Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

P3251001 - Fundamentos de Finanzas (Módulo Preparatorio: Economía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 2.00
  • Total: 2.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 16.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FEAS VAZQUEZ, JACOBO DANIEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia constitúe unha primeira aproximación do alumno ao ámbito das finanzas, polo que se pretende que adquira un conxunto de nocións introdutorias e xerais sobre esta disciplina. Trataremos de explicar o contido da función financeira dentro do campo da xestión empresarial. O principal obxectivo a alcanzar é que ó alumno poida manexar conceptos financeiros dende unha perspectiva práctica que poidan resultarlle útiles nas súas relacións co mundo empresarial e no tratamento dos seus posibles investimentos.
    Contidos
    1. O entorno das decisións financeiras.
    1.1 Introducción ao Sistema Financeiro Español.
    1.2 Os axentes económicos.
    1.3 Os activos financeiros.
    1.4 Os axentes mediadores.
    1.5 Os mercados financeiros.

    2. A función financeira na empresa
    2.1. Natureza e contido da función financeira na empresa.
    2.2. O papel do directivo financeiro.
    2.3. Os obxectivos financeiros das empresas.
    2.4. A estrutura económica e financeira da empresa.
    2.5 Os fluxos financeiros na empresa.

    3. Introdución ao cálculo financeiro.
    3.1. O valor do diñeiro no tempo.
    3.2. Fundamentos do cálculo financeiro.
    3.3. Valoración financeira das rendas. Rendas constantes.
    3.4. Operacións de amortización de préstamos. Sistema Francés de amortización.

    4. As operacións de investimento na empresa.
    4.1. O investimento como proceso temporal.
    4.2. Modelos dinámicos de valoración e selección de investimentos.
    4.2.1. O criterio do prazo de recuperación descontado.
    4.2.2. O valor actual neto (VAN).
    4.2.3. A taxa interna de rendemento.
    4.2.4. Comparación entre os criterios do VAN e da TIR.

    5. As operacións de financiamento na empresa.
    5.1. Financiamento a medio e longo prazo.
    5.1.1 Financiamento interno o autofinanciamento.
    5.1.2 Financiamento externo.


    Bibliografía básica e complementaria
    - ARIZA, A. Y RUIZ, I., Finanzas para rodos, ESIC, 1999
    - CASTAN FERRERO, J.M., La Gestión Financiera de la Empresa, Ed. Pirámide, 1997
    - JIMÉNEZ RODRÍGUEZ Y OTROS, Análisis y Cálculo de las Operaciones Financieras, Tórculo Ediciones
    - SUÁREZ SUÁREZ, S.: Decisiones óptimas de inversión financiación en la empresa (15º edición); Ed. Pirámide.
    - RICHARD, A. BREALEY STEWARD C. MYRS (1998): Fundamentos de financiación empresarial (5ª edición). McGraw Hill.

    Competencias
    - Coñecer e comprender os conceptos básicos das finanzas e os principios financeiros fundamentais.
    - Comprender os fundamentos das decisións de Investimento e financiamento que conforman a administración financeira da empresa.
    - Coñecer as variables que entran en xogo á hora de acudir a unha entidade financeira a solicitar un préstamo o realizar un depósito.
    - Capacidade para resolver un problema financeiro a través da folla de cálculo.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Análise dos contidos teóricos do programa.
    - Resolución de exercicios prácticos
    - Utilización de ferramentas informáticas para a resolución dos exercicios.

    Sistema de evaluación
    Para unha correcta avaliación das competencias que o alumno debe adquirir cursando esta materia terase en conta por un lado o resultado obtido nunha proba final teórico práctica e por outro a asistencia e participación activa nas clases.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Horas presenciais: 20h
    - Horas non presenciais:
    Estudio dos contidos: 15h
    Realización das tarefas propostas: 5h

    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado que se trata dunha materia de nivelación recoméndase a asistencia e participación nas clases. Tamén é recomendable, aínda que non imprescindible, contar con certa práctica coa folla de cálculo.