G2031224 - Prácticas Tuteladas II (Prácticas Tuteladas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 120.00
- Clase Interactiva Seminario: 3.00
- Total: 123.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Ser capaz no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada as necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
2. Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos as persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
3. Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
4. Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
5. Deseñar sistemas de coidados dirixidos as persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
6. Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
7. Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de conductas preventivas e terapéuticas.
8. Protexer a saúde e o benestar das persoas, familia ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.
9. Establecer unha comunicación eficaz cos pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
10. Coñecer o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
11. Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
12. Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
Contidos-A confección axeitada do Diario de Prácticas Clínicas.
-Os aspectos mais destacados da Lexislación Sanitaria.
-Confidencialidade e secreto profesional.
-Os centros sanitarios e sociosanitarios no Sistema Público de Saúde de Galicia.
-As funcións das profesións sanitarias e a importancia do traballo en equipo.
-A estrutura, organización, e funcionamento da unidade de enfermaría de prácticas clínicas e a súa relación co conxunto do centro sanitario.
- A medicación, material e instrumental máis habitualmente utilizado na unidade ou centro de prácticas clínicas.
-Os plans de actuación nos casos de urxencias nas unidades.
-As medidas de autoprotección dos estudantes.
-A historia clínica e de enfermaría do usuario/paciente e a confidencialidade dos datos.
-A aplicación práctica do Proceso de Atención de Enfermería (PAE)
-A utilización informática dos plans de coidados (Programa Gacela)
-As guías clínicas, protocolos, procedementos, documentos, impresos, informes e normativa da unidade ou servizo do centro sanitario.
-As enfermidades e problemas máis habituais dos pacientes que acoden á consulta, servizo ou que están ingresados na unidade.
-O acollemento, a información e orientación ao usuario, familia e/o entorno.
-Participar e colaborar nas actividades fundamentais o básicas de enfermaría, atendendo aos pacientes, baixo a supervisión dos profesionais de enfermaría. Entre elas cabe sinalar: coidados básicos de enfermaría, alimentación e nutrición, educación sanitaria, constantes vitais, colaborar na preparación e administración de fluidoterapia e medicamentos, hixiene, asepsia y antisepsia, medidas de seguridade para o paciente e medidas de prevención e de úlceras por presión, colaborar co profesional de enfermaría nas técnicas de enfermaría máis habituais nas que previamente foran adestrados.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
B. KOZIER, G.ERB, K.BLAIS, J.M. WILKINSON: Manual Clínico de Fundamentos de Enfermería. 5ª edición. Mc Graw-Hill-Interamericana. Madrid 1998.
Rosalinda Alfaro-LeFevre: Aplicación del proceso enfermero. Fomentar el cuidado en colaboración. 5ª edicición. Masson. Barcelona 2003.
MARYLYNN E. DOENGES, MARY FRANCES MOORHOUSE, ALICE C. MURR. : Planes de Cuidados de Enfermería. 7ª edición. Mc Graw-Hill- Interamericana. México 2008.
Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad.
Ley 16/2003, de 28 de mayo, de cohesión y calidad del sistema Nacional de Salud.
Ley 3/2001, de 28 de mayo, reguladora del consentimiento informado y de la historia clínica de los pacientes.
Ley 3/2005, de 8 de julio, de información sanitaria y autonomía del paciente.
Ley 55/2003, de 16 de diciembre, del Estatuto Marco del personal estatutario de los servicios de salud.
Ley 8/2008, de 10 de xullo, de saúde de Galicia.
Guía de prácticas Clínicas de la Escuela Universitaria de Enfermería de Lugo.
Bibliografía complementaria
BRUNNER, L.S. y SUDDARTH,D.S.:Enfermería médico-quirúrgica.Interamericana.Mc Graw-Hill. México 2004.
SHEEHY.: Manual de Urgencia de Enfermería. 6ª edición. Elsevier Mosby.
Madrid 2007.
Direcciones Internet:
http://www.fuden.es
www.fisterra.com
CompetenciasDe acordo coa orde CIN/2134/2008 para adquirir as competencias no conxunto das prácticas tuteladas utilizaranse métodos en forma de rotatorio clínico independente e cunha avaliación final de competencias, nos centros de saúde, hospitais e outros centros asistenciais que permitan incorporar os valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico, integrando na práctica profesional os coñecementos habilidades e actitudes da Enfermaría, baseados en principios e valores, asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e nas materias que conforman o Título.
Metodoloxía da ensinanza Titorias grupais (laboratorio)
Titorias individualizadas
Observación e titoria para o aprendizaxe
Prácticas de atención sanitaria e coidados
Práctica reflexiva (Diario reflexivo ou de Prácticas Clínicas)
Traballos específicos (fucionamento das unidades, protocolos, normas, casos, etc)
Sistema de evaluaciónA asistencia as prácticas tuteladas é obrigatoria e imprescindible para superar a materia.
Ademais o estudante ten que superar cada un dos apartados da avaliación para superar o conxunto da materia.É dicir, debe acadar a mitade da puntuación total de cada apartado da avaliación.
O sistema de avaliación utiliza o seguinte sistema de ponderación:
Tarxeta de evaluación das prácticas tuteladas.- É donde a/o supervisora/or, coordinadora/or e/ou colaboradores docentes reflicten a valoración de cada un dos criterios a avaliar, en función dos resultados acadados polo alumnado. Esta avaliación representa un 35% da puntuación total.
Diario de prácticas tuteladas.- É o instrumento no cual o alumno reflexa e rexistra, tras un análisis reflexivo, os coñecementos, habilidades e actitudes referentes ás situacións que experimentan perante a realización das sus prácticas clínicas. Representa o 25% da puntuación total.
Trabajos a realizar por el estudiante.- Son aquellos trabajos individuales o de grupo que son planteados por los responsables docentes. Representa el 10% de la puntuación total.
Probas presenciais da avaliación da capacitación.- Son probas destinadas a comprobar os coñecementos, habilidades e actitudes dos estudantes. Representa o 30% da puntuación total e poderán ser realizadas por calquera dos responsables docentes da materia (no número que consideren), tanto os académicos como os dos centros sanitarios, previa consulta e coordinación co coordinador titular da materia. Para superar a materia é necesario aprobar o examen ou proba de capacitación.
A avaliación dos estudantes será reflexada nas actas mediante unha calificación numérica en función da seguinte escala do 0 ao 10, coa expresión de un decimal, ao cal se lle poderá engadir a súa correspondente calificación cualitativa:
0-4,9: suspenso (SS).
5,0-6,9: aprobado (AP).
7,0-8,9: notable (NT).
9,0-10: sobresainte (SB).
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial do estudiante:
-Prácticas clínicas tuteladas: 120 horas ( realización das practicas clínicas e as probas presenciais de avaliación no centro sanitario )
-Grupos de titorías (laboratorio): 3 horas.
Traballo autónomo do estudiante:
-Traballos a realizar polo estudiante.
-Estudios e consultas do estudiante.
-Elaboración diaria do Diario de Prácticas Clínicas
Recomendacións para o estudo da materiaConsultar a bibliografía recomendada e en especial relacionada cos temas ou procedementos que se efectúen nas prácticas clínicas.
Consultar os protocolos da unidade, servizo ou centro sanitario.
Utilizar as titorias individuais para aclarar aspectos da materia.
Mostrar interese polo aprendizaxe das actividades e procedementos das prácticas clínicas.
Preguntar sobre calquera actividade, duda, interés, etc, aos responsables docentes na Escola e nos centros sanitarios.
ObservaciónsDatos de interés para o estudante sobre a materia e o profesorado:
CARÁCTER: obrigatoria
Nº TOTAL DE CRÉDITOS: 6 ECTS (150 horas)
PERIODO: 2º Cuadrimestre do 2º curso de Grao en Enfermaría
COORDINADOR TITULAR OU PROFESOR TITULAR/TITOR ACADÉMICO INTERNO: José Luis Díaz López
PROFESORA COLABORADORA: Mª Rosa Fernández Doallo
IDIOMAS: Castelán e galego
TELÉFONO Y CORREO ELECTRÓNICO: 982285880 – joseluis.diaz@usc.es e rosamaria.fernandez@usc.es
UBICACIÓN: 2ª pranta da EUE
Supón o primeiro contacto do estudiante cos centros sanitarios e/ou sociosanitarios e o comezo das prácticas clínicas. Prácticas nas que contarán cun Coordinador ou Profesor Titular (Titor Académico da Escola) que programa, ordena e dirixe as prácticas clínicas en coordinación cun/cunha Supervisor/a, Coordinador/a o Colaborador/a Docente (Titor/a Externo de Empresa) encargados de comprobar que os estudiantes cumpran coa normativa da Guía de Prácticas Clínicas e que aprenden adecuadamente e se conseguen os resultados previamente fixados.
É importante repasar o Proceso de Enfermería e aquelas técnicas e procedementos aprendidos na práctica previa na Escola (talleres de aprendizaxe).
Resultados xerais esperados do aprendizaxe nas prácticas tuteladas.
Os resultados xerais de todo o período de Práticas tuteladas (I, II, II, IV, V y VI) segundo a memoria de Título de Grado son: a) Planificar os coidados de enfermería; b) integración no equipo de saúde para a planificación, execución e avaliación do plan de coidados e c) habilidade para aplicar os métodos e procedementos necesarios para identificar os problemas de saúde e establecer o plan de coidados.
Os resultados específicos da materia Prácticas Tuteladas I:
-Elaborar correitamente o Diario de Prácticas Clínicas e os seus contidos.
-Coñecer os aspectos máis destacados da lexislación sanitaria.
-Coñecer o papel dos centros sanitarios e sociosanitarios no Sistema Público de Saúde de Galicia.
-Coñecer a unidade e o centro sanitario onde realiza as prácticas clínicas.
-Coñecer o plan de actuación en caso de urxencias.
-Proceder correctamente nas medidas de autoprotección.
-Coñecer os apartdos máis importantes da historia clínica e de enfermaria , a súa cobertura, os aspectos máis relevantes da autonomía do usuario/paciente e a confidencialidade dos datos.
-Coñecer e detallar a estrutura, organización e funcionamento das unidades donde realiza as prácticas tuteladas e as funcións do persoal.
-Aplicar correitamente os pasos aprendidos do Proceso de Atención de Enfermería (PAE).
-Ter certa capacidade na utilización informática dos plans de coidados (Programa Gacela).
-Coñecer o perfil dos pacientes atendidos na consulta, unidade ou servizo.
-Saber utilizar a documentación clínica, a historia clínica e de enfermería.
-Manexar e utilizar correitamente os procedementos, protocolos e guías clínicas da unidade ou servizo donde realiza as prácticas tuteladas.
-Realizar eficazmente o acollemento, información e orientación do usuario, familia e/ou entorno.
-Aplicar axeitadamente os coidados de enfermería, técnicas e procesos de rexistro e información.
-Traballar axeitadamente con todo o equipo de salud.