P3251002 - Fundamentos de Contabilidade (Módulo Preparatorio: Economía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 2.00
- Total: 2.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 16.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer e comprender a Contabilidade como sistema de información, aprender a diferenciar os conceptos económicos básicos, comprender o ciclo contable da empresa e coñecer as bases de presentación dos principais estados contables.
ContidosIntrodución a contabilidade.
Conceptos contables básicos e criterios de valoración.
O ciclo contable.
Estados contables básicos.
Introducción a contabilidade de custos
Interpretación e uso da información contable
Bibliografía básica e complementariaMuñoz Merchante, Ángel (2010): Prácticas de introducción a la contabilidad, Ediciones académicas.
PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD, R.D. 1514/2007 de 16 de noviembre, BOE 20-11-2007
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas ca xestión empresarial.
Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa.
Capacidade para levar a cabo a xestión económico-financeira dunha empresa.
Competencias específicas da materia:
Coñecer e comprender a contabilidade, entendida como sistema de información.
Aprender a diferenciar contablemente os conceptos económicos básicos (activo, pasivo, gasto, ingreso...).
Identificar os feitos contables e aprender a rexistralos.
Comprender o ciclo contable da empresa e aprender as bases de presentación da información.
Metodoloxía da ensinanza Dadas as características da materia, préstase especial atención ás actividades presenciais. As sesións impartidas na aula teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información básica necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
Tralas exposicións de cada un dos temas, suscitamos diferentes actividades, que haberán de resolverse nalgúns casos de forma individual e noutros en grupos reducidos, relacionadas fundamentalmente coa resolución de exercicios e casos prácticos, adicando a solución e entendemento dos mesmos as sesión de titorías en grupos moi reducidos.
Estas actividades completaranse co traballo persoal do alumno que deberá adicar a asimilación dos contidos e o plantexamento e solución dos exercicios e casos prácticos.
Sistema de evaluaciónConsidérase moi importante a participación activa e continua nas actividades propostas durante o curso, xa que, ademais de que a realización adecuada das mesmas é considerada na cualificación final, permitirá ao alumno alcanzar os obxectivos da materia.
A continuación sinálanse os aspectos que se terán en consideración para a avaliación da materia:
Participación activa nas actividades realizadas na clase.
Entrega de documento escrito no que se resolva a actividade proposta (exercicios, pequenos traballos, resúmenos de lecturas recomendadas, etc.
Aqueles alumnos que aplicando estes criterios non superen a materia poderán facer un exame teórico-práctico no que se valorará o dominio dos conceptos teóricos vistos e a súa aplicación práctica.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Aulas de pizarra en grupo grande 8h
Aulas de pizarra en grupo reducido 6h
Titorías 2h
Outras sesións con profesor. avaliación 4h
Total horas traballo presencial na aula: 20h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo 20h
Escritura de exercicios, conclusións ou
outros traballos relacionados coa materia 6h
Lecturas recomendadas, actividades
en biblioteca ou similar 4h
Total horas traballo persoal do alumno 30h
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia e participación activa na aula e titorías
Estudo continuado da materia dada a estreita ligazón entre os seus distintos contidos.
Consulta das referencias bibliográficas e resolución de casos prácticos alternativos aos resoltos na clase.