P3251109 - Traballo fin de máster (Fin de Máster) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 80.00
- Horas de Titorías: 240.00
- Total: 320.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo principal do traballo fin de máster é que o alumnado aplique dun modo integrado os coñecementos e habilidades adquiridos nas materias do máster.
ContidosO contido específico definirase para cada traballo individual. Pode consistir nunha proposta para a creación dunha empresa ou calquera outro proxecto relacionado coas competencias do máster.
Competencias- Capacidade para definir os obxectivos do traballo.
- Capacidade para deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para acadar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.
- Capacidade de busca e selección da información relevante para o traballo.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos que sexan pertinentes para o traballo, integrándoos coa nova información conseguida.
- Capacidade para organizar e presentar a información de forma estruturada e clara.
- Capacidade para recoñecer as limitacións do traballo e propoñer liñas de investigación futuras.
Metodoloxía da ensinanza A/o estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas no máster. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación. Durante o seu desenvolvemento programaranse sesións de traballo coa/o profesora/r tutora/r, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. O traballo será defendido oralmente pola/o estudante diante dunha comisión avaliadora nomeada pola Comisión Académica do máster.
Sistema de evaluaciónA avaliación basearase no traballo, que ademais de entregarse por escrito deberá presentarse oralmente. Valorarase o contido, nivel de integración de coñecementos adquiridos en diferentes materias e actividades formativas do máster, achegas persoais, capacidade de análise crítica da información, estrutura, expresión e presentación oral.
Así mesmo, terase en conta o compromiso durante a realización do traballo, o seguimento das orientacións do titor/a, o cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a iniciativa.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo estimado para a realización do traballo é de 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o seguimento das orientacións do titor/a, así como o cumprimento dos prazos establecidos.