P3251204 - Finanzas empresariais II (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAfondar nas técnicas de análise e xestión do risco, principalmente naquel de carácter financeiro, e na xestión financeira internacional da empresa. Describiranse e exemplificaranse os diversos tipos de activos financeiros internacionais existentes nos mercados monetarios e de capitais, e explicaranse as claves da súa correcta utilización para a xestión do risco de tipo de cambio, de tipo de xuro e de carteiras. Como valor engadido, e dado o carácter internacional da materia e debido a que moitos dos conceptos teñen orixe anglosaxón, empregarase como idioma de impartición da docencia o inglés.
ContidosTEMA 1: O RISCO EMPRESARIAL
1.1. O risco empresarial. Risco económico e risco financiero.
1.2. Xestión do risco empresarial.
1.3. Inmunización e cobertura.
1.4. Medición do risco. VaR.
TEMA 2: PRODUCTOS PARA A XESTIÓN DO RISCO EMPRESARIAL
2.1. Os Instrumentos Off-Balance-Sheet.
2.1.1. O Forward.
2.1.2. O Futuro Financeiro.
2.1.3. O Swap ou Permuta Financeira.
2.1.4. A Opción Financeira.
TEMA 3: XESTIÓN DO RISCO DE TIPOS DE XURO
3.1. O Fra (Forward Rate Agreement).
3.2. Futuros De Tipo De Xuro.
3.3. O Swap De Cupon (Cupon Swap).
3.4. Cap.
3.5. Floor.
3.6. Collar.
3.7. Estudio Comparativo entre Caps, Collars e Swaps.
3.8. Acordo Participativo Sobre Tipos de Xuro-Pira.
TEMA 4: XESTIÓN DO RISCO DE TIPO DE CAMBIO
4.1. O Seguro de Cambio ou Forward de Divisas.
4.2. Os Swaps de Divisas
4.3. Contrato A Plazo Participativo.(Participating Forward Contract).
4.4. Estratexias de Cobertura con Futuros Financeiros Sobre Divisas.
4.5. O Cilindro
4.6. As Opcións Sobre Divisas.
4.7. Opcións Sobre Dúas Divisas (Dual).
4.8. Opcións Compound.
4.9. Opcións Drop-Out.
4.10. Opcións Drop-In.
TEMA 5: O RISCO COMERCIAL E A SÚA XESTIÓN
5.1. Xestión do risco comercial
5.1.1. O fluxo de cobros.
5.1.2. Condicións de venta. Fixación de límites. Coberturas.
5.1.3. Seguimento. Señales de alerta.
5.1.4. Cobro ou recuperación.
5.2. Instrumentos de xestión do risco comercial.
5.2.1. O momento e os medios de cobro.
5.2.2. Avais e garantías. Seguro de crédito.
5.2.3. Factoring e Forfaiting.
5.3. A morosidade e a xestión de impagados.
TEMA 6: AS FINANZAS INTERNACIONAIS NA EMPRESA
6.1. Os mercados financeiros internacionais.
6.2. A financiación das operacións de comercio exterior.
6.3. A xestión de tesorería en empresas multinacionais.
TEMA 7: CRISE E REESTRUCTURACIÓN EMPRESARIAL
7.1. A insolvencia financeira empresarial.
7.2. Os acordos voluntarios de reestructuración empresarial.
7.3. A suspensión de pagamentos.
7.4. A insolvencia económica ou procedemento de quebra.
7.5. O plan de viabilidade.
Bibliografía básica e complementariaÁLVAREZ, F.; BUENO, O.; BUSTAMANTE; CONTRERAS, C.; DÍEZ, M.; DE LA ORDEN, M. C.; LAPEÑA, ARAGONÉS, J. ( 1990) Economía Financiera Internacional. Editorial Pirámide
BEMSTEIN S, J. (1991): New Guide to Investing in Metals, Jacob Bemstein.
BLANK, S.; CARTER C., e SCHMIESING B.(1991): Futures and Options Markets, Prentice-Hall.
BREALEY, MYERS, ALLEN., Principios de Finanzas Corporativas, 8ª ed., Irwin, McGraw Hil, 2006.
DAMODARAN, A., Corporate Finance. Theory and Practice, 2ª ed., John Wiley & Sons, Nova York, 2001.
EITEMAN, D.; STONEHILL, A. e MOFFETT, M. (2000) Las finanzas de las empresas multinacionales, octava edición, Ed. Prentice Hall.
FAUS, J. E TAPIES, J.(1996): Finanzas operativas, IESE.
FERRUZ AGUDO, L. ; PORTILLO TARRAGONA, M.P. ; SARTO MARZAL, J.L. (2009) : Dirección Financiera del Riesgo de Interés. Pirámide, Madrid.
GAUGHAN, P. A.(1999):, Mergers, acquisitions and corporate restructurings, Jonh Wiley and Sons.
KOZIKOWSKI, Z. (2001): Finanzas Internacionales. McGraw-Hill, México.
LEVI, M. (1997) Finanzas Internacionales. Tercera Edición MC Graw Hill.
MARTÍNEZ ESTÉVEZ, A. (2000): Mercados Financieros Internacionales. Civitas, Madrid.
MASCAREÑAS PÉREZ-IÑIGO, J.(2000): Fusiones y adquisiciones de empresas, 3ª ed., McGraw Hill.
MATEOS-APARICIO, P. e AFI (2001): Finanzas internacionales, Ediasa, Madrid.
ROSS, S. A.; WESTERFIELD, R. W. e JAFFE, J. F., Finanzas Corporativas, Madrid, 1995.
RUTTERFORD, J. (1983): Introduction to Stock Exchange Investment, Londres, MacMillan Press.
SOLNIK, B. (1993): Inversiones internacionales, Addison-Wesley, Wilmington.
SUÁREZ SUÁREZ, A. (1993): Decisiones óptimas de financiación e inversión en la Empresa Madrid, Pirámide.
VALLS PINÓS, J.R. (1999): La gestión de cobros, Fundación Confemetal.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
- Capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos.
- Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
- Dominio de diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa.
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de planificación e organización.
- Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión do risco empresarial.
- Capacidade para comunicar información, ideas,problemas de dirección financeira de empresas e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
- Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
- Capacidade para continuar co aprendizaxe autónomo.
Competencias específicas da materia:
- Coñecer o papel das finanzas e do departamento de finanzas no proceso de xestión do risco empresarial.
- Realizar unha análise dos riscos que afectan á empresa.
- Coñecer os productos a disposición da empresa para levar a cabo unha política de xestión do risco.
- Analizar o risco das operacións comerciais.
- Cuantificar os riscos de tipo de cambio e de tipos de xuro e deseñar estratexias de cobertura.
- Coñecer os fundamentos das empresas que operan a nivel internacional.
- Facer unha diagnose da empresa en crise e desenvolver un plan de viabilidade a través dun modelo de simulación financeira.
- Manexo do idioma inglés.
Metodoloxía da ensinanza O tratarse dunha materia de Master é especialmente importante que o alumnado perciba a aplicabilidade dos contidos da mesma. O desenvolvemento dos contidos teóricos irá acompañado de múltiples exemplos e da resolución de casos prácticos, cuxa resolución farase individualmente e/ou en pequenos grupos de traballo. Deste modo lograrase unha mellor comprensión por parte do alumnado e unha maior motivación, consecuencia da súa implicación no proceso de aprendizaxe. Unha parte importante da materia se impartirá no aula de informática, o que permitirá un mellor seguimento dos progresos do alumnado, así como o desenrolo de novas capacidades e destrezas. Así mesmo, fomentarase a revisión de fontes bibliográficas que axude ao alumnado a ter unha visión máis integral e favoreza o afondamento nos temas que poidan ser de máis interese. Empregarase a lingua inglesa para a impartición das clases e a avaliación.
Sistema de evaluaciónA avaliación terá en conta a participación nas clases, así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. Na programación docente anual da materia fixarase o peso concreto de cada unha das actividades. A avaliación parcial e/ou final non suporá máis do 50% da cualificación da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PERSONAL NO AULA
Clases de aula en grupo: 12 horas
Clases de seminario en grupo: 22 horas
Titorías en grupo moi reducido: 6 horas
Avaliación no aula: 5 horas
TOTAL TRABALLO PRESENCIAL NO AULA: 45 HORAS
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO
Estudio autónomo, individual ou en grupo: 27,5 horas
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 horas
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 20 horas
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO: 67,5
Recomendacións para o estudo da materiaRequírense coñecementos básicos de Finanzas. Considérase fundamental a asistencia a clase como forma de comprender e asimila-lo contido da materia. Con respecto ás horas de dedicación non presencial, estímase que o alumno que ten asistido a clase deberá investir horas no repaso do visto na clase e aplicar e afianza-los coñecementos mediante a resolución de problemas, así como afondar na materia mediante a revisión bibliográfica. Con un traballo constante ó longo do cuadrimestre a preparación do exame final non debería implicar un número excesivo de horas de estudio.
Ademais, recoméndase aos alumnos que fagan uso das horas de titorías para a resolución de dúbidas ou aclaración de conceptos. Por outro lado, tendo en conta o papel fundamental que o traballo sobre a folla de cálculo xoga nesta materia, aconséllase que o alumno que non se move con soltura neste terreo procure mellora-lo seu manexo tanto co seu esforzo persoal como facendo uso das horas de titorías.
Esíxese ter como mínimo un nivel B1 de inglés.