. y SARTO MARZAL, J. L. (2001): Dirección Financiera del Riesgo de Interés, Pirámide, Madrid.
    FISCHER, D. E. y JORDAN, R. J. (1995): Security Analysis & Portfolio Management, 6ª edición, Prentice-Hall, New Jersey.
    GÓMEZ-BEZARES, F. (2000): Gestión de Carteras, 2ª Edición, Editorial Desclée de Brouwer, S.A., Bilbao.
    GREENWALD, B. C. N., KAHN, J., SONKIN, P. D. y VAN BIEMA, M. (2001): Value Investing, John Wiley & Sons, Inc., New York.
    HAGIN, R. (2004): Investment Management: Portfolio Diversification, Risk and Timing - Fact and Fiction, Wiley & Sons Ltd.
    HAUGEN, R. A. (2001): Modern Investment Theory, 5ª edición, Prentice-Hall, New Jersey.
    HEARTH, D. y ZAIMA, J. K. (2001): Contemporary Investments. Security and Portfolio Analysis, 3ª edición, Harcourt, Orlando.
    KNOP, R., ORDOVAS, R., VIDAL, J. (2004): Medición de riesgos de mercado y crédito, Ariel Ediciones.
    LA GRANDVILLE, O. de (2000): Bond Pricing and Portfolio Analysis: Protecting Investors in the Long Run, The Massachusetts Institute of Technology Press.
    LEVY, H. (2002): Fundamentals of Investments, Pitman Publishing Ltd.
    LÓPEZ LUBIÁN, F.J., GARCÍA ESTÉVEZ, P. (2005): Bolsa, Mercados y Técnicas de Inversión, McGraw-Hill.
    LÓPEZ PENABAD, C. y otros (2009): La práctica de las inversiones financieras, Santiago de Compostela, Andavira.
    MARTÍNEZ-ABASCAL, E. (2000): Invertir en bolsa. Conceptos y estrategias, Mcgraw-Hill.
    MAYES, T. R. y SHANK, T. M. (2001): Financial Analysis with Microsoft Excel, 2ª Edición, Harcourt College Publishers, Orlando.
    MAYO, H. B. (2001): Financial Institutions, Investments, and Management, 7ª Edición, Harcourt College Publishers, Orlando.
    MORAL BELLO, C. (2000): Los Mercados Financieros, International Technical & Financial Institute, 4ª edición, Madrid.
    MURPHY, J. J. (2000): Análisis Técnico de los Mercados Financieros, Ediciones Gestión 2000, S.A., Barcelona.
    PLISKA, S. R. (2001): Introduction to Mathematical Finance. Discrete Time Models, Blackwell Publishers
    REILLY, F. K. y NORTON, E. A. (1999): Investments, 5ª edición, The Dryden Press.
    REY, V., PALOMO, R., MATEU, J.L. (2003): Guía fiscal del inversor, SAFEI.
    SANTODOMINGO, A. (1997): Curso Práctico de Análisis Fundamental, Inversor Ediciones, Madrid.
    STRONG, R. A. (2001): Prac
    Competencias
    - Comprender e aplicar a teoría de selección de carteiras aos mercados financeiros
    - Entender e valorar activos financeiros mediante modelos de equilibrio do mercado de capitais
    - Coñecer e entender a Teoría da Eficiencia do Mercado e as súas implicacións na práctica da
    xestión de carteiras
    - Adquirir unha metodoloxía axeitada para a asignación de activos e avaliación do proceso de
    investimento.

    Metodoloxía da ensinanza
    Dada a ubicación da materia en carto curso da titulación e as características dos alumnos préstase especial atención aos traballos e actividades prácticas. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. As prácticas de ordenador están encamiñadas a que o alumnado se familiarice coa simulación das diferentes operacións nos mercados financeiros. Os traballos programados ao longo do cuadrimestre pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar, presentar e resolver os problemas plantexados sobre asignación, selección e combinación de activos para formar carteiras de investimento apropiadas para cada inversor. As actividades de avaliación formativa teñen como obxectivo incidir na optimización do proceso de aprendizaxe, contribuíndo á adquisición de hábitos referidos á secuencialización axeitada do proceso así como a proporcionar información periódica sobre os resultados do mesmo. Estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada una delas: procura de material bibliográfico, lectura do material, resolución de problemas, e o traballo autónomo, que será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías. Ademais, tamén faise unha estimación sobre o tempo necesario para a asimilación dos contidos da materia.
    Sistema de evaluación
    Para unha correcta avaliación das competencias que o alumno debe adquirir cursando esta materia terase en conta, por un lado, o resultado obtido nunha proba final teórico-práctica e, por outro lado, a valoración continua do traballo do alumno materializado na súa participación activa nas actividades programadas e na realización de todos aqueles traballos, casos, etc., propostos ao longo do curso.
    A proba ou exame final, a realizar nas datas oficiais propostas no calendario académico do centro, dentro dos dous períodos previstos pola normativa (maio para as materias do segundo semestre e xullo) posuirá en ambas convocatorias un peso do 70% na cualificación final e combinarase coa cualificación alcanzada na avaliación continua. Nesta proba-exame final será necesario obter unha cualificación igual ou maior que 4 para promediar coa avaliación continua.
    O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica e cualitativa. A cualificación global corresponderá á puntuación ponderada dos diferentes aspectos e actividades que integran o sistema de avaliación.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    Docencia en grupo grande: 15
    Docencia en grupo reducido: 15
    Titoría en grupo: 10
    Outras sesións con profesor (avaliación): 5
    Total horas traballo presencial no aula: 45

    Horas non presenciais:
    Estudio autónomo individual ou en grupo: 30
    Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 15
    Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 10
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais, debates ou similar: 12,5
    Total horas traballo persoal do alumno: 67,5

    Total horas traballo alumno: 112,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos que se dispoñen a estudar esta materia deberían ter coñecementos básicos de: Análise e cálculo financeiro, Dirección Financeira, Estatística e Matemáticas.
    Así mesmo é imprescindible o manexo básico de programas de procesamento de textos e follas de cálculo para o desenvolvemento do traballo persoal e realización de prácticas. Un nivel básico de inglés tamén facilitará a lectura de textos e artigos recomendados.
    Outras recomendacións son:
    - Asistir regularmente e participar no desenvolvemento das clases teórico-prácticas, así como revisar previamente o material dispoñible no manual básico e a través do campus virtual sobre o que se traballará no aula.
    - Tratar de resolver os casos prácticos e exercicios por sí mesmo, antes de que sexan resoltos no aula. Esta forma de actuar desenvolverá a creatividade e soltura do estudante á hora de enfrontarse a un problema de xestión financeira.
    - Seguir a actualidade financeira, posto que é onde mellor se observa a aplicación dos coñecementos teóricos. Moitas das situacións actuais relacionadas coa materia coméntanse na clase para exemplificar os coñecementos estudados.