G2031101 - Anatomía Humana (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO alumno deberá posuír, ao superar esta materia, unha visión completa do corpo humano que lle permita acceder á formación clínica, que implica:
1. Coñecer o corpo humano a nivel macroscópico e microscópico.
2. Coñecer o desenvolvemento humano e os factores causais imbricados en devandito desenvolvemento e nas súas alteracións.
3. Coñecer as bases sobre as que se fundamenta o crecemento do home.
4. Coñecer as bases morfolóxicas do comportamento e a conduta humana.
5. Coñecer a terminoloxía anatómica con exactitude.
6. Coñecer as tendencias actuais e as fontes bibliográficas básicas para o estudo da morfoloxía humana.
7. Comprender os textos científicos e interpretar as ilustracións habituais dos estudos morfolóxicos
ContidosUnidade temática I:
Tema 1.- Introdución e xeneralidades. Nómina anatómica. Posición anatómica. Organización xeral do corpo humano
Unidade temática II: Aparello locomotor
Tema 2.- Xeneralidades do aparello locomotor: esqueleto axial e apendicular. Articulacións. Músculos
Tema 3.- Cabeza. Esqueleto do cranio e a cara. Músculos principais da cabeza. Vascularización e inervación
Tema 4.- Tronco e pescozo. Estudo xeral da columna vertebral. Vértebra tipo. Esqueleto do tórax. Músculos do tórax. Músculos do abdome.Vascularización e inervación do tronco e o pescozo
Tema 5.- Membro superior. Cintura escapular: ósos, articulacións e músculos. Ósos do brazo. Músculos do brazo. Ósos do antebrazo. Articulación do cóbado. Músculos do antebrazo. Ósos da man e os dedos. Articulación do pulso. Articulacións da man e os dedos. Músculos da man. Vascularización e inervación do membro superior
Tema 6.- Membro inferior. Ósos da cintura pelviana e o esqueleto do membro inferior. Cintura pelviana no home e na muller. Articulacións do membro inferior. Músculos do membro inferior. Vascularización e inervación
Unidade temática III.- Aparello cardiocirculatorio
Tema 7.- Morfoloxía interna e externa do corazón. Estrutura cardíaca. Sistema cardionector. Vascularización e inervación
Tema 8.- Sistema da arteria aorta e as súas ramas principais. Sistema da arteria pulmonar. Sistema das veas cavas. Sistema da vea porta. Xeneralidades do sistema linfático
Unidade temática IV.- Aparello dixestivo
Tema 9.- Xeneralidades do aparello dixestivo. Boca. Farinxe. Esófago. Estómago. Duodeno-páncreas. Xexuno-íleo. Intestino groso. Recto e ano
Tema 10.- Fígado. Configuración exterior e relacións. Vías biliares. Conduto hepático. Vesícula biliar. Cístico e colédoco. Bazo. Peritoneo
Unidade temática V.- Aparello respiratorio
Tema 11.- Xeneralidades do aparello respiratorio. Anatomía funcional das fosas nasais. Seos paranasais
Tema 12.- Morfoloxía e estrutura da larinxe. Anatomía funcional da larinxe. Traquea. Bronquios principais e árbore bronquial. Pulmóns e pleuras. Mediastino
Unidade temática VI.- Aparello urinario e reprodutor
Tema 13.- Sistema urinario. Riles. O ril. Pelve renal e uréteres. Vexiga urinaria. Uretra masculina. Uretra feminina
Tema 14.- Aparello xenital masculino. Aparello xenital feminino
Unidade temática VII.- Sistema endócrino
Tema 15.- Xeneralidades do sistema endócrino. Sistema neuroendócrino. Hipófise.Tiroides. Paratiroides. Timo. Suprarrenais
Unidade temática VIII.- Neuroanatomía
Tema 16.- Xeneralidades do sistema nervioso. Sistema nervioso central. Sistema nervioso vexetativo. Sistema nervioso periférico. Organización neuronal
Tema 17.- Morfoloxía da medula espinal. Configuración exterior e interior. Pares raquídeos. Meninxes raquídeas. Vascularización
Tema 18.- Morfoloxía do tronco encefálico. Configuración exterior. IV ventrículo. Pares craniais
Tema 19.- Cerebelo. Morfoloxía. Estrutura e función. Ángulo ponto-cerebeloso
Tema 20.- Morfoloxía do cerebro: telencéfalo e diencéfalo. Concepto de diencéfalo. III ventrículo. Tálamo. Hipotálamo
Tema 21.- Telencéfalo. Morfoloxía exterior dos hemisferios cerebrais. Lóbulos e cisuras. Núcleos grises principais e comisuras. Ventrículos laterais
Tema 22.- Anatomía funcional e clínica do líquido cefalorraquídeo
Tema 23.- Vascularización do encéfalo. Sistema vertebrobasilar e sistema da carótide interna. Seos venosos da duramáter
Tema 24.- Anatomía funcional da motilidade. Vías motoras
Tema 25.- Anatomía funcional da sensibilidade. Vías sensitivas
Tema 26.- Vías óptica, auditiva e vestibular
Tema 27.- Órganos dos sentido
Actividades prácticas
1.- Osteoloxía da columna vertebral. Osteoloxía do tórax. Estudo do tronco en maquetas. Osteoloxía do cranio. Estudo de maquetas e preparacións das rexións da cabeza. Osteoloxía do membro superior. Maquetas das articulacións e músculos do membro superior. Osteoloxía do membro inferior. Maquetas das articulacións e músculos do membro inferior
2.- Corazón en maquetas. Preparación de corazóns humanos. Grandes vasos: maquetas e observación no cadáver. Anatomía radiográfica do aparello circulatorio: silueta cardíaca
3.- Estudo do aparello dixestivo en maquetas. O aparello dixestivo no cadáver
4.- Estudo do aparello respiratorio en maquetas e no cadáver
5.- Estudo do sistema uroxenital en maquetas desmontables e preparacións de cadáver humano. Estudo do sistema uroxenital no cadáver
6.- Estudo do sistema nervioso. Morfoloxía exterior (medula, tronco encefálico e cerebelo): maquetas e preparacións de encéfalo e medula humanos. Morfoloxía exterior (diencéfalo e telencéfalo): maquetas seguidas de preparacións de encéfalo. Cortes seriados de encéfalo no plano horizontal, saxital e front
CompetenciasTEXTOS:
- FENEIS, H., Nomenclatura anatómica ilustrada, ed. Masson-Salvat, 1994.
- LUMLEY, J., Anatomía de superficie. Las bases anatómicas de la exploración clínica, Churchill Livingston, 1992.
- MOORE, K., Anatomía con orientación clínica, ed. Panamericana, 1995.
- THIBODEAU, G. A. e PATTON, K. T., Anatomía y Fisiología, Mosby/Doyma Libros.
ATLAS:
- NETTER, F. H., Atlas de anatomía humana, ed. Masson, 1999.
- PUTZ, R.e PABST, R., Sobotta. Atlas de anatomía humana, ed. Panamericana, 1994
ANATOMIA HUMANA.-(2 VOLUMENES)LATARJET-RUIZ CIARD-PANAMERICANA
NETTER(ATLAS) MASSON
ANATOMIA DE LAST REXIONAL E APLICADA.-CHUMMYS-SINNATAMBY-PAIDOTRIBO
NEUROANATOMIA CLINICA-RICHARD S. SNELL-PANAMERICANA
ANATOMIA E FISIOLOXIA-TORTORA GRABOWSKI-ED.OXFORD
ANATOMIA DA CABEZA-VELAYOS-PANAMERICANA
SOBOTTA(2 TOMOS) PANAMERICANA
KAPANJI(FISIOLOXIA ARTICULAR)MASSON
ANATOMIA E MOVEMENTO HUMAN:ESTRUCTURA E FUNCIONAMENTO:NIQUEL PALASTANGA-DEREK FIELD-ROGER SOAMES-PAIDOTRIBO
ANATOMIA HUMAN( 3 TOMOS)H.ROUVIERE-A. DELMAN-MASSON
ATLAS DE ANATOMIA HUMAN-FREDERIC H.MARTINI-EDI. PEARSON
H.FRAGA GARCIA.Anatomia Básica.Morfologia,estructura y desarrollo del cuerpo humano.Edit Galinova
Sistema de evaluación.-EVALUACIÓN CONTÍNUA:25%
tipo test-preguntas cortas,dempois de cada unidade temática
2.-EVALUACIÓN PRACTICA:25%
utilizaránse o mesmo material didáctico cos alumnos xa usaron nas prácticas.
3.-DERRADEIRO EXAME
faráse unha combinación de preguntas tipo test y preguntas oxetivas cortas
4.-Farase un ou dous traballos sobor dos temas,que influirán sobor un 10% NA NOTA FINAS.oS TRABALLOS SERÁN EXPOSTOS POLOS ALUMNOS
Tempo de estudo e traballo persoalModulo Horas crédito Total
Horas/materia
Tipo Horas
Docencia expositiva Aula 4x6 24 Estudio individual 36
Discusión de
casos
Seminario -
Laboratorio
3x6 18 Lecturas recomendadas, actividades
de
biblioteca o similares y elaboración
caso
36
Docencia interactiva
Prácticas Laboratorio 2x6 12 Preparación de la práctica y
elaboración de memorias de
prácticas
18
Tutorización
presencial en
grupos reducidos
Tutoría 0,5x6 3 ----------------------- ----------
----------
---
Evaluación Aula 0,5x6 3 ----------------------- ----------
----------
---------
Total horas de
trabajo presencial
60 Total horas trabajo personal de
estudiante
90
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendaciones para el estudio de la materia
- Utilización dos apuntamentos e os Atlas de anatomía recomendados nas clase prácticas.
- Realización de debuxos das estruturas e as súas relacións.
- Visualización dos vídeos recomendados nas clases teóricas.
- Utilización de programas informáticos específicos da materia.
A aula de anatomía (na Escola de Enfermaría) co material que contén (maquetas) está á disposición dos alumnos en pequenos grupos, tendo que anotarse previamente e baixo a dirección dos profesores e, no seu caso, un alumno responsable