G3101456 - Promoción Comercial (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Dotar ao alumnado do coñecemento dos conceptos fundamentais da Comunicación Comercial.
-Coñecer os diferentes instrumentos e aplicacións para contactar cos públicos internos e externos da organización.
-Analizar as estratexias creativas para a elaboración da mensaxe publicitaria, así como as estratexias para a súa difusión a través dos medios de comunicación.
-Entender o proceso de medición de audiencias e os mecanismos de análise máis empregados en España.
-Coñecer o papel que xogan as axencias de publicidade no proceso publicitario e o marco xurídico aplicable ao mesmo.
-Coñecer o deseño da estratexia promocional e os distintos tipos de promoción de vendas.
-Constatar a importancia da forza de vendas e das relacións entre o vendedor e o cliente.
-Coñecer as diferentes técnicas ao servizo das relacións públicas.
-Analizar a potencialidade do marketing directo como ferramenta de comunicación.
ContidosTema 1. A contorna da comunicación comercial: A comunicación integral de marketing.
Tema 2. Publicidade
Tema 3. Promoción de vendas
Tema 4. Forza de vendas
Tema 5. Relacións públicas
Tema 6. Marketing directo
Bibliografía básica e complementariaBaack, C. (2010). Publicidad, promoción y comunicación integral en marketing (cuarta edición). México: Pearson.
Bigné, E. (2003). Promoción comercial. Madrid, España: ESIC.
Rodríguez Ardura, I. (2007). Estrategias y técnicas de comunicación. Una visión integrada en el marketing. Barcelona, España: UOC.
O profesorado detallará, ao inicio de cada tema, a bibliografía complementaria ou adicional.
Competencias-Coñecemento da evolución e da contorna da comunicación comercial.
-Emprego das ferramentas de comunicación (mix de comunicación).
-Elaboración de plans publicitarios.
-Coñecemento da información sobre audiencias dispoñible en España.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula adicadas ás clases expositivas empregaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, enfatizando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas en grupo reducido trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso analizaranse casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións expostas polo profesorado. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, asemade do tempo adicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a busca de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para solventar dúbidas e solucionar problemas a que se enfronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc. ). O peso de cada actividade na avaliación é o seguinte:
1)Exame de contidos: 70% da cualificación.
2)Participación nas clases, resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases interactivas: 30% da cualificación.
Para poder engadir á nota do exame de contidos a puntuación acadada no apartado 2) o alumnado deberá obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 7 no exame de contidos.
A superación da materia implica a obtención de 5 puntos sobre 10.
O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada á participación nas clases e ás actividades interactivas só poderán obter un máximo de 7 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 7 puntos para superar a materia.
Convocatoria de xullo: A puntuación obtida na participación nas clases expositivas e en todas as actividades nas clases interactivas gardarase para a convocatoria de xullo, pero en ningún caso para cursos posteriores.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4.5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte xeito:
.- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 45
.- Traballo persoal do alumnado: 67.5
Recomendacións para o estudo da materiaPara maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás clases teóricas e prácticas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que o alumnado debería empregar as veces que fose necesario. O acceso campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispor e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos. Recoméndase tamén a lectura do programa e as normas de avaliación.
Asemade, resulta convinte que o alumnado teña cursadas as materias Fundamentos de Comercialización (2º GADE) e Dirección Comercial (3ª GADE).