Denominación do título: Máster Universitario en Dirección de Empresas [L]
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n.
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (publi. DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: LOPEZ CABARCOS, Mª ANGELES
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Orientacións: O Máster Universitario en Dirección de Empresas do Campus de Lugo ten dúas orientacións curriculares: académica e profesional. Na orientación profesional é obrigatorio realizar 13,5 créditos de prácticas externas e 4. 5 créditos de materias optativas, mentras que na orientación académica non hai prácticas externas polo que o estudante debe cursar 18 créditos de materias optativas.
Docencia en inglés de materias optativas: As seguintes materias optativas do Máster Universitario en Dirección de Empresas impártense en inglés desde o curso 2010-11; para cursalas requírese ter un nivel previo B-1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas:
-P3251204 Finanzas empresariais II
-P3251203 Dirección de equipos comerciais
O Máster Oficial en Dirección de Empresas do Campus de Lugo (MBA) ten dúas orientacións curriculares: académica e profesional.
A través dunha metodoloxía participativa, de análise de casos, resolución de exercicios, role-playing, debate sobre lecturas de interese e desenvolvemento e presentación de traballos, búscase que o estudantado adquira coñecementos avanzados en Dirección de empresas e a capacidade de aplicalos, á vez que desenvolva habilidades directivas.
Direción de empresas, planificación e direción estratéxica, organización de empresas, direción nas distintas áreas funcionais da empresa, xestión de operacións, xestión contable-financiera, xstión comercial, xestión de recursos humanos, consultoría e asesoramento de empresas, creación de empresas..
Investigación no ámbito da direción de empresas, ensino universitario
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións por orde de preferencia:
1º) Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas
2º) Licenciatura/Grao en Economía
3º) Enxeñarías/Graos en Enxeñaría
4º) Licenciatura/Grao en Dereito
5º) Outras titulacións universitarias
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3251001 | Fundamentos de Finanzas | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3251002 | Fundamentos de Contabilidade | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3251001 | Fundamentos de Finanzas | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3251002 | Fundamentos de Contabilidade | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3251101 | Dirección estratéxica | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3251102 | Dirección de operacións e da tecnoloxía | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3251103 | Dirección estratéxica de persoas | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3251104 | Márketing estratéxico | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3251105 | Márketing internacional | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3251106 | Finanzas Empresariais | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3251107 | Xestión avanzada de custos e riscos | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3251201 | Habilidades directivas | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3251202 | Xestión de produtos e marcas | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3251203 | Dirección de equipos comerciais | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3251204 | Finanzas empresariais II | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3251205 | Información financieira e toma de decisións | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3251206 | Sistemas de información para a dirección | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3251108 | Prácticas externas | 13.50 | OP | PEGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3251109 | Traballo fin de máster | 6.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable