
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión para continuación dende outras universidades | 07/09/2013 | 30/09/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Directrices Xerais:R.D. 1421/1990, do 26 de outubro (BOE 20 de novembro de 1990)
Plan de estudios:Resolución 6 de maio de 2002 (BOE 24 de maio de 2002)
Corrección de erros:
Complementos de formación:Orde 11 de setembro de 1991 (BOE 26 de setembro de 1991)/Orde 10 de decembro de 1993 (BOE 27 de decembro de 1993)
Extinción:
2012/13
4º curso sen docencia con dereito a exame.
2013/14:
4º curso sen docencia , último con dereito a exame
5º curso sen docencia con dereito a exame
2014/15:
5º curso sen docencia, último con dereito a exame
Estas ensinanzas teñen por obxecto o estudo da empresa, como realidade social e económica. O currículo oriéntase cara ao desenvolvemento no alumno das capacidades básicas para xestionar a empresa, para responsabilizarse de determinados ámbitos funcionais ou para apoiar a súa administración. Para iso contémplanse materias tales como economía e dirección de empresas, recursos humanos, comercialización, finanzas, etc. O obxectivo final é que os licenciados en Administración e Dirección de Empresas teñan unha visión global de cada un dos departamentos que compoñen unha empresa
a) Coñecementos básicos: Coñecementos de planificación, organización, administración, control e dirección de empresas e de economía en xeral b) Coñecementos preferentes: Economía e organización de empresas Economía xeral Estrutura económica Contabilidade Comercialización e márketing Tratamento de datos e uso de ferramentas necesarias para a elaboración de información estatística, informática, etc. c) Competencias (Habilidades): Planificación e dirección da organización contable Análise e determinación contable de custos Intervención en formación de inventario e balances Emisión de informes técnico-contables Estudos sobre alternativas estruturais de empresas Organización e administración de empresas Proceso de datos e tratamento da información empresarial Análise de balances, contas de capital, situacións de tesouraría ou dispoñibilidades Asistencia técnica a empresas e particulares Información sobre a situación económica, financeira, comercial e contable das empresas Etc.
Titulación de 2º ciclo, duración 2 anos. Total de créditos 120, distribúense en 45 troncais (36 en cuarto curso e 9 en quinto), 45 obrigatorios (18 en cuarto e 27 en quinto), 18 optativos (todos en quinto) e 12 de libre configuración (6 en cuarto e 6 en quinto). Equivalencias en créditos: Prácticas en empresas, institucións públicas ou privadas: ata 15 créditos de libre configuración. Traballos academicamente dirixidos e integrados no plan de estudos: ata 15 créditos troncais, obrigatorios, optativos ou de libre configuración. Estudos realizados no marco de convenios internacionais ou nacionais subscritos pola Universidade: ata 60 créditos troncais, obrigatorios, optativos e de libre configuración, onde 1 curso = 60 créditos (aproximadamente 1 semana = 2 créditos). Outras actividades: ata 15 créditos de libre configuración.
Os titulados nestes estudos desenvolven o seu traballo en empresas privadas de todos os sectores e na administración pública e mesmo crean a súa propia empresa. Poden dirixirse tamén ao ámbito docente e investigador ou a entidades financeiras. Na empresa privada poder exercer as funcións de dirección.
Non
-SÓCRATES-ERASMUS. Intercambio con universidades europeas: Italia, Portugal, Holanda, Francia, Bélxica, Polonia, Reino Unido SICUE: Intercambio con universidades do estado español.
Os estudantes poder realizar prácticas opcionais con empresas e institucións a través do Consello Social ou ben mediante acordos/convenios da propia Facultade con empresas e institucións.
Accédese, cursando previamente uns complementos de formación, ao 2º ciclo dende: Diplomatura en Ciencias Empresariais, máis 4 créditos en macroeconomía e 4 créditos en microeconomía. 1º ciclo da Licenciatura en Economía, máis 9 créditos en economía da empresa
Estudos de poslicenciatura -Terceiro ciclo -Cursos de posgrao
Accédese, cursando previamente uns complementos de formación, ao 2º ciclo dende: Diplomatura en Ciencias Empresariais, máis 4 créditos en macroeconomía e 4 créditos en microeconomía. 1º ciclo da Licenciatura en Economía, máis 9 créditos en economía da empresa
Estudos de poslicenciatura -Terceiro ciclo -Cursos de posgrao
| Troncais | Obrigatorias | Optativas | Libre Conf. | Total | |
|---|---|---|---|---|---|
| Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas | 45.0 | 45.0 | 18.0 | 12.0 | 120.0 |
| SEGUNDO CICLO | 45.0 | 45.0 | 18.0 | 12.0 | 120.0 |
| 4º CURSO | 36.0 | 18.0 | 0.0 | 6.0 | 60.0 |
| 5º CURSO | 9.0 | 27.0 | 18.0 | 6.0 | 60.0 |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 961801 | Economía da Empresa | Troncal | 9.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 961802 | Macroeconomía | Troncal | 4.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 961803 | Microeconomía | Troncal | 4.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 961401 | Contabilidade Xeral e Analítica | Troncal | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 961402 | Dirección Comercial | Troncal | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 961403 | Dirección Financeira | Troncal | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 961404 | Econometría | Troncal | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 961411 | Administración de Empresas | Obrigatorio | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 961412 | Réxime Fiscal da Empresa | Obrigatorio | 9.00 | EX/MX | Anual |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 961501 | Dirección Estratéxica e Política de Empresa | Troncal | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 961511 | Comercialización Internacional | Obrigatorio | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 961512 | Contabilidade de Xestión | Obrigatorio | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 961513 | Estratexia e Xestión Financeira | Obrigatorio | 9.00 | EX/MX | Anual |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 961522 | Análise e Valoración de Proxectos | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 961523 | Comercialización de Produtos Agroindustriais | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 961525 | Contabilidade de Empresas de Economía Social | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 961528 | Dirección de Pequenas e Medianas Empresas | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 961529 | Dirección de Recursos Humanos e Flexibilidade Empresarial | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 961531 | Econometría Aplicada | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 961532 | Estrutura Económica de Galicia | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 961537 | Investimentos Financeiros | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 961538 | Márketing de Servizos | Optativo | 6.00 | OF/MR | Primeiro Cuadrimestre |
| 961539 | Fiscalidade Internacional | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable