Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Enfermaría (Lugo)  »  Información da Materia

G2031202 - Farmacoloxía (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Lugo
  • Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
López Eimil, Teresa.SI
Regueiro Burgo, María Jesús.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Adquirir os coñecementos necesarios sobre: os principios activos dos medicamentos, as accións tóxicas e terapéuticas dos fármacos e as distintas vías de administración destes. Asemade, os/as alumnos/as coñecerán a lexislación e os fundamentos teórico-prácticos da prescrición enfermeira, sendo quen de manexar as diferentes Bases de Datos para poder xestionar a prescrición enfermeira empregando as T.I.C.s como ferramenta.

    Contidos
    TEMA 1.- INTRODUCION Á FARMACOLOXÍA

    - Conceptos
    - Fontes dos Medicamentos
    - Preparados farmacolóxicos e formas de dosificación dos medicamentos


    TEMA 2.- FARMACÓLOXÍA XERAL

    - Conceptos
    - Vías de administración dos medicamentos
    - Absorción, distribución, metabolismo e eliminación dos medicamentos no organismo.
    - Mecanismo de acción dos fármacos e as súas interaccións.


    TEMA 3.- FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO OU VEXETATIVO

    - Consideracións xerais
    - Simpaticomiméticos
    - Simpaticolíticos
    - Parasimpaticomiméticos
    - Parasimpaticolíticos
    - Ganglioestimulantes e gangliopléxicos

    TEMA 4.- AUTACOIDES

    - Histamina e antihistamínicos
    - Serotonina e antiserotonínicos
    - Outros : Anxiotensina, etc


    TEMA 5.- FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO CENTRAL

    - Anestésicos xerais ou narcóticos.
    - A dor e o seu tratamento: analxésicos opiáceos.
    - Analxésicos non opiáceos: Aine (Analxésicos, antipiréticos antiinflamatorios).
    - Anestésicos locais.
    - Antiparkinsonianos.
    - Antiepilépticos.
    - Hipnóticos e somníferos.
    - Neurolépticos.
    - Tranquilizantes e sedantes.
    - Psicoanalépticos: antidepresivos e antimaníacos.

    TEMA 6 . - FARMACOLOXÍA DO APARATO CARDIOVASCULAR

    - Cardiotónicos e antifribilantes.
    - Vasodilatadores e vasoconstritores.
    - Antianxinosos e medicamentos usados no infarto de miocardio.
    - Antihipertensivos.

    TEMA 7- FARMACOLOXÍA DO APARATO RENAL

    - Diuréticos.
    - Antidiuréticos

    TEMA 8.- FARMACOLOXÍA DO APARATO RESPIRATORIO

    - O resfriado común e o seu tratamento.
    - Medicamentos que actúan sobre a hematose.
    - Medicamentos que actúan sobre o tracto respiratorio.


    TEMA 9.- FARMACOLOXÍA DO APARATO DIXESTIVO

    - Eupépticos.
    - Antiácidos e tópicos gastrointestinais.
    - Colagogos e coleréticos.
    - Laxantes e purgantes.
    - Antidiarreicos.
    - O vómito : eméticos e antieméticos

    TEMA 10.- FARMACOLOXÍA ANTIINFECCIOSA

    - Conceptos xerais
    - Clasificación dos antibióticos polo seu mecanismo de acción. Tipos
    - Antimicóticos.
    - Virustáticos.
    - Tratamento das microbacterias (tuberculose e lepra)
    - Antiparasitarios (malaria).

    TEMA 11 .- FARMACOLOXÍA DO SANGUE

    - A anemia : antianémicos, vitamina B12, ácido fólico, compostos de ferro.
    - Anticoagulantes.
    - Fibrinolíticos.
    - Antiagregantes plaquetarios e eritrocitarios.

    TEMA 12. FARMACOLOXÍA INMUNOLÓXICA.

    - Vacinas e Soros
    - Inmunodepresores


    TEMA 13. MARCO LEXISLATIVO DA PRESCRICIÓN ENFERMEIRA.

    - Lei Xeral de Sanidade.
    - Lei de Cohesión e Calidade do SNS.
    - Estatuto Marco.
    - Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias.
    - Lei de Garantías e uso racional de medicamentos e produtos sanitarios.
    - Regulación da receita médica e orde hospitalaria de dispensación.
    - Prescrición enfermeira. Vías para a súa regulación.
    - Dereito comparado.
    - BB.DD. de lexislación sanitaria.

    TEMA 14. FUNDAMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS DA PRESCRICIÓN ENFERMEIRA EN ESPAÑA.

    - Aproximación á prescrición enfermeira.
    - A prescrición e a clínica enfermeira.
    - O paciente e a prescrición enfermeira.
    - O arsenal farmacoterapéutico e a prescrición enfermeira.
    - O arsenal farmacoterapéutico e o paciente.
    - Planos asistenciais e a prescrición enfermeira.
    - Prestación farmacéutica.

    TEMA 15. A PRESCRICIÓN ENFERMEIRA E AS NOVAS TECNOLOXÍAS.

    - Xestión do coñecemento: Bases de Datos (BB.DD.)
    - Xestión do proceso enfermeiro.
    - Xestión da prescrición enfermeira.
    - Xestión da prestación farmacéutica.
    - La farmacovixilancia.

    TEMA 16. AS T.I.C. APLICADAS Á PRÁCTICA CLÍNICA E Á FORMACIÓN DE ENFERMEIROS/AS.

    - Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
    - Aplicación das T.I.C. aos coidados de enfermaría.
    - Xestión do coñecemento. Campus Virtual (Alumno/a- Profesor/a)





    Bibliografía básica e complementaria
    Farmacología en enfermeria. Silvia Castells, margaritaHernandez.ED Harcourt.
    Farmacología integrada.Page.Curtis e etc.Ed Harcourt Brace de España
    Manual de farmacología clínica.Trounce.Ed Interamaricana.
    Farmacología humana. Jesus Florez.Ed Mason
    Farmacología clínica para enfermería.J.M.Mosquera.Perea Galdos.Ed Mc Graw-Hill, Interamaricana 2001.

    Competencias
    Capacitar o/a alumno/a para o uso racional do medicamento.
    Coñecer a acción farmacolóxica de cada grupo terapéutico e a súa toxicidade.
    valorar e informar sobre as reacións adversas dos medicamentos.
    Manexar e coñecer as principais vías de administración dos distintos fármacos e a súa variación individual.
    Coñecer a lexislación relacionada coa prescrición enfermeira.
    Manexar Bases de Datos para a xestión da prescrición enfermeira.
    Aplicar as T.I.C.s á prescrición enfermeira.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas apoiadas con medios audiovisuais: seminarios, laboratorio, titorías.
    clases interactivas nas que os/as alumnos/as poderán expoñer os traballos encomendados polo/a profesor/a e titorías grupais.
    traballos en grupos, etc.
    Sistema de evaluación
    Ao finalizar cada período teórico, relizarase un exame.
    Ao finalizar o curso o/a alumno/a relizará un exame final de toda a materia.
    Valorarase a participación do/a alumno/a nos seminarios.
    Valorarase a asistencia a clase.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    30 horas de docencia teórica.
    15 horas de docencia práctica.
    ECTS
    Teoría:3 ECTS=75 horas
    Práctica: 1,5 ECTS=37,5 horas
    Total de horas= 112,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    O/A alumno/a debe complementar os coñecementos adquiridos nas clase teóricas coa bibliografía.
    Observacións
    Aconséllase ao/á alumno/a a asistencia a titorías para aclarar as posibles dúbidas relacionadas co estudo.