P3251206 - Sistemas de información para a dirección (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxecto da materia é o estudo da Administración de Sistemas de Información para a Dirección, a través dos seguintes obxectivos docentes:
Desenvolver no alumnado unha visión estratéxica do sistema de información para a dirección da empresa.
Familiarizar ao alumnado con diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión do sistema de información para a dirección.
Capacitalo para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co sistema de información da empresa.
Desenvolver no alumnado as habilidades requiridas para xestionar o sistema de información da empresa.
ContidosA organización da información na empresa. Sistema de información. Os sistemas de información na organización como fonte de vantaxes competitivas. Os procesos de decisión empresarial e as clases de sistemas de información. As tecnoloxías da información e a comunicación (TIC): fundamentos e aplicacións. Evolución dos sistemas de información e tecnoloxía. Integración de sistemas.
Bibliografía básica e complementariaALTER, S (1999): Information Systems: A management perspective. Addison-Wesley.
ARJONILLA, Jesús; MEDINA, José Aurelio (2002): La gestión de los Sistemas de Información en la empresa. Madrid, Ed Pirámide.
CORNELLÁ, A. (1999): Los recursos de información. Ventaja competitiva de las empresas. McGraw-Hill
CORNELLÁ, A. (2002): Infonomia.com: La gestión inteligente de la información en las organizaciones.2ª ed Madrid, DEUSTO.
GARCÍA BRAVO, D.(2000): “Sistemas de información en la empresa”, Pirámide.
GOMEZ VIEITES, A.; SUAREZ REY, C. (2003): “Sistemas De Información: Herramientas Practicas para la Gestión Empresarial”, Rama,
GONZÁLEZ RAMÍREZ, Mª de los Reyes (2001). Sistemas de información para la empresa. Alicante, Publicaciones de la Universidad de Alicante.
HARJINDER S. GILL e PRAKASH C. RAO (1996): Data Warehousing, La integración de la información para la mejor toma de decisiones. Prentice Hall.
LAUDON, K; LAUDON, J. (2002): Essentials of management information systems 5ª ed Prentice-Hall.
O’BRIEN, J. (2001): “Sistemas de Información Gerencial”, 4ª Ed. Mc Graw-Hill Interamericana.
ORTEGA, J.A. (1997): “Sistemas de Información y Ventaja Competitiva”, Desclée, Bilbao.
PABLOS HEREDERO, Carmen de, et al. (2001): Dirección y Gestión de los Sistemas de Información en la Empresa. Madrid, ESIC Editorial.
RODRIGUEZ CUADRADO, A. e MARQUEZ SERRANO, A.(1993): “Técnicas de Organización y Análisis de Sistemas”, McGraw-Hill, Madrid.
WHITTEN, J.L., BENTLEY, L.D., BARLOW, V.M. (1996): “Análisis y Diseño de Sistemas de Información”, 3ª Ed., Irwin, Madrid.
CompetenciasCoñecemento dos conceptos básicos da materia e capacidade para a súa aplicación na análise de casos.
Capacidade para identificar a información e procesos de información que pertencen a cada un dos sistemas da empresa.
Capacidade de interacción con outras persoas non vinculadas aos estudos de dirección de empresas (Enxeñeiros informáticos e outros profesionais das TIC).
Capacidade de análise da función das tecnoloxías da información nos sistemas empresariais.
Coñecemento das oportunidades de negocio proporcionadas polo uso das novas tecnoloxías.
Comprender a dinámica da innovación e o cambio tecnolóxico.
Percibir e valorar a importancia do sistema de información para a adopción de decisións empresariais.
Metodoloxía da ensinanza Préstase especial atención ás actividades presenciais. As leccións maxistrais teñen unha finalidade expositiva e nelas introdúcese ao alumnado na xestión do sistema de información e no seu impacto na satisfacción do cliente e no resultado organizativo. O enfoque didáctico ten por obxectivo a formación do alumnado propiciando a comprensión dos procesos de información que sustentan as decisións empresariais e a modelización de diversos problemas coa finalidade de promover a calidade das decisións.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia lévase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre, considerando aspectos talles como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa (50%), e un exame centrado fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos, cun peso na avaliación final do 50%.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 36.
Traballo persoal do alumnado: 76,5
Recomendacións para o estudo da materiaNon existen requisitos previos, aínda que é recomendable dispor de coñecementos básicos de organización de empresas e de informática de xestión. Ademais, resulta esencial para superar a materia a asistencia a clase e a participación, a análise e resolución dos casos e problemas propostos e as lecturas recomendadas.