G2031107 - Bases para os Coidados da Saúde (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCOMPETENCIAS XERAIS:
- O estudante será capaz de adquirir os coñecementos xerais básicos da área de estudo.
- O estudante terá a capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- O alumno será capaz de comunicar ideas e expresarse de forma correcta oral e escrita.
- O alumno fortalecerá a habilidade de aprendizaxe autónomo e de traballo en equipo
ContidosMODULO I.- Produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermería.
MODULO II.- Semioloxía dos principais procesos fisiopatolóxicos.
Tema 1.- Síndrome de afectación xeral.
Tema 2.- Semioloxía do aparello respiratorio
Tema 3.- Semioloxía do aparello cardíaco.
Tema 4.- Semioloxía do aparello dixestivo.
MODULO III.- Primeiros auxilios básicos
Tema 1.- Conceptos xerais dos primeiros auxilios.
Tema 2.- Corpos extranos na vía aérea. Actuación.
Tema 3.- Lesións e corpos extranos nos ollos, nariz e oidos.
Tema 4.- Actitude ante unha crise convulsiva.
Tema 5.- Intoxicacións. Actuación.
Tema 6.- Traumatismos nas extremidades. Inmovilización das extremidades.
Tema 7.- Traumatismos do cráneo, cara, columna vertebral, tórax e abdomen. Actuación.
Tema 8.- Hemorraxias graves e shock.
MODULO IV
Tema 1.- Mobilización e manexo prehospitalario do paciente politraumatizado.
Tema 2.-Conceptos xerais da Atención Prehospitalaria.
Tema 3.- Fases da asistencia extrahospitalaria.
Tema 4.- Prioridades asistenciais na atención In Situ:
- Valoración inicial
- Valoración secundaria
Tema 5.- Material e técnicas para a correcta inmovilización dos feridos.
Tema 6.- Recomendacions e actuacións en situacións especiais: Accidentes por inmersión. Hipotermia. Electrocución. Queimados. Atención prehospitalaria
MODULO V.- Resucitación cardiopulmonar.
Tema 1.- Indicaciónes e contraindicaciónes da RCP.
Tema 2.- Clasificación.
Tema 3.- Técnicas de RCP Básica.
Tema 4.- Técnicas da RCP Avanzada.
Bibliografía básica e complementaria- Libsa,Ed (aut.) "MANUAL DE PRIMEROS AUXILIOS" Editorial Libsa, S.A.1ª ed., 1ª imp.(05/2006)
- St. John Ambulance ... [et al.], (aut.) López Angón, José Luis, (tr.) "MANUAL DE PRIMEROS AUXILIOS" 1ª ed., 2ª imp.(05/2007)Pearson Alhambra
- "MANUAL CRUZ ROJA PRIMEROS AUXILIOS" 1º Ed. 2008. Aguilar
- Moya Mir "NORMAS DE ACTUACIÓN EN URGENCIAS" 4ª Edición Ed. Médica Panamericana.
- José Luis Pérez Arellano., Castro del Pozo, S. Sisinio de Castro "MANUAL DE PATOLOGÍA GENERAL :ETIOLOGÍA, FISIOPATOLOGÍA, SEMIOLOGÍA, SÍNDROMES" 6ª ed. ,ISBN:8445815407 (Consultar datos en el catálogo Fama)
- J. García-Conde, J. Merino Sánchez, J. González Macías [dirs.], García-Conde, J. ; Merino Sánchez, J. ; González Macías, J., "PATOLOGÍA GENERAL :SEMIOLOGÍA CLÍNICA, Y FISIOPATOLOGÍA" 2ª ed. ,ISBN:8448605500 (Consultar datos en el catálogo Fama)
- Recomendaciones ILCOR 2005
- Morillo Rodriguez, FJ. "MANUAL DE ENFERMERIA DE ASISTENCIA PREHOSPITALARIA URGENTE" Madrid. Elsevier España 2007
- Abrisqueta García J., Juárez Torralba J., Pérez Vigueras J., Martínez Frutos M. "MANEJO,MOVILIZACIÓN Y TRANSPORTE DE VÍCTIMAS (HERIDOS Y TRAUMATIZADOS)". Madrid: ARAN; 2001
- Caníbal Berlanga, A."MANUAL DE SOPORTE VITAL AVANZADO EN TRAUMA". SEMMICYUC. Barcelona: Elsevier Masson; 2007.
- Rovira Gil E."URGENCIAS EN ENFERMERÍA". Enfermería Siglo 21. Madrid: D.A.E.; 2005.
- Sociedad Española de Enfermería de Urgencias y Emergencias.
- Giráldez, J. Idoate, A. Romero, B et cols."GUÍA DE PRODUCTOS SANITARIOS" . Navarra 1998. 2º Ed. EUNSA
- Quesada Suescun. A; Rabanal LLevot, JM; ACTUALIZACIÓN EN EL MANEJO DEL TRAUMA GRAVE" 2006 ERGON
Webgrafía:
http://www.enfermeriadeurgencias.com . Página de ésta Sociedad Científica con enlaces de
interés, documentación científica y revista on-line.
http://www.aemps.es. Agencia Española del Medicamento y de Productos Sanitarios con legislacion de interes de productos sanitarios.
Competencias1.- Coñece o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
2.- Coñece os procesos fisiopatolóxicos, as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
3.- Recoñece as situacións de risco vital e saber executar maniobras de soporte vital básico e avanzado.
4.- Terá capacidade para pór en práctica principios de saúde e seguridade, incluídos a mobilización e o manexo do paciente, primeiros auxilios básicos e procedementos de urxencia.
RESULTADOS QUE DEBE ADQUIRIR O ALUMNO:
- Recoñece os produtos xenéricos, desenvolvendo un método sistemático para elixir e así e planificar o coidado das feridas, vías, etc.
- Identifica procesos fisiopatolóxicos, factores de risco de saúde e situacións de risco vital nas diferentes etapas do ciclo vital.
- Coñece e sabe aplicar manibras de resucitación cardiopulmonar.
Metodoloxía da ensinanza ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
Docencia expositiva:
O desenvolvemento da materia contén a exposición na aula, para transmitir conceptos ou principios elementais dos temas dunha forma organizada e nunha secuencia lóxica, para logo proceder ao estudo dos mesmos baseándose en apuntes tomados en clase e na consulta dos libros de texto suxeridos na bibliografía.
Localización: 2º semestre
Nº horas presenciais: 18
Nº horas estudo individual non presencial:27
Docencia interactiva
A efectos de lograr unha maior comprensión dos contidos, realizaranse seminarios, talleres, visualización de vídeos ou desenvolvemento de debates, etc que mediante o traballo conxunto de pofesor e un grupo reducido de alumnos estuda de forma intensiva un tema, en sesións planificadas, percorrendo para iso a fontes orixinais e autorizadas de información.
Sala de simulación: Adquisición de habilidades para garrantizar unhas prácticas seguras, realizando a práctica segundo o procedemento explicado.
Nº horas presenciais: 18
Nº horas de estudo non presencial: 43
Tutorías grupais:
Realizánse para atender as necesidades de formación complementaria así como guiar ao estudante para cumprir as metas académicas do grupo.
Así mesmo é un espazo de comunicación, para que os estudantes poidan revisar, discutir temas de interese, inquietudes e preocupacións.
Nº horas presenciais: 2, 25 horas
Sistema de evaluaciónAVALIACIÓN CONTINUA:
A avaliación continua da materia realizarase segundo os seguintes criterios:
- Avaliación de coñecementos (representará o 60% da cualificación final), está avaliación realizarase mediante proba escrita.
- Avaliación de habilidades (representará o 30% da cualificación final), está avaliación efectuarase mediante a realización e exposición de traballos individuais ou grupais.
- Avaliación de actitudes (representará o 10% da cualificación final), esta avaliación realizarase mediante a atención e participación en clases expositivas, interactivas e sala de simulación(imprescindible a asistencia á práctica para superar a materia; asi como a asistencia a actividades promovidas pola Escola.
Para superar a materia o alumno deberá obter, como minimo, unha cualificación de 5 na proba de coñecemento escrito.
Os estudantes que obteñan esta cualificación mínima poderán incorporar á cualificación final o resto dos procentajes expostos anteriormente.
Superarán a materia aqueles estudantes que, unha vez cumpridos os criterios mínimos, obteñan unha cualificación igual ou superior a 5, no sumatorio de todos os criterios
A asistencia a sala de demostración, seminarios, laboratorios e sesións de tutoría, é obrigatoria para todos os estudantes.
A inasistencia ás actividades obrigatorias suporá o esgotamento da convocatoria e a imposibilidade de presentarse ao exame final.
Tempo de estudo e traballo persoal-Estudo individual 27 horas.
-Lecturas e actividades recomendadas 24 horas.
-Traballo persoal para prácticas de simulación 19 horas.
-Total de horas de traballo persoal do estudante 70 horas