G2031244 - Enfermaría de Saúde Laboral (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivos da materia
1- Coñece-las definicións e a doutrina legal básica en relación coa Saúde Laboral no que toca a conceptos fundamentais como a enfermidade laboral, o accidente de traballo ou a Lei de Saúde Laboral.
2- Entende-las circunstancias que inflúen desfavorablemente sobre o traballo, tales como a inadaptación laboral, o paro ou o absentismo.
3- Comprende-las características que configuran o que é a organización do traballo ou a ergonomía.
4- Valorar algunhas circunstancias en relación co traballo que poden influir negativamente sobre a saúde do traballador, como podería se-lo ruido ou a multitude de sustancias tóxicas que se relacionan coa maioría dos traballos, máxime os de tipo industrial.
5- Achegarse á realidade da patoloxía que pode derivarse de determinados traballos no noso medio, como son o traballo agrícola ou o de enfermaría, sen esquecer aqueles oficios nos que a responsabilidade do traballador rebasa o ámbito da súa propia persoa, como pasa nos conductores, aviadores ou mariños que ademáis traballan nun medio moi especial.
6- Comprende-lo especial alcance e significación de patoloxías íntimamente relacionadas con traballos concretos, como son a dermatose profesional, a coniose e certos cancros de tipo profesional.
7- Valorar en especial as consecuencias desfavorables do traballo sobre a saúde, rémoras que provocan o recoñecemento dunha invalidez.
ContidosMÓDULO 1
1.- Concepto de saúde e a súa definición. Normas básicas para a mellora da saúde. Indicadores socio-económicos-sanitarios referidos a España, Galicia e Lugo para remarca-lo que a saúde ten de benestar social.
2.- Concepto de traballo. Valoración do traballo. Concepto de saúde ocupacional e de mediciña do traballo.
3.- A enfermidade profesional. Definición. Cadro de enfermidades profesionais (RD 1299/07).
Estado actual da enfermidade profesional en Lugo.
4.- O accidente laboral. Definición. Excepcións consideradas como accidente laboral. Causas más correntes dos accidentes laborais. Sinistralidade actual en España, Galicia e Lugo.
5.- Lei de Prevencións de Riscos Laborais. Dereitos e obrigas dos traballadores.
6.- Os servicios de prevención na empresa. Competencias. O persoal de enfermaría nos servicios de prevención.
MÓDULO 2
7.- Absentismo. Factores determinantes. Tipos de absentismo. Indicadores de absentismo.
8.- O paro. Consecuencias do paro. Estado actual do problema.
9.- Inadaptación laboral. Causas. Efectos.
10.- O ocio. Problemática do ocio.
11.- A fatiga.
MÓDULO 3
12.- Organización do traballo. Tipos de organizacións do traballo. Tendencias actuais. Ritmos de traballo.
13.- Ergonomía. Definición. Obxectivos. Ramas.
14.- Carga de traballo físico. Factores intrínsecos e extrínsecos.
15.- Ordenación do traballo. Arquitectura dos locais de traballo. Condicionantes sanitarios.
MÓDULO 4
16.- O ruido e as radiacións ionizantes. Efectos patolóxicos. Medidas de protección.
17.- Sustancias tóxicas máis usuais no medio laboral. Descripción das principais. Medidas profilácticas.
18.- Recoñecementos médicos laborais. Tipos.
19.- O estrés. A súa influencia a efectos laborais.
20.- Riscos laborais máis frecuentes no persoal de enfermaría. O problema dos VIH, VHB e VHC.
21.- O traballo feminino e as súas características diferenciais. Outros traballos de carácter especial: conductores, mariños e mineiros.
22.- O problema dos manipuladores de alimentos. Enfermidades máis comúns por esa causa.
23.- O traballo agrario e as súas características especiais.
MÓDULO 6
24.- O cancro ocupacional.
25.- As enfermidades laborais de orige profesional. O problema da coniose.
26.- A dermatose profesional.
27.- Repercusións patolóxicas de causa laboral a nivel de determinados órganos e aparatos, concretamente as afeccións cardiolóxicas, hepáticas, neurolóxicas, hematolóxicas e renais.
MÓDULO 7
28.- Invalidez. Lexislación que a regula. Tipos. Incidencia. Causas que a motivan con maior frecuencia.
Bibliografía básica e complementariaEnciclopedia de Mediciña, Hixiene e Seguridade no Traballo da OIT. Referente básico consultado especialmente para delimitar as carácterísticas máis concretas de certos traballos.
Manual de Saúde Laboral de Sanz-Gallén. Útil para o referente a riscos concretos de certos traballos así como para patoloxías de eles dimanante.
Mediciña do Traballo de Desoille e Martí. Consultado por causa das características do traballo e os seus métodos.
Manual de Saúde Pública e Hixiene de Piédrola e Domínguez. Referente obrigado. Usado para circunstancias en relación co traballo.
Tratado de Mediciña Interna de Farreras e Rozmán. Outro referente básico.
Guías de valoración do Menoscabo Permanente do Instituto Nacional de Mediciña de Seguridade no Traballo. Tamén un referente polo seu contido. Conten toda a lexislación vixente que atañe a invalidez e saúde laboral e refirese especialmente ó cancro ocupacional.
RD 1995/78. Referente á enfermidade profesional.
RD del 22 de abril de 1956. Referido ó accidente laboral.
RDL 1/94. De consulta obrigada por modificar parcialmente ós anteriores.
L 31/95. Conten a normativa actual sobre saúde laboral e servicios de prevención.
Anuario de El País 1999. Útil para indicadores económicos e sociais.
Anuario da saúde de El País (1.995 ). Útil para indicadores sanitarios.
Jano, Atención Primaria (1.997 ). Tamén útil para indicadores sanitarios.
A Nosa Saúde en Cifras. Igualmente usado para consulta de indicadores sanitarios.
Revista Jano. Un referente para a actualidade médica.
Diario Médico. Outro referente da actualidade médica.
Diarios El Progreso, La Voz de Galicia e El Mundo. Consultados para a máxima vixencia e actualidade dos datos susceptibles de variar
CompetenciasCompetencias especificas da materia:
-Recoñecer e previr os riscos relacionados coa actividade laboral.
-Diferenciar os riscos relacionados co traballo hospitalario.
Resultados que adquire o alumno:
-Detecta precozmente alteracións laborais, por medio de obtención de información e análise a nivel individual e colectivo.
-Reduce ou elimina riscos laborais, mediante intervención individual e colectiva.
-Capacita á poboación traballadora para mellorar o seu nivel de saúde e a súa resistencia fronte aos riscos laborais.
Metodoloxía da ensinanza As clases impártense buscando a maior simpatía do alumno cara a materia impartida.
No desenrolo das clases inténtase que a participación sexa máxima, dando entrada a cualquera intervención ou iniciativa do alumno, sempre que entre no ámbito do asumible.
Naturalmente que as vivencias do profesor no desenrolo do seu traballo como Xefe de Equipo de Valoración Médica de Invalideces de Lugo e antes como Xefe da Área de Saúde Laboral do SERGAS de Lugo son importantes na exposición da materia; exposición que se aviva co relato de feitos reais que foron valorados polo profesor no exercicio da súa función médica.
Non se pode ignorar que a asignatura e o seu programa foron concebidos desde a realidade desta provincia e desta rexión galega, adaptando tódolos datos á realidade vivida eiquí, de tal xeito e maneira que esta mesma materia impartida noutra rexión distinta podería presentar algunha variación.
Sistema de evaluaciónA evaluación da materia impartida realizarase a partires dun exame escrito no que o alumno desenrolará un tema explicado previamente durante o curso.
Este profesor valora calquera indicio expresivo do interese do alumno pola materia impartida, tal como a presencia continuada a clase e desde logo intervencións pertinentes. Recaba-la atención do profesor en titorías tamén é valorado positivamente.
Cabe tamén demostrar suficiencia no coñecemento desta materia ó realizar algún traballo concreto relacionado coa materia, aínda que sempre dacordo co profesor que terá autorizada a realización de tal traballo.
Este profesor valoraría moi negativamente – e tal posibilidade nunca se deu – unha actitude irrespetuosa do alumno cara a él ou cara ós seus compañeiros. Igualmente consideraría unha conducta moi indigna por parte do alumno a súa actuación fraudulenta nun exame, o que nunca pasou, de todo o que o profesor alégrase, agradecendo a simpatía e a receptividade que o alumnado demostra cara á SAÚDE LABORAL.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo individual da materia: 27 horas.
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 24 horas
Elaboración de casos ou similares: 19 horas
Total de horas de traballo persoal do estudante: 70 horas