
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 17/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n.
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE do 5 de marzo de 2010
Data da última acreditación: 22/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: VAZQUEZ RODRIGUEZ, PAULA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
A formación de profesionais que sexan capaces de desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas. Estes labores pódense desenvolver no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.
O graduado ou graduada debe coñecer a articulación do normal desenvolvemento de todas estas áreas funcionais cos obxectivos xerais da empresa e outras organizacións, destes co contexto global da economía e estar en condicións de contribuír coa súa actividade ao bo funcionamento e á mellora dos seus resultados. En concreto, debe saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar ás persoas, tomar decisións, alcanzar obxectivos propostos e avaliar resultados.
a) Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
b) Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións.
c) Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresaria.
d) Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado.
e) Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando cun alto grao de autonomía.
f) Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas
1. Xestionar e administrar unha empresa ou organización, entendendo a súa localización competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
2. Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización e desempeñar con soltura calquera labor de xestión..
3. Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
4. Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
5. Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa.
6. Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido..
7. Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
8. Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo a súa desempeño profesional.
9. Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
10. Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo.
A profesión regulada relacionada co título é a de Economista. A licenciatura en Administración e Dirección de Empresas é a titulación máis demandada polas empresas. O 85,1% das compañías solicita licenciados/as nesta carreira. Nesta clasificación de expectativas laborais, a diplomatura en Ciencias Empresariais ocupa o cuarto lugar. Entre o 40 e o 42% das empresas españolas decántanse por titulados desta opción.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Recoñecemento actividades transversais:
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Administración e Dirección de Empresas (deste titulacións do Campus de Lugo) [pdf - 1324 kb][Actualizado: 9/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 125
Demanda do ano anterior: 5.0 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Teñen preferencia para iniciar estudos de Administración e Dirección de Empresas aqueles alumnos que superaron as probas de acceso coas vías de acceso do Bacharelato LOGSE número 1 (Científico-Tecnolóxica), 2 (Ciencias da Saúde) e 4 (Ciencias Sociais).
Dado que non existen outros requisitos formativos previos esixibles, sería desexable que o futuro estudante do Grao en ADE posuíse as seguintes características persoais e académicas:
- Interese pola realidade económica e as súas implicacións para o mundo da empresa
- Compromiso social
- Capacidade analítica
- Capacidade de adaptación a unha contorna cambiante e competitiva
- Competencias lingüísticas en castelán e galego
- Emprego de ferramentas informáticas básicas
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Considérase que as materias troncais, obrigatorias e optativas do título de Diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago son suficientes para acreditar as competencias e coñecementos previstos nas materias dos tres primeiros cursos do Grao en ADE.
O Curso Ponte ten pois a mesma estrutura que o 4º curso do Grao en ADE: unha carga de 60 créditos ECTS distribuídos en 2 cuadrimestres; no primeiro cursaríanse 18 créditos de contido obrigatorio e 13,5 optativos, e no segundo 22,5 optativos e o Traballo Fin de Grao cunha carga de 6 créditos. A descrición detallada das materias que o integran estableceuse na memoria verificada.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O traballo de Fin de Grao terá 6 créditos e só poderá inscribirse unha vez superados 150 créditos, entre eles todos os da primeira metade da titulación.
Prácticas en empresas: Recoñecemento de créditos optativos por realización de prácticas externas ata un máximo de 6 créditos
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3101101 | Fundamentos de Dirección de Empresas | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3101103 | Principios de Economía | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3101104 | Estrutura Económica Mundial | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3101105 | Historia Económica | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3101106 | Introdución á Contabilidade | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G3101108 | Microeconomía I | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G3101109 | Dereito da Empresa | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G3101110 | Estatística Empresarial I | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3101102 | Matemáticas Empresariais I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3101107 | Matemáticas Empresariais II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3101441 | Auditoría | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G3101442 | Comercialización de Servizos | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G3101443 | Creación de Empresas | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G3101444 | Loxística Empresarial | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G3101445 | Mercados e Institucións Financeiras | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G3101446 | Sistema Informativo Contable | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G3101447 | Comercialización Internacional | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G3101448 | Comportamento e Cambio Empresarial | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G3101449 | Contabilidade de Custos Avanzada: Información para a toma de decisións e Control Empresarial | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G3101450 | Distribución Comercial | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G3101451 | Estratexia e Xestión Financeira | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G3101452 | Xestión de Calidade | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G3101453 | Xestión Financeira Internacional | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G3101454 | Investimentos Financeiros | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G3101455 | Planificación Fiscal | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G3101456 | Promoción Comercial | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3101424 | Traballo Fin de Grao | 6.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3101421 | Dirección Financeira II | 6.00 | OB | 1SG | º | G3101422 | Investigación Comercial | 6.00 | OB | 1SG | º | G3101423 | Estratexia Empresarial | 6.00 | OB | 1SG | º | G3101424 | Traballo Fin de Grao | 6.00 | OB | TFGM | º | G3101441 | Auditoría | 4.50 | OP | 1SG | º | G3101442 | Comercialización de Servizos | 4.50 | OP | 1SG | º | G3101443 | Creación de Empresas | 4.50 | OP | 1SG | º | G3101444 | Loxística Empresarial | 4.50 | OP | 1SG | º | G3101445 | Mercados e Institucións Financeiras | 4.50 | OP | 1SG | º | G3101446 | Sistema Informativo Contable | 4.50 | OP | 1SG | º | G3101447 | Comercialización Internacional | 4.50 | OP | 2SG | º | G3101448 | Comportamento e Cambio Empresarial | 4.50 | OP | 2SG | º | G3101449 | Contabilidade de Custos Avanzada: Información para a toma de decisións e Control Empresarial | 4.50 | OP | 2SG | º | G3101450 | Distribución Comercial | 4.50 | OP | 2SG | º | G3101451 | Estratexia e Xestión Financeira | 4.50 | OP | 2SG | º | G3101452 | Xestión de Calidade | 4.50 | OP | 2SG | º | G3101453 | Xestión Financeira Internacional | 4.50 | OP | 2SG | º | G3101454 | Investimentos Financeiros | 4.50 | OP | 2SG | º | G3101455 | Planificación Fiscal | 4.50 | OP | 2SG | º | G3101456 | Promoción Comercial | 4.50 | OP | 2SG | º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable