G2031106 - Bioquímica (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOBJECTIVO XERAL
Os novos avances no coñecemento científico fan que as causas das enfermidades sexan formuladas con maior frecuencia a nivel molecular.O estudo desta materia servirá o alumno para interpretar o estado de saúde e enfermidade dándollle un enfoque bioquímico actual.
OBJECTIVOS ESPECÍFICOS
1.Recoñecer as estruturas químicas das biomoléculas que orixinan o ser vivo así como as súas propiedades biolóxicas, transformacións e funcións.
2.Interpretar as principais rutas metabólicas co fin de obter unha visión integrada do metabolismo e da súa regulación.
3.Estudar os acedos nucleicos como biomoléculas transmisoras da información xenética.
4.Coñecer os principias erros conxénitos do metabolismo, malformacións xenéticas, as causas do cancro e das alteracións inmunolóxicas.
5.Identificar as principais técnicas empregadas na bioquímica actual que permiten entender os novos avances científicos.
6.Interpretar o estado de enfermidade e saúde dende o punto de vista molecular.
7.Analizar e utilizar o vocabulario científico.
8.Aplicar métodos, conceptos, principios, leis e teorías en situacións concretas.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO
PARTE I .ESTRUCTURAL
1.INTRODUCCIÓN
1.1.Concepto.
1.2.Composición química do corpo humano.
2. IONS COMPOÑENTES DO SER VIVO
2.1.Principais ións.Funcións.
3.AUGA E DISOLUCIÓNS ACUOSAS
3.1.Estrutura e propiedades da auga.
3.2.Disolucións acuosas.
3.3.Concepto e interese fisiolóxico do PH.
3.4.Disolucións reguladoras ou tampóns .
3.5.Alcalose e acidose.
4.GLÍCIDOS
4.1.Concepto e propiedades.
4.2.Clasificación.Funcións.
4.3.Azucres en clínica.
5.LÍPIDOS
5.1.Concepto e propiedades.
5.2.Clasificación.
5.3.Lípidos en clínica.
6.PRÓTIDOS
6.1.Concepto e propiedades.
6.2.Aminoácidos.Propiedades e funcións.
6.3.Péptidos de interese biolóxico.
6.4.Proteínas.Propiedades, clasificación e funcións.Estructura.
7.ENZIMOLOXÍA
7.1.Concepto. Coenzimas e cofactores.
7.2.Clasificación de enzimas e propiedades.
7.3.Cinética enzimática.
8.NUCLEÓTIDOS E ACEDOS NUCLEICOS
8.1.Concepto e interese biolóxico.
8.2.Nucleósidos e nucleótidos.Funcións
8.3.Estrutura , tipos e funcións do RNA e DNA.
PARTE II. METABOLISMO
1.INTRODUCIÓN
1.1.Concepto.Rutas catabólicas e anabólicas.
1.2.Bioenerxética.
1.3.Estudo do ATP.
2.METABOLISMO DOS HIDRATOS DE CARBONO
2.1.Dixestión.
2.2.Glicólise.Regulación.
2.3.Neoglicoxénese.Regulación.
2.3.Glicoxenoxénese y glicoxenólise.Regulación.
2.4.Ruta das pentosas fosfato.
2.5.Metabolismo da fructosa e da galactosa.
2.6.Enfermidades do metabolismo dos hidratos de carbono
3.CICLO DE KREBS E TRANSPORTE ELECTRÓNICO
3.1.Compoñentes do ciclo de Krebs.Función.Balance enerxético.Regulación.
3.2.Compoñentes e función da cadea respiratoria.Fosforilación oxidativa.
3.3.Reoxidación do NADH citoplasmático.
3.4.Ciclo de Cori.
4.METABOLISMO DOS LÍPIDOS
4.1.Dixestión.
4.2.Oxidación de ácidos graxos.
4.3.Metabolismo dos corpos cetónicos.
4.4.Biosíntese de ácidos graxos, triacilglicéridos e colesterol.Regulación.
4.5.Enfermidades do metabolismo dos lípidos.
5.METABOLISMO DOS AMINOÁCIDOS
5.1.Proteolise.
5.2.Transaminación e desaminación oxidativa.
5.3.Ciclo da urea.
5.4.Transporte do amoníaco ó fígado.Ciclo glucosa-alanina.
5.5.Destino do esqueleto carbonado dos aminoácido.
5.6.Enfermidades do metabolismo dos aminoácidos.
6.METABOLISMO DAS LIPOPROTEÍNAS PLASMÁTICAS
6.1.Lipoproteínas.Concepto.Clasificación e composición.
6.2.Enzimas que interveñen no metabolismo das lipoproteínas plasmáticas.
6.3.Metabolismo de QM, VLDL, e HDL.
6.4.Hiperlipoproteinemias.
7.METABOLISMO DOS NUCLEÓTIDOS
7.1.Rutas de biosíntese de nucleótidos de purina e pirimidina.
7.2.Biosíntese de desoxirribonucleótidos.Regulación.
7.3.Degradación de purinas e pirimidinas.
7.4.Enfermidades do metabolismo dos nucleóticos.
8.XENÉTICA DO METABOLISMO
8.1.Introdución ó coñecemento xenético.
8.2.Fluxo da información xenética.
8.3.Replicación e transcrición.
8.4.Procesamento do RNA.
9.BIOSÍNTESE DAS PROTEÍNAS
9.1.Estudo do código xenético.
9.2.Etapas da biosíntese proteica.
9.3.Hipótese do balanceo.
9.4.Inhibidores da síntese proteica.
10.REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XENÉTICA
10.1.Hipótese do operón.
10.2.Modelo do operón-lac .Operón triptófano
10.3.Regulación da expresión xenética en eucariotas.
11.BIOQUÍMICA DOS VIRUS
11.1.Estrutura e tipos .Ciclo lisoxénico e lítico.
11.2.Replicación e expresión.
11.3.Retrovirus.
12.ENZIMAS SÉRICAS NO DIAGNÓSTICO
12.1.Diagnóstico por enzimas séricas. Valores. Funcións.
13.ENXEÑERÍA XENÉTICA
13.1.Introdución
13.2.Clonación do DNA.Enzimas de restricción.Vectores de clonación.
13.3.Métodos de análisis de ácidos nucleicos:PCR
13.4.Obtención de xenotecas.
13.5.Organismos transxénicos.
13.6.Aplicacións biomédicas da inxeniería xenética.
PROGRAMA DE CLASES DE LABORATORIO
1 Laboratorio. Normas xerais. Materiais e aparatoloxía .Operacions elementais .Preparacións de disolucions y dilucios. Magnitudes, medidas e unidades Accidentes no laboratorio.
2. Métodos de determinación de glucosa. Curva de sobrecarga de glucosa.
4. Lipoproteínas plasmáticas. Determinación de colesterol e triglicéridos .Evaluación de hiperlipoproteinemias.
4. Proteinograma. Patrones de alteración do proteinograma.
3. Determinación das enzimas cardíacas, hepáticas e pancreáticas para o diagnóstico.
Bibliografía básica e complementaria 1. Berg M., Tymoczco J, Stryer L. Biochemistry.5ª ed. New York: Freeman, 2.002.
2. Mathews, C.K., van Holde, K.E. y Ahern, K.G. Bioquímica. 3ª ed. Madrid:Addison Wesley, 2002.
3. Lozano.Bioquímica y Biología molecular para ciencias de la salud, 3ª ed .Madrid: Mc-Graw-Hill Interamericana ,2003.
4.Lehninger. Principios de Bioquímica. Cox, M.M. - Nelson, D.L., Editorial Omega. 2009. 5ªed.
5. McKee, T. y McKee, J.R. Bioquímica. La base molecular de la vida. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill. Interamericana, 2003
6. Metzler, D.E. Biochemistry Vols. I y II .2ª ed. San Diego: Harcourt Academic Press, 2001.
7. Müller-Esterl. Bioquímica. Fundamentos para Medicina y Ciencias de la Vida. 4ªed. Barcelona: Reverte, 2.008.
8.Nelson, D.L. y Cox, M.M. Lehninger: Principios de Bioquímica, 4ª ed .Barcelona: Omega, 2006.
9. Stryer, L., Berg, J.M. y Tymoczko, J.L. Bioquímica. 6ª ed. Barcelona: Reverte, 2008.
10.Voet, D., Voet, J.G. y Pratt, C.W. Fundamentos de Bioquímica. 2ª ed. Madrid: Panamericana, 2007.
PÁXINAS WEB:
http://busc.usc.es
Biblioteca de la USC.
-www.uah.es/otrosweb/biomodel
Modelos moleculares en movemento e interactivos con textos explicados
http://db.doyma.es/cgi-bin/wdbcgi.exe/doyma/mrevista.salta_a_ultimo?pident=2
Revista de medicina clínica
http://www.eimaep.org/
Páxina da sociedade española de errores innatos do metabolismo
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000366.htm
Enciclopedia médica
http://www.sebbm.es/esn
Recursos de enseñanza ofrecidos en la página de la Sociedad Española de Bioquímica e Biología Molecular
http://www.biochemj.org/bj/default.htm
Noticias bioquímicas de actualidad.
CompetenciasCOMPETENCIAS DA DISCIPLINA
•Capacidade de razoamento, argumentación e estudo de conceptos teóricos básicos.
•Habilidade para valorar o funcionamento a nivel molecular do ser humano en estado de saúde e enfermidade integrando coñecementos adquiridos nesta e noutras materias afines.
•Capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
•Destreza para usar a información bioquímica dispoñible na análise de novas situacións.
•Xeitos para buscar , analizar e seleccionar información a partir de diferentes fontes , tanto tradicionais como a través de novas tecnoloxías.
•Disposición de traballo en equipo e habilidade na elaboración, presentación e defensa pública dos seus traballos.
COMPETENCIAS INTERPERSONAIS
•Destrezas interpersonais.
•Habilidade de comunicación.
•Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade.
•Compromiso ético.
Metodoloxía da ensinanza Coa finalidade de favorecer a compresión e estudo da materia por parte do alumno servirémonos de :
CLASES EXPOSITIVAS
Leccións maxistrais do profesor .Serviremonos de material audiovisual e outros.
CLASES SEMINARIOS
Nestas clases resolveranse problemas relacionados cos contidos teóricos e debates de casos clínicos.Tamén se elaborarán traballos grupais e individuais facilitando o estudante un esquema dos mismos.
Servirémonos de:
•Libros de texto.
•Buscadores de Internet.
•Revistas científicas.
LABORATORIO
Nesta aula daranse as clases de laboratorio que se mencionan no programa .
TUTORÍAS GRUPALES
Defender un proxecto indicado polo profesor ou proposto polo alumno.Para realizar este proxecto o alumno servirase de:
•Bibliografía.
•Búsqueda de información en centros de salud, HULA... etc
•Bases de datos.
Sistema de evaluaciónEVALUACIÓN DE CONCEPTOS
Faranse tres exames teóricos o longo do ano. Dous deles serán probas parciais namentres que a terceira será un exame final para aqueles alumnos que non se presentaron ou non superaron algún dos exames parciais.
O exame será mixto, con preguntas tipo test para cubrir as partes fundamentais da materia e preguntas curtas e concretas que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento.
Para superar a materia será imprescindible aprobar cada unha das probas parciais por separado, non sendo os parciais compensables entre eles.
Ademais do exame teórico , na evaluación terase en conta os traballos realizados nas aulas interactivas así como a asistencia as clases e a participación do estudante nas mesmas.
CRITERIOS DE EVALUACIÓN FINAL
•O exame teórico corresponde co 70% da nota.
•As prácticas , traballos e exercicios representan o 20% da nota
•A participación, asistencia a clase, Congresos, Xornadas e outros, será o 10% da nota.
OBSERVACIÓNS
Para superar a materia o alumno deberá obter como mínimo a calificación de 5 na proba escrita.
A non asistencia as actividades obligatorias suporá o esgotamento da convocatoria e a imposibilidade de presentarse ao exame final.
As prácticas fraudulentas durante a realización do exame (consulta de apuntes, consultas telefónicas, SMS, etc,) están absolutamente prohibidas .A sua práctica penalizarase coa expulsión da aula e a calificación do examen como suspenso, con nota numérica de 0.00.
Tempo de estudo e traballo persoal1.Horas de traballo presencial na aula.
Docencia expositiva na aula...........36 horas
Docencia interactiva: seminarios ....12horas
Docencia interactiva : laboratorio.....6horas
Titorías prensenciais en grupos.......6horas
Total...........................................60 horas
2.Horas de traballo personal do estudante ,non presencial.
Estudo individual.....................54 horas
Elaboración de traballos...........24 horas
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares :12 horas
Total............................................................................................90 horas
3.Horas de traballo total 1+2 .....................150 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaCompre a asistencia as clases tanto expositivas como participativas así como a revisión diaria dos temas tratados na aula coa finalidade de facilitar o seu posterior estudo.
Recoméndase o uso de bibliografía e manexo de distintas fontes de información na elaboración dos traballos.
Tamén e importante a participación do estudante nas clases e o uso das titorías para solucionar calquer dúbida relacionada coa materia.
ObservaciónsO programa da materia está suxeto a modificacións e a actualizacións que poidan surxir nas areas do coñecemento da saúde humana.