G2031245 - Antropoloxía da Saúde (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Introducir ó estudante nos conceptos de Antropoloxía, Etnografía no campo de la saúde.
-Coñecer os diferentes epígrafes da Antropoloxía da Saúde, Antropoloxía Médica, Antropoloxía dos Coidados ...
-Analizar á luz antropolóxica as diferentes presentacións do binomio saúde /enfermidade.
-Coñecer cal é o alcance da antropoloxía da saúde.
-Aprender a utilizar e aplicar as ferramentas da antropología para a mellora da actuación profesional no ámbito sanitario.
ContidosI- Definicións e antecedentes.
Introducción.
Definicións.
Historia da Antropoloxía: inicios da Antropoloxía, os precedentes da Antropoloxía na
antigüidade, o avance dende a Idade Moderna, dende a Antropoloxía no século XIX, a
antropoloxía na actualidade.
Subdivisións e relacións con outras disciplinas.
Análise dos factores culturais.
Obxecto e método da Antropoloxía da Saude,
Enfoques da antropoloxía.
II- A investigación en Antropoloxía.
III- Aplicación práctica da Antropoloxía na saúde:
Análise dos profesionais da saúde.
Antropoloxía da enfermidade.
Antropoloxía da morte.
Cultura dos coidados.
Enfermaría transcultural.
IV- Prácticum
Aplicación do Método Antropolóxico
Observación participante
Metodoloxía etnográfica.
Bibliografía básica e complementariaOBRIGATORIA:
Harris,Marvin. Antropología Cultural. Alianza editorial. Madrid. 1999
Alvaro Bernalte Benazet, Maria Teresa Miret García, Silvia Rico Botella. Introducción a la antropología de la salud, la enfermedad y los sistemas de cuidados. Libros en Red 2007
RECOMENDADA:
Comelles, Joseph Maria; Martorell, María Antonia; Bernal, Mariona. Enfermería y Antropología. Padeceres,cuidadores y cuidados. Icaria. Institut catalá d’Antropología 2009
Debra, Adelaida. Como decir adios. Lumen, Barcelona 2009
Fernández Molina, Miguel Angel.Antropología de los cuidados. CECOVA.Alicante.2006
García Sabell. Paseata arredor da morte. Galaxia.Vigo 1999
Gondar Portasany,Marcial. Crítica da razón galega. Entre nós-mesmos e nós-outros. Edit.A Nosa Terra.Vigo.1993
Gondar Portasany,Marcial. ¿Qué é a antropoloxia aplicada?. Edit Unidixital. Santiago de Compostela.2003
Hammersley, Martyn; Atkinson, Paul. Etnografía. Edit Paidós. Barcelona 2001
Kérouac,Susan;et al, El pensamiento enfermero.
Elsevier Masson.Barcelona 1996.Reimpresión2007
Lis Quibén,Victor. La medicina popular en Galicia.Akal.Madrid.1980
Lisón Tolosana,Carmelo. Endemoniados en Galicia hoy. Akal universitaria, Madrid 1990
Maglio,Paco. La dignidad del otro. Puentes entre la biología y la biografía.
Buenos Aires. Libros del Zorzal 2008
Montesó Curto,Pilar. Mujeres y enfermería:cambio social.Silva editorial.Tarragona.2011
Marriner Torney, Ann; RaileAlligood,Martha.
Modelos y teorías de enfermería.Elsevier.Barcelona.2003
VelascoMaillo,Honorino; Díaz de Rada,Angel. La lógica de la investigación etnográfica. Un modelo de trabajo para etnografos de escuela. Edit. Trotta Madrid 2009 6ª edit.
VelascoMaillo,Honorino; Díaz de Rada,Angel.et alt. La sonrisa de la institución. Confianza y riesgo en sistemas expertos. Editorial Universitaria Ramón Areces. Madrid. 2006
VVAA . I Coloquio de Antropología de Galicia. Museo do Pobo Galego 4-6 febreiro 1982. Edicións do Castro, A Coruña 1984
VVAA . Medicina popular e antropoloxía da Saude.Actas do Simposio Internacional en homenaxe rendida a D. Antonio Fraguas. Consello da Cultura galega 1997
Competencias- Potenciar a adquisición de coñecementos que expliquen e contextualicen o mundo da saúde
dende o prisma humanístico da antropoloxía.
- Adquirir habilidades para identificar problemas, persoas e institucións que coa sua producción
contribuen ó desenvolvemento da saúde no individuo.
- Adquirir habilidades na busca de datos, documentación, a súa interpretación e aplicación nas
ciencias da saúde.
- Obter as habilidades para empregar, de forma coherente, as humanidades no campo da saúde.
Metodoloxía da ensinanza Dinámica de traballo:
A través da participación profesor/alumno nas sesións expositivas e interactivas.
Integración teórico-práctica en todas e cada una das unidades didácticas que compoñen o programa.
Exposición teórica, debate, traballo práctico, exposición, discusión.
Seminarios, con exposición dos diferentes puntos de vista sobre os diferentes temas a tratar.
Titorías individualizadas para solucionar os casos particulares e personalizados de cada alumno, con respecto á materia.
Recursos ou Materiais a utilizar durante o desenvolvemento da materia:
Cine (documentais e filmes),
Literatura e fotografía de diferente temática:
Biografías
Minorías
Emigración
Inmigración
Anciáns e nenos
Sexualidade en tódolos seus apartados e xéneros
Alienación
Violencia e Guerra
Relacións home/muller
Estado da enfermidade: aguda/ crónica, epidemias, accidentes y situacións consecuentes
Morte/dor
Historias de hospital e outros escenarios sanitarios, de profesionais/ usuarios.
Sistema de evaluaciónO temario consta dunha parte teórica e unha parte práctica. A avaliación realizarase independente e obrigatoriamente, da parte teórica e da parte práctica de que consta o programa.
A avaliación será continuada, o que leva consigo a asistencia as sesións presenciais, segundo marcan os Estatutos da USC.
1.-No que se refire á parte teórica o alumno realizará diferentes probas, tanto orais como escritas, no transcurso das sesións expositivas e interactivas que se realicen durante o desenvolvemento do programa da materia, e que se irán marcando na medida en que se vaia desenrolando o curso.
Esta metodoloxía leva consigo a obrigatoriedade da asistencia ás sesións expositivas e
interactivas da materia impartida durante o curso.
2.-No que respecta á parte práctica, en fecha pre-determinada o alumno presentará e defenderá o seu traballo de investigación de antropoloxía da saúde na aula.
Valoración e puntuación das probas de avaliación:
A suficiencia dos coñecementos adquiridos na materia será conseguida polo alumno como sumatorio do resultado das probas teóricas por una banda e das practicas por outra. Cada una delas será puntuadas de 0 a 10, debendo superar (en cada una) de media o 5 (que supón o mínimo para a suficiencia)
A incomparecencia a unha das partes (tanto teórica como práctica) supón a non presentación na materia.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo estimado, individual do alumno será de 40 horas.
Para realizar o traballo de investigación 60 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendase o alumno levar un diario de traballo da asignatura e ir anotando nel dúbidas e problemas que se vaia encontrando no desenvolvemento das diferentes materias, para poder compartilas e solucionalas.