P3251102 - Dirección de operacións e da tecnoloxía (Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Familiarizar ao alumnado cos problemas asociados co ámbito produtivo tendo en conta que esa problemática é parte dun todo e que, en consecuencia, as tarefas propias da dirección da produción deben ter as súas necesarias conexións con outras actividades da empresa a súa definición e o seu contido.
-Recoñecer a influencia da área de Operacións na eficiencia, a eficacia e a competitividade das empresas.
-Desenvolver no alumnado as habilidades requiridas para abordar con éxito as decisións propias da produción tanto de carácter estrutural como conxuntural
ContidosA estratexia de operacións. Obxectivos do subsistema de operacións
Decisións estratéxicas da dirección de operacións
Decisións tácticas da dirección de operacións
Bibliografía básica e complementariaDOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y otros (2006): Estrategia de Producción. Mc. Graw Hill
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y VÁZQUEZ ORDÁS, C. (1995): Dirección de la Producción (vol. 2). Civitas
HEIZER, J. y RENDER, B. (2007): Dirección de la producción. Decisiones estratégicas. Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2008): Dirección de la producción. Decisiones tácticas. Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2009): Principios de Administración de Operaciones. Prentice Hall.
MIRANDA, F.J., RUBIO, S., CHAMORRO, A., y BAÑEGIL, T.M. (2004): Manual de dirección de operaciones. Thomson Learning.
CompetenciasCapacidade para identificar e desenvolver iniciativas empresariais relacionadas coa dirección de operacións.
Capacidade para dirixir e xestionar a área de operacións dunha empresa.
Desenvolvemento de habilidades directivas relacionadas co traballo en equipo e a motivación do persoal.
Capacidade para resolver problemas de dirección de operacións.
Capacidade para ver a importancia da organización da produción no desenvolvemento de vantaxes competitivas e no resultado da empresa.
Recoñecemento da relevancia estratéxica das decisións do ámbito operativo e a súa estreita vinculación coas decisións nos restantes ámbitos funcionais.
Metodoloxía da ensinanza Emprégase unha metodoloxía activa na que o alumnado adquire unha especial relevancia no proceso de ensino-aprendizaxe. O alumnado levará a cabo unha aprendizaxe teórica autónoma da materia, para o cal se lle facilitará o contido da mesma na aula virtual e os manuais didácticos correspondentes para a súa preparación. A aprendizaxe práctica levarase a cabo a través de visitas a empresas, asistencia a conferencias e exposicións de casos concretos relacionados co contido da materia. Este enfoque didáctico ten por obxectivo a formación do alumnado propiciando a comprensión de problemas operativos e a modelización deles coa finalidade de promover a calidade das decisións.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia lévase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre, considerando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa (50%). Asimesmo, ao finalizar o cuadrimestre realizarase unha proba escrita individualizada (50%).
Tempo de estudo e traballo persoalEstímanse 67,5 horas de traballo persoal do alumnado, asemade das de traballo presencial na aula.
Recomendacións para o estudo da materiaNon existen requisitos previos, aínda que é recomendable dispor de coñecementos básicos de organización de empresas e das disciplinas ligadas ao ámbito operativo da empresa.