Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Enfermaría (Lugo)  »  Información da Materia

G2031223 - Enfermaría Clínica I (Ciencias da Enfermaría) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 48.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 102.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Lugo
  • Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ LOPEZ, JOSE LUIS.NON
FERNANDEZ DOALLO, Mª ROSA.NON
NUÑEZ MAGDALENA, Mª ASUNCIÓN.SI
Rodríguez López, José Luis.NON
Rodríguez López, José Luis.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    COMPETENCIAS XERAIS:

    - O estudante será capaz de adquirir os coñecementos xerais básicos da área de estudo.

    - O estudante terá a capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.

    - O alumno será capaz de comunicar ideas e expresarse de forma correcta oral e escrita.

    - O alumno fortalecerá a habilidade de aprendizaxe autónoma e de traballo en equipo.

    - O alumno será capaz de aplicar os seus coñecementos ao traballo dunha forma
    profesional, desenvolvendo as competencias que adoitan demostrarse por medio da
    elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de
    estudio.

    - O estudante terá a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que
    inclúan unha reflexión sobre temas de índole social, científica ou ética.
    Contidos
    UNIDADE 1.Atención de enfermaría xeral ao paciente cirúrxico.

    Valoración do paciente.
    Preparación do paciente para unha intervención.
    Anestesia e atención de enfermaría ao paciente.
    Postoperatorio e atención de enfermaría.
    As feridas e a atención de enfermaría.
    Os drenaxes. Atención de enfermaría.
    Infección por Clostridium e a atención de enfermaría.

    UNIDADE II Atención de enfermaría ao paciente con trastornos respiratorios de vías inferiores

    Exame e valoración física do paciente.
    Métodos complementarios de diagnóstico.
    Signos e síntomas máis frecuentes.
    Técnicas de apoio ao coidado.
    Alteracións agudas: Bronquite aguda, neumonía, atelectasia, tromboembolismo pulmonar, insuficiencia respiratoria aguda.
    Alteracións crónicas: EPOC (bronquite crónica, enfisema pulmonar) asma bronquial, bronquiectasias, neumotórax, hemotórax, empiemas.
    Alteracións pleurais: Pleurite, derrame pleural.
    Tumores de pulmón.
    Proceso enfermeiro.

    UNIDADE III. Atención de enfermaría nas alteracións vasculares.
    Valoración do paciente.
    Probas complementarias.
    Alteracións vasculares venosas.
    Alteracións vasculares arteriais.
    Alteracións linfáticas.
    Proceso enfermeiro.

    UNIDADE IV. Atención de enfermaría ao paciente con trastornos dixestivos.
    Valoración do paciente.
    Probas complementarias.
    Alteracións da boca: úlceras, traumatismos e inflamacións.
    Alteracións esofáxicas: esofagitis, varices esofáxicas, RGE, esófago de Barret, Mallory-Weis, corpos estranos, acalasia, perforación, hernias diafragmáticas, tumores de esófago.
    Alteracións gástricas: gastrite, ulcus gastroduodenal, tumores de estómago.
    Alteracións intestinais: síndrome de mala absorción, síndrome de colon irritable, obstrucción intestinal, divertículos, tumores de colon e recto, enfermidades ano-rectais, enfermidade de Crohn, colite ulcerosa.
    Alteracións pancreáticas: pancreatite, tumores pancreáticos.
    Alteracións hepáticas: hepatite, cirrose hepática, tumores hepáticos, colecistite e colelitiase. Abdome agudo.
    Feridas abdominais.
    Traumatismos abdominais.
    Proceso enfermeiro.

    UNIDADE V. Atención de enfermaría nas alteracións otorrinolaringolóxicas.
    Valoración do paciente
    Probas complementarias
    Alteracións rinofarínxeas.
    Alteracións da larinxe
    Alteracións do oido
    Proceso enfermeiro.

    UNIDADE VI.Seguridade do paciente
    Conceptos básicos.
    Comunicación
    Xestión de riscos
    Seguridade no ámbito domedicamento.

    UNIDADE VII.Atención de enfermaría nas alteracións oftalmolóxicas.
    Valoración do paciente
    Probas complementarias
    Alteracións da vista
    Proceso enfermeiro.

    UNIDADE VIII. Atención de enfermaría nas alteracións dermatolóxicas.
    Valoración do paciente
    Probas complementarias
    Alteracións da pel.
    Proceso enfermeiro.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    - Lewis, Heitkemper, Dirksen. Enfermería Medicoquirúrgica. Valoración y cuidados de Problemas Clínicos. 6ª edición. Mosby 2004

    - Smith S Duell.D.J.” Enfermería Básica y Clínica “.Ed. Manuel Moreno

    - Andreu L y Force E.: 500 cuestiones que plantea el cuidado del paciente. 2º edición E. Masson. Barcelona.

    -Farreras Rozman. Medicina Interna”. DOYMA 15ª Ed

    - VV. AA. Enfermería médico-quirúrgica. Vol. II. Mosby, Madrid,
    - Pérez, R. y de la Fuente M. Enfermería médico-quirúrgica. Vol. III. Enfermería del siglo XXI: DAE, Madrid, 2001.

    - Smeltzer, S. y Bare, B. Tratado de Enfermería médico-quirúrgica de Brunner y Suddarth. Mcgraw-Hill. Interamericana, Madrid, 2002.

    - Barrachina Bellés, L. Master de enfermería. Enfermería médico-quirúrgica. Generalidades.1ª ed. Masson, Barcelona, 2000.

    - Marín-Espejo, M. D. y Arnuro Barranco, D. Procedimientos clínicos en enfermería del adulto. 1ª ed. Diego Martín Librero Editor, Murcia, 2004.

    - Chocarro González, L. y Venturini Medina, C. Procedimientos y cuidados en enfermería médico-quirúrgica. Elsevier, Madrid, 2006.

    - NANDA Internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definición y clasificación. Madrid: Elsevier, 2009 - 2012

    - J. C. McCloskey, G. M. Bulechek, Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC).Harcourt, Mosby. Tercera edición.

    -M. Johnson, M. Maas, Sue Moorhead. Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Harcourt, Mosby. Segunda edición.



    BIBLIOGRAFÍA ESPECIFICA:

    - Semiología médica /Alejandro Goic G., Gastón Chamorro Z., Humberto Reyes B., Goic G., Alejandro. ; Chamorro Z., Gastón ; Reyes B., Humberto, 2a ed. ,ISBN:956-220-160-0 (Consultar datos en el catálogo Fama)

    - Manual de patología general :etiología, fisiopatología, semiología, síndromes /Sisinio de Castro ; José Luis Pérez Arellano., Castro del Pozo, S. de., 6ç ed. ,ISBN:8445815407 (Consultar datos en el catálogo Fama)

    - Patología general: semiología clínica, y fisiopatología /J. García-Conde, J. Merino Sánchez, J. González Macías [dirs.], García-Conde, J.; Merino Sánchez, J. ; González Macías, J., 2çed. ,ISBN:8448605500 (Consultar datos en el catálogo Fama)


    - Semiotecnia :maniobras de exploración /Gerardo M. Baré, Jorge E. Califano., Baré, Gerardo M. ; Califano, Jorge E., 4a ed. ,ISBN:968-25-2453-9 (Consultar datos en el catálogo Fama)

    - Kumar Cotran Robbins. Patología pulmonar. 6ª edición. Mc Graw-Hill.

    - Col. Nurse Review. Problemas respiratorios. Masson, Barcelona, 1.991.

    - FULLER, RUTH: Instrumentación quirúrgica, Panamericana. 4ª edicción 2007

    - SABISTON, D. C.: Tratado de patologia quirúrgica. Interamericana. Mc Graw-Hill, 17 ed. 2005

    Sociedad Española de Enfermería Intensiva y Unidades Coronarias.

    Http://busc.usc.es

    Biblioteca de la USC

    http://www.seeiuc.com/portal.htm

    http://www.otorrinoweb.com/protocolos/nge.html

    http://www.fisterra.com

    http://www.funden.es
    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA (*ORDEN cin/2134/2008, + (LIBRO BRANCO DA ANECA):

    1.- Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases*.

    2.- Identificar as necesidades de coidado derivados dos problemas de saúde.

    3.- Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa evaluación*.

    4.- Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares*.

    5.- Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde*.

    6.- Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo*.

    7.- Capacidade para traballar dun xeito holístico, tolerante, sen axuizamentos, coidadoso e sensible, asegurando que os dereitos, crenzas e desexos dos diferentes individuos ou grupos non se vexan comprometidos+.

    8.- Capacidade para axustar o seu papel, co obxecto de responder ás necesidades da poboación ou dos pacientes e familia. Cando sexa necesario e apropiado, ser capaz de desafiar os sistemas vixentes para cubrir as necesidades+.

    9.- Capacidade para emprender valoracións exhaustivas e sistemáticas utilizando as ferramentas e marcos adecuados para o paciente, tendo en conta os factores físicos, sociais, culturais, psicolóxicos, espirituais e ambientais relevantes+.

    10.- Capacidade para recoñecer e interpretar signos normais ou cambiantes de saúde/mala saúde, sufrimento, incapacidade da persoa (valoración e diagnóstico)+.

    11.- Capacidade para responder ás necesidades do paciente planificando, prestando servizos e avaliando os programas individualizados máis apropiados de atención xunto ao paciente, os seus coidadores e familias e outros traballadores sanitarios ou sociales+.

    12.- Capacidade para cuestionar, avaliar, interpretar e sintetizar criticamente o seu abano de información e fontes de datos que faciliten a decisión do paciente+.

    13.- Capacidade de facer valer os xuízos clínicos para asegurar que se alcanzan os estándares de calidade e que a práctica está baseada na evidencia+.

    RESULTADOS QUE ADQUIRE O ALUMNO:

    - Coñece os procesos que desencadean as enfermidades no ámbito da patoloxía cirúrxica e médica.

    - Diferencia os mecanismos e/ou problemas derivados das patoloxías máis comúns dos diferentes aparellos e sistemas do organismo humano, o seu tratamento médico e cirúrxico.

    - Domina os procedementos e intervencións precisas, para proporcionar unha axeitada atención de enfermaría aos individuos con problemas médicos e cirúrxicos nos diversos aparellos e sistemas.

    - Identifica e valora as necesidades e/ou problemas ocasionados polas enfermidades, establecendo prioridades.

    - Elabora a planificación dos coidados de enfermaría para satisfacer as necesidades e/ou problemas identificados.

    - Participa na execución e posterior avaliación do Plan de Coidados
    Metodoloxía da ensinanza
    ACTIVIDADES PRESENCIAIS:

    Docencia expositiva:48h.
    O desenvolvemento da materia contén a exposición na aula, para transmitir conceptos ou principios elementais dos temas dunha forma organizada e nunha secuencia lóxica, para logo proceder ao estudo dos mesmos baseándose en apuntes tomados en clase e na consulta de bibliografía e webgrafía.
    Localización: anual


    Docencia interactiva
    A efectos de lograr unha maior comprensión dos contidos, realizaranse seminarios, talleres, visualización de vídeos ou desenvolvemento de debates, etc que mediante o traballo conxunto de pofesor e un grupo reducido de alumnos estuda de forma intensiva un tema, en sesións planificadas, percorrendo para iso a fontes orixinais e autorizadas de información.
    Sala de simulación: Adquisición de habilidades para garrantizar unhas prácticas seguras, realizando a práctica segundo o procedemento explicado.
    Nº horas presenciais: 48


    Tutorías grupais: 6 h.
    Realízanse para atender as necesidades de formación complementaria así como guiar ao estudante para cumprir as metas académicas do grupo.


    Nº horas presenciais:108
    Nº horas de traballo individual non presencial: 153
    Sistema de evaluación
    AVALIACIÓN CONTINUA:

    A avaliación contínua da materia realizarase segundo os seguintes criterios:

    - Avaliación de coñecementos (representará o 70% da cualificación final), está avaliación realizarase mediante proba escrita.

    - Avaliación de habilidades (representará o 15% da cualificación final), está avaliación efectuarase mediante a realización e/ou exposición de traballos individuais ou grupais.

    - Avaliación de actitudes (representará o 10% da cualificación final), esta avaliación realizarase mediante a asistencia, a atención e participación en clases expositivas, interactivas, e sala de simulación.

    -Avaliación da participación nas actividades promovidas pola Escola (representará o 5% da nota final)

    Para superar a materia o alumno deberá obter, como mínimo, unha cualificación de 5 na proba de coñecemento escrito.
    Os estudantes que obtivesen esta cualificación mínima poderán incorporar á cualificación final o resto das porcentaxes expostas anteriormente.
    Superarán a materia aqueles estudantes que, unha vez cumpridos os criterios mínimos, obteñan unha cualificación superior a 5, no sumatorio ponderado de todos os criterios de avaliación.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA

    TIPO DE DOCENCIA:

    - EXPOSITIVA
    - INTERACTIVA
    - TITORÍAS GRUPAIS

    AVALIACIÓN 6 horas

    TOTAL HORAS PRESENCIAIS 108

    TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE NON PRESENCIAL

    - Estudo individual 72 horas

    - Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares horas 81 horas

    TOTAL HORAS TRABALLO INDIVIDUAL DO ALUMNO 153
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir a clases

    Consultar bibliografía.

    Apuntamentos da materia impartidos na aula.

    Ampliar documentación sobre os temas impartidos nas clases.

    Resolver nas titorías todas as dúbidas que xurdan no desenvolvemento da materia.

    Participar nos coloquios.

    Colaborar co equipo da unidade onde realicen as prácticas clínicas en todas as actividades.

    Participar de xeito activo nas clases demostrativas.
    Observacións
    Datos de interés para o estudante sobre o profesorado:



    Coordinador da materia:

    Mª Asunción Núñez Magdalena; asuncion.nunez@usc.es



    Profesores colaboradores:

    José Luis Díaz López; joseluis.diaz@usc.es

    Mª Rosa Fernández Doallo; rosamaria.fernandez@usc.es

    José Luis Rodríguez López; jlrodriguez1959@gmail.com

    A asistencia a clase é obrigatoria. Se o alumno falta a máis do 20% dás clases, a materia considerase suspensa, agas motivos moi xustificados valorados polo Centro.