Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

P3251104 - Márketing estratéxico (Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BANDE VILELA, MARIA BELEN.SI
LOSADA PEREZ, FERNANDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Comprender a importancia da integración da estratexia de marketing dentro da planificación estratéxica da empresa.
    Obter unha visión global do proceso de toma de decisión comerciais e a súa interrelación coas outras áreas da empresa.
    Proporcionar os coñecementos e ferramentas necesarias para analizar o entorno competitivo dunha empresa.
    Aprender a tomar decisións comerciais nos mercados de referencia da empresa en función das condicións xerais do entorno e en particular da competencia.

    Contidos
    1.- O marketing estratéxico na empresa
    2.- Mercado de referencia, segmentación do mercado e posicionamento estratéxico
    3.- O comportamento do consumidor
    4.- Análise do entorno competitivo
    5.- Estratexias de crecemento
    6.- Estratexias competitivas de marketing

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Alonso, J.; Grande, I. (2004): Comportamiento del consumidor: decisiones y estrategias de marketing. Ed. ESIC.
    Munuera, J.L.; Rodríguez, A.I. (2007): Estrategias de marketing. Un enfoque basado en el proceso de dirección. Ed. ESIC.
    Vázquez, R.; Trespalacios, J.A.; Rodríguez, I.A. (2005): Marketing: estrategias y aplicaciones sectoriales. Ed. Thomson.
    Bibliografía complementaria:
    Best, J. (2007): Marketing estratégico. Ed. Prentice-Hall.
    López-Pinto, B.; Mas, M.; Viscarrri, J. (2008): Los pilares del marketing. Ed. UPC.
    Ruiz, S.; Grande, I. (2006): Comportamiento de compra del consumidor: 29 casos reales. Ed. ESIC.
    Munuera, J.L.; Rodríguez, A.I. (2006): Estrategias de marketing: de la teoría a la práctica. Ed. ESIC
    Sánchez, M. (Coord.) (2006): Casos de marketing y estrategia. Ed. UOC.
    Santesmases, M. (2004): Marketing: conceptos y estrategias. Ed. Pirámide.

    Competencias
    Capacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas comerciais.
    Capacidade para comprender as condicións do entorno no que se adoptan as decisións comerciais da organización.
    Capacidade para a toma de decisións comerciais a través do análise de casos prácticos.
    Capacidade para realizar análise de mercados e elaborar informes de marketing.
    Desenvolver a habilidade de traballar en equipo de forma cooperativa.
    Capacidade de análise y síntese.
    Mellora da capacidade para a busca de información relacionada co mundo empresarial.
    Mellora da capacidade de exposición oral e escrita.

    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións de aula dedicaranse á exposición, por parte do/a profesor/a, dos contidos teóricos do programa, que terán como obxectivo que os estudantes coñezan o papel que desempeña a dirección comercial dentro da estrutura organizativa da empresa, así como a importancia que ten o coñecemento do ámbito no que desenvolven a súa actividade as organizacións e o comportamento de compra dos consumidores, para a adopción das estratexias comerciais que permitan obter unha vantaxe competitiva nos mercados nos que actúa a empresa.
    As sesións en grupos reducidos, estarán encamiñadas á resolución e debate de casos e exercicios prácticos para mellorar a habilidade dos alumnos/as para recoñecer e definir os problemas aos que se enfrontan as empresa, e poder tomar as decisións máis axeitadas en función das condicións do entorno; á vez que se facilita a interacción entre o alumnado. Todas estas actividades complementaranse co traballo persoal que o/a alumno/a deberá dedicar a cada unha delas, como busca de material bibliográfico, lectura do devandito material, redacción de conclusións, etc. Este traballo autónomo será guiado polo/a profesor/a nas horas destinadas a titorías. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das aplicacións sinaladas polo profesorado.
    Utilizarase o apoio virtual para a docencia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumno.
    A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame a realizar ao final do período lectivo. De non superar ese exame, o alumno/a poderá examinarse de novo na data oficial.
    Puntuación:
    Exame final: 50% cualificación final
    Participación nas actividades desenvoltas na; realización e presentación dos traballos que se vaian propoñendo ao longo do curso: 50% cualificación final
    Así mesmo, para poder superar a materia será necesaria unha asistencia mínima as clases do 80%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
    - Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 42h.
    - Traballo persoal dol alumno: 102h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia a clase, a participación en todas as actividades formuladas, tanto dentro como fora da aula, e la utilización das titorías.