Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Enfermaría (Lugo)  »  Información da Materia

G2031103 - Estatística e Metodoloxía da Investigación (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Lugo
  • Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Ramiro Fernández, José Manuel.NON
Regueiro Burgo, María Jesús.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Comprender a importancia do coñecemento estatístico.
    Comprender os fundamentos estatísticos básicos da investigación.
    Saber as cuestións estatísticas básicas a ter en conta ao valorar un estudo científico.
    Coñecer a abordaxe das relacións causais en Ciencias da Saúde.
    Coñecer os distintos tipos de variables e a forma de recollelas.
    Coñecer o proceso de investigación.
    Interpretar e cuantificar a incerteza asociada a calquera proceso inferencial.
    Coñecer os diferentes tipos de variables e a forma de recollelas.
    Coñecer o método científico da enfermaría.
    Identificar as similitudes e diferenzas entre a metodoloxía de investigación cuantitativa e cualitativa.
    Coñecer os deseños de investigación.
    Identificar nun problema estatístico: os datos, as variables, a poboación, a mostra, os estadígrafos e elaborar táboas e gráficos segundo o tipo de variable.
    Estimar cal é a probabilidade de que ocorra un determinado suceso e entender o concepto de variable tipificada e curva de distribución normal.
    Seleccionar os estatísticos descritivos apropiados en cada situación e calculalos.
    Interpretar o proceso de inferencia estatística, os test de hipóteses, os erros máis frecuentes e aplicar a t de Student, o Ji cadrado, o coeficiente de correlación de Pearson e a regresión lineal.
    Identificar problemas de investigación no campo da saúde, considerando a súa relevancia e pertinencia.
    Seleccionar o deseño de investigación adecuado ao problema que constitúe o obxecto de estudo.
    Coñecer a estrutura e os elementos dun traballo de investigación así como as diferentes técnicas de comunicación científica.
    Distinguir os diferentes tipos de investigación.
    Aplicar as diferentes técnicas de recollida de datos.
    Coñecer o uso da investigación cuantitativa e cualitativa
    Comprender a importancia da ética na investigación científica.

    Contidos
    Tema 1. Estatística descritiva: Recollida e tabulación da información. Medidas de tendencia central. Medidas de variabilidade. Medidas de posición. Representacións gráficas da información.


    Tema 2. Probabilidade e distribucións de probabilidade: Conceptos básicos de probabilidade. Distribucións frecuentemente utilizadas en ciencias da saúde: Binomial, Poisson, Normal.


    Tema 3. Introdución á estatística inferencial: Probas de hipótese. Tipos de probas de hipótese. Tipos de erros.


    Tema 4. Inferencias con proporcións e inferencias con medias: Probas de conformidade, probas de homoxeneidade. Probas de conformidade mediante a distribución Ji cadrado. Varianza coñecida. Varianza descoñecida. Comparación de máis de dúas variancias. Proba de homoxeneidade de dúas medias. Comparación de dúas ou máis medias observadas.


    Tema 5. Correlación. Regresión: Coeficiente de Correlación lineal de Pearson. Probas de hipótese. Regresión.


    Tema 6. Introdución á estatística non paramétrica e multivariante: Tipo de probas paramétricas. Introdución ás técnicas multivariantes máis utilizadas.


    TEMA 7. INTRODUCIÓN Á METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN: Coñecemento e ciencia. Investigación en enfermaría. Etapas dun proceso de investigación.


    TEMA 8. FASE CONCEPTUAL DO PROCESO DE INVESTIGACIÓN: Elección do problema de investigación. Revisión bibliográfica. Bibliometría e socioloxía da ciencia. Marco de referencia e formulación de hipóteses e obxectivos.


    TEMA 9. FASE METODOLÓXICA DO PROCESO DE INVESTIGACIÓN: O deseño da investigación. A medida en investigación. Deseños de investigación cualitativa. Métodos de recollida de datos. Elaboración de enquisas.


    TEMA 10. FASE EMPÍRICA DO PROCESO DE INVESTIGACIÓN: A investigación científica como ámbito de aplicación metodolóxica. Elementos básicos. Deseño.


    TEMA 11. FORMULACIÓN DUN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: Traballos científicos. Elementos comúns na comunicación científica. Redacción e publicación científica. Normas básicas. Temas de investigación. Fase de documentación. Formulación do proxecto.


    TEMA 12. ÉTICA DA INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA: A ética, os valores morais e a investigación científica. Principios éticos da investigación. Imitacións no proceso de investigación.







    Bibliografía básica e complementaria
    • Bioestatística
    Francisca Rius Diaz, Francisco Javier Barón López
    Editorial: Thomson Editores Spain Paraninfo - España
    Ano de Edición: 2008
    ISBN: 978-84-9732-341-3

    • Interpretación doada da Bioestatística
    Gail F. Dawson, MD, MS, Faaep
    Elsevier España S.L. 2009
    ISBN: 978-84-8086-460-2

    • Estadistica aplicada ás Ciencias da Saúde
    Rafael Álvarez Cáceres
    Edicións Díaz de Santos
    ISBN: 978-84-7978-823-0


    • Guía Práctica. Cálculos estatísticos con Excel
    Francisco Charte OjedaGail F. Dawson, MD, MS, Faaep
    Edicións Anaya Multimedia -2007
    ISBN: 978-84-415-2368-5

    • Estatística descritiva con Microsoft Excel 2007
    Ursicino Carracal Arranz
    RA-MA Editorial, -2007
    ISBN: 978-84-7897-803-8

    Álvarez Cáceres, R. El método científico en las ciencias de la salud. Las bases de la investigación biomédica. Díaz de Santos. Madrid, 1996.
    Arcas P. Investigación en enfermería: prioridades y estrategias. Rol, nº 148, 1990. pp. 55-60.
    Cabrero García L.; Richart Martínez, M. Investigar en enfermería. Concepto y estado actual de la investigación en enfermería. Publicaciones Universidad de Alicante. Alicante, 2000.
    Cabrero García L.; Richart Martínez, M. El debate investigación cualitativa frente a investigación cuantitativa. Enfermería Clínica, 1996; 6. pp. 212-217.
    Campbell D.; Stanley J. Diseños experimentales y cuasi experimentales en la investigación social. Ammorrortu Editores. Buenos Aires, 1982. pp. 76-78.
    Carrasco de la Peña, J.L. El método estadístico en la investigación médica. Karpus. Madrid, 1982.
    Eco, U. Cómo se hace una tesis. Gedisa. Barcelona, 1992.
    Fortín, M.F. El proceso de investigación: de la concepción a la realización. McGraw-Hill. México, 1999.
    López-Poveda, E. Fundamentos de Estadística. Popular Libros. Alicante, 2002.
    Icart, M.T.; Fuentelsaz, C. y Pulpón, A.M. Elaboración y presentación de un proyecto de investigación y una tesina. Universitat de Barcelona. Barcelona, 2001.
    Pardell H.; Cobo E.; Canaleja J. Manual de Bioestadística. Masson. 1986.
    Pardo, G. y Cedeño, M. Investigación en salud: de la concepción a la realización. McGraw-Hill. Santafé de Bogotá, 1997.
    Pizarro, F. Aprender a razonar. Alhambra. Madrid, 1989.

    Popper Karl, R. La lógica de la investigación científica. Circulo de Lectores. Barcelona, 1995.
    Sánchez Carrión, J.J. Manual de análisis de datos. Alianza Editorial. Madrid, 1995.
    Taylor, S.J.; Bogdan, R. Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Paidós. Barcelona, 1984.





    Competencias
    Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados da saúde.
    Coñecemento relevante da capacidade para aplicar tecnoloxía e informática aos coidados da saúde.
    Coñecemento relevante da capacidade para aplicar principios de investigación e información.
    Capacidade para informar, rexistrar, documentar e derivar coidados utilizando tecnoloxías adecuadas.
    Utilizar as principais ferramentas estatísticas aplicadas na enfermería.
    Describir e interpretar estatisticamente os principais problemas de saúde.
    Desenvolver capacidades para describir e sintetizar a información dos datos recollidos nas diversas escalas de medida.
    Coñecer, aplicar e interpretar as principais probas estatísticas de comparación de medidas.
    Dominar os principios básicos de investigación en enfermería.
    Aplicar os coñecementos adquiridos para desenvolver un proxecto de investigación.
    Identificar problemas e ser capaz de detectalos.
    Manexar os recursos de información na rede.
    Realizar a divulgación dos resultados dunha investigación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas nas que se usará material audiovisual de apoio.
    Clases teórico-prácticas en aula de informática.
    Clases interactivas en grupos nas que o/a alumno/a deberá expoñer os resultados dos traballos encomendados polo profesor/a.
    Titorías grupaís para a resolución de dúbidas, coa participación activa do alumnado.

    Sistema de evaluación
    Realizaranse dous exames parciais e un final, para aqueles/as alumnos/as que non superen os parciais.
    Exame práctico de estatística.
    Todo o alumnado deberá entregar un traballo de investigación, que será obrigatorio para superar a materia, supervisado polo/a profesor/a, dito traballo deberá ser entregado como máximo dez días antes do exame final.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo individual : 54 horas.
    Preparación traballos en grupo: 61 horas.
    Lecturas recomendadas e actividades de biblioteca: 20 horas.
    Total horas traballo persoal do estudante: 135 horas.