Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

P3251108 - Prácticas externas (Prácticas Externas (obrigatorias para orientación profesional)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 13.50
  • Total: 13.5
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 9.50
  • Horas de Titorías: 28.50
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    As prácticas en empresas teñen un carácter obrigatorio para a orientación profesional. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva competencias a través da súa inmersión nunha contorna de traballo representativa do contexto profesional futuro e termine o Máster con certo nivel de experiencia profesional.

    Para realizar as prácticas será requisito superar o 50% dos créditos obrigatorios.
    Contidos

    Práctica profesional en dirección de empresas.


    Competencias
    Aínda que as competencias adquiridas estarán en función da natureza da empresa na que se realicen as prácticas e do perfil do posto desempeñado, preténdese que o alumnado desenvolva as seguintes:
    - Desenvolver os comportamentos do rol profesional básico: asistencia, puntualidade, respecto ás normas e usos da empresa ou institución, cumprimento das tarefas asignadas, etc.
    - Desenvolver e pór en práctica competencias de carácter transversal propias do exercicio profesional: traballo en equipo, comunicación, adaptación a situacións novas, análise e resolución de problemas, etc.
    - Desenvolver e pór en práctica os coñecementos adquiridos no máster: identificación de problemas, identificación das variables relevantes para a súa resolución, establecemento de prioridades na consecución de obxectivos, elaboración de informes, etc.

    Metodoloxía da ensinanza
    En cada curso académico ofertaranse prácticas nas empresas coas que se acorde a firma dun convenio de colaboración.
    O alumnado incorporarase a unha empresa ou institución onde realizará as prácticas na que, guiado por un/unha titor/a profesional, tomará contacto co exercicio profesional. As actividades formativas concretaranse nun programa de actividades, en función das características, obxectivos e función de cada centro de traballo, que contemplará o contacto do alumnado cunha serie tarefas que se desenvolvan no devandito centro, sempre baixo a tutela do profesional responsable.
    Durante a realización das prácticas, o alumnado manterá contacto periódico co titor/a académico, que fará un seguimento das tarefas desempeñadas polo/a alumno/a durante as prácticas para constatar que as prácticas contribúen á adquisición de competencias, e orientaralle no seu desenvolvemento, en coordinación co titor/a profesional.
    Finalmente, o/a estudante deberá elaborar unha memoria, que lle servirá para reflexionar, sistematizar e dar conta das actividades realizadas durante o período de prácticas.

    Sistema de evaluación
    A avaliación realizarase tendo en conta:
    (1) Informe do titor/a profesional, no que valorará o cumprimento do/a estudante nas prácticas en relación co rol profesional básico, a súa actitude e interese cara ás tarefas, desenvolvemento de habilidades e competencias transversais, aplicación de coñecementos e competencias adquiridas na formación académica, en relación co tipo de traballo realizado no centro, espírito de cooperación, etc.
    (2) Informe do titor/a académico , baseado na información obtida por medio dos contactos mantidos co alumno ou alumna e co/a titor/a profesional durante o período de prácticas. Seguimento e atención ás indicacións do titor/a académico.
    (3) Memoria de prácticas que debe entregar o estudante ao finalizar as prácticas. Nela deben figurar aspectos como: descrición do centro de prácticas; descrición das actividades nas que participou; descrición das competencias adquiridas ou desenvolvidas; auto-avaliación da experiencia, etc.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 13,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas (337,5)
    Elaboración da memoria por parte do alumnado: 7,5 horas
    Porén, a duración das prácticas será de 330 horas, a realizar no segundo cuadrimestre


    Recomendacións para o estudo da materia
    Para maximizar a aprendizaxe no período de prácticas é conveniente que o alumnado manteña o contacto periódico co seu titor/a académico/a e profesional, e comuníquelles de inmediato calquera problema ou dúbida que se lle xurda.