P3251103 - Dirección estratéxica de persoas (Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Identificar os principais retos a que se enfrontan as organizacións no ámbito da dirección de persoas e estudar alternativas para afrontalos.
- Coñecer as diferentes perspectivas na dirección de persoas.
- Coñecer as opcións estratéxicas no sistema de dirección de persoas.
- Desenvolver a capacidade para elixir e implantar as opcións estratéxicas no sistema de dirección de persoas.
- Coñecer o impacto da internacionalización na dirección de persoas.
- Resaltar a visión do elemento humano como persoa, a importancia da ética e a análise do impacto social das decisións sobre o persoal.
Contidos1. Dirección estratéxica de persoas
2. Obxectivos da dirección estratéxica de persoas
3. Variables que influen na dirección estratéxica das persoas
Bibliografía básica e complementariaGómez-Mejía, L..; Balkin, D.; Cardy, R. (2008) “Gestión de recursos humanos” Pearson-Prentice Hall, 5º edición.
Competencias- Coñecemento da capacidade das persoas como fonte potencial de vantaxes competitivas para as empresas.
- Comprensión, desde unha perspectiva estratéxica, da dirección de persoas nas empresas.
- Capacidade para identificar as estratexias relativas ás persoas en coherencia coa estratexia empresarial.
- Análise da consistencia interna e externa da estratexia relativa ás persoas.
- Coñecemento dun modelo de análise para a dirección estratéxica de persoas.
- Capacidade para formular e implantar estratexias relativas ás persoas que axuden ás empresas a obter unha vantaxe competitiva sostida.
- Conciencia das repercusións das decisións no ámbito do persoal sobre os participantes individuais e a sociedade.
- Capacidade para xestionar a diversidade e traballar en equipos de composición diversa.
- Coñecemento das principais formas de flexibilidade laboral.
- Coñecemento de fontes de información salientadas, autores relevantes e experiencias empresariais na xestión de recursos humanos.
- Capacidade de presentación oral.
- Capacidade de análise e crítica respectuosa do traballo alleo.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os diferentes contidos. Nas sesións de docencia interactiva analizaranse casos, realizaranse sesións de role-play, debateranse cuestións expostas polo profesorado e realizaranse as presentacións dos traballos previamente elaborados en equipo. As sesións no aula poderán contar coa presenza de profesionais expertos e/ou dalgún profesor/a doutra Universidade, especializado nos contidos da materia. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a busca, lectura e sínteses de material bibliográfico referenciado polo profesorado. Tamén abarcan a elaboración dun traballo en equipo que terá que ser presentado nunha clase de seminario en grupo. O equipo conformarase utilizando tres criterios: titulación de procedencia do alumnado, experiencia profesional previa e país de orixe. Coas lecturas preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiarice con autores destacados, coñeza experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolva a capacidade de sínteses e presentación escrita. A través do traballo en equipo e a súa presentación no aula espérase que o alumnado desenvolva a competencia para traballar en equipo nas empresas, así como a de comunicación oral. O profesorado guiará o traballo autónomo do alumnado nas horas destinadas a titorías, destinadas fundamentalmente a orientar aos alumnos sobre os traballos a realizar, casos prácticos ou lecturas, así como a solventar as dúbidas e problemas que se lle expoñan e proporcionarlles retroalimentación sobre os resultados do proceso de aprendizaxe.
Todas as presentacións serán realizadas con canón de proxección.
Utilizarase o apoio virtual para a docencia.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a.- Exame 50% da cualificación
b.- Participación nas actividades desenvolvidas no aula 25%
c.- Realización, presentación e defensa de traballo en equipo 15%.
d. Lectura e sínteses das lecturas recomendadas 10%
Para poder sumar b, c e d é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
É necesaria unha asistencia mínima ás clases do 80% para poder superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 36.
Traballo persoal do alumno: 76,5
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a asistencia a clase, a participación en todas as actividades propostas, tanto dentro como fóra da aula, e a utilización das titorías.