Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

P3251201 - Habilidades directivas (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ CABARCOS, Mª ANGELES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral desta materia é dotar ao alumnado das habilidades directivas necesarias para dirixir unha empresa ou organización.


    Contidos
    1. Liderazgo
    2. Motivación
    3. Comunicación
    4. Creatividade
    5. Xestión do conflito
    6. Xestión do tempo
    7. Traballo en equipo


    Bibliografía básica e complementaria
    Puchol, L. (2006) “El libro de las habilidades directivas” Díaz de Santos.


    Competencias
    - Capacidade de liderado.
    - Capacidade para motivar aos colaboradores.
    - Habilidades de comunicación interpersoal.
    - Capacidade para tomar decisións e estimular a creatividade.
    - Capacidade para xestionar conflitos no traballo.
    - Capacidade para xestionar o tempo.
    - Capacidade para potenciar o traballo en equipo.



    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións de docencia interactiva trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos e desenvolva as competencias prácticas da materia. Para iso realizaranse exercicios e analizaranse casos. As sesións presenciais poderán contar coa presenza de profesionais expertos na materia. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das aplicacións sinaladas polo profesorado.

    Sistema de evaluación
    A avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
    a.- Exame 50% da cualificación
    b.- Participación nas actividades desenvolvidas no aula 35%
    c.- Realización, presentación e defensa de traballo en equipo 15%.
    Para poder sumar b e c é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
    É necesaria unha asistencia mínima ás clases do 80% para poder superar a materia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
    As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
    Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 36.
    Traballo persoal do alumno: 76,5
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia a clase, a participación en todas as actividades propostas, tanto dentro como fóra da aula, e a utilización das titorías.