P3251202 - Xestión de produtos e marcas (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIntroducir ao alumno nos conceptos relacionados coa carteira de produtos da empresa, así como coa necesidade de actualizazión continua da súa oferta comercial.
-Analizar o proceso de desenvolvemento de novos productos e o proceso de adopción destes polos consumidores.
-Destacar a importancia de marca na estratexia comercial da empresa.
-Desenvolver as estratexias de marca con que conta unha empresa, prestando especial interese pola estratexia de extensión de marca.
ContidosTEMA 1: A CARTEIRA DE PRODUTOS DA EMPRESA
TEMA 2: O PROCESO DE DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS
TEMA 3: ADOPCIÓN DE PRODUTOS POLOS CONSUMIDORES
TEMA 4: IMPORTANCIA E VALORACIÓN DA MARCA
TEMA 5: ESTRATEXIAS DE MARCA
Bibliografía básica e complementariaAaker, D. (2012). Relevancia de la marca: hacer a los competidores irrelevantes. Ed. Pearson educación.
Fernández, J.D. (2009). Cómo crear una marca: manual de uso y gestión. Almuzara.
Fernández del Hoyo, A. (2009). Innovación y gestión de nuevos productos: una visión estratégica y práctica. Pirámide.
Jiménez, A.I. (coord). (2004). Dirección de productos y marcas. UOC.
Keller, K. L. (2008). Administración estratégica de marca: branding, 3ª edic, Pearson Educación.
Munuera, J.L.; Rodríguez, A.I. (2012). Estrategias de marketing. Un enfoque basado en el proceso de dirección, 2ª edición. ESIC.
Serrano, F.; Serrano, C. (2005). Gestión, dirección y estrategia de producto. ESIC.
Torrecilla, J.M. (2000). La innovación en la práctica. Desarrollo de nuevos productos. Ciss Praxis
Competencias-Capacidade para identificar a carteira de produtos de unha empresa e analizar a importancia relativa dos produtos que forman a súa carteira.
-Coñecemento do proceso de desenvolvemento de novos produtos.
-Coñecemento da importancia de dar participación ao cliente no desenvolvemento de novos produtos.
-Coñecemento do proceso de adopción dos novos produtos.
-Coñecemento da importancia das marcas na actualidade.
-Coñecemento das estratexias de marca.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula adicadas ás clases expositivas tenrán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa. Nas sesións de seminario en grupo procurarase que o alumno aplique os conceptos teóricos. Para iso, analizaranse casos prácticos de empresa, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debatiranse cuestións plantexadas polo profesor. Nas clases en grupo reducido estimularase o traballo en grupo e desenvolverán as destrezas de comunicación e debate. As actividades de traballo persoal do alumno inclúen, xunto co tempo dedicado ao estudio, a realización das actividades sinaladas polo profesor.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como tódalas as actividades desenvolvidas polo alumnado. Terase en conta especialmente a participación activa na análise dos casos, debate e comentario de lecturas, e a presentación de traballos.
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final a realizar na fecha fixada polo centro no calendario do curso.
Puntuación:
Participación nas actividades desenvolvidas na aula: análise de casos, participación nos debates, presentación de traballos,... 50% da cualificación
Exame final, 50% da cualificación. Nesta proba é necesario co alumnado obteña o 50% da puntuación total do exame para poder compensar esta puntuación coa obtida no apartado anterior.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para supera a materia.
Para ter en conta a nota da avaliación continua (50% da cualificación), requírese un mínimo do 75% de asistencia ás clases (expositivas e interactivas).
Estas dúas partes que conforman a cualificación do alumnado, aplicares ás dúas convocatorias ordinarias (maio e xullo). De tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (50%) manterase para a convocatoria de xullo.
En ningún caso se gardará a puntuación obtida en calquera das actividades avaliadas para convocatorias posteriores.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art.º 5.2), a participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do alumno será distinta de “non presentado”.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 36.
Horas de traballo non presencial:76.5