Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Enfermaría (Lugo)  »  Información da Materia

G2031322 - Enfermaría do Ciclo Vital: Materno-Infantil I (Ciencias da Enfermaría) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Lugo
  • Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Núñez García, Arturo.NON
Pena Meilán, María Consolación.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    COMPETENCIAS XERAIS:

    Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa.
    Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
    Contidos
    MÓDULO I
    -A Enfermería Maternoinfantil. Reseña histórica. Actualidade.
    -Anatomía e fisioloxía do sistema reprodutor feminino.
    -O ciclo reprodutivo feminino.
    -A vida sexual da muller.
    -A reproducción.


    MÓDULO II
    -A promoción da saúde prenatal.
    -O embarazo normal. As primeiras etapas.
    -Os anexos fetales e a placenta.
    -Diagnóstico de embarazo: os coidados de saúde para a muller embarazada.
    -Os coidados de saúde á xestante: os controles prenatais.
    -O Coidado prenatal: Exploracións e probas prenatais.
    -Asistencia prenatal: os hábitos alimentarios.


    MÓDULO III
    -Coidados de enfermería ás embarazadas con problemas: os trastornos hemorráxicos.
    -A interrupción do embarazo. Aborto. Coidados de enfermería na metrorragia no primeiro trimestre.
    -A embarazada diabética.
    -O embarazo patolóxico: embarazo ectópico, metrorraxias do II e III trimestre.Coidados de enfermería.
    -As enfermidades infecciosas e a hipertensión.

    MÓDULO IV
    -Parto e puerpério
    -Parto normal: Definición, elementos e prazos
    -Actuación de enfermería no parto.
    -Alteracións do parto: parto prematuro e sufrimento fetal.
    -O parto vaxinal. Cesaréa. Coidados post-operatórios.
    -As intervencións obstétricas. O coidado de enfermaría.

    MÓDULO V
    -Coidados de enfermaría no climaterio.
    -Alteracións da menstruación.
    -Tumores xinecolóxicos.
    -Coidados de enfermaría á paciente xinecolóxica.
    Bibliografía básica e complementaria
    -Towle, Mary Ann. Asistencia de enfermería materno-neonatal. Ed. Prentice Hall, 2010
    -Torrens Sigalés, RM, Martínez Bueno, C. Enfermería de la mujer. Ediciones DAE, 2001
    -Perry, Cashion, Lowdermilk. Maternidad y salud de la mujer. Ed. Mosby, 2008
    -Patricia W. Ladewig, Marcia L. London, Susan Moberly, Sally B. Olds. Enfermería maternal y del recién nacido. Ed. McGraw-Hill.Interamericana, 2006
    -Williams. Obstetricia. Editorial Panamericana , 2003. 21ª ediccion
    -J. Lombardia. M Fernández. Ginecología y Obstetricia. Ed. Panamericana, 2007
    -S.G. Gabbe; J.R. Niebyl; J.L. Simpsom. Obstetricia (Hospital Manual). Ed. Marban
    -T. H eather Herdman, PhD, RN (editores). NANDA Internacional DIAGNÓSTICOS ENFERMEROS: DEFINICIONES Y CLASIFICACIÓN 2009-2011. Elsevier, 2010.
    -McCloskey Dochterman J., Bulechk Gloria M (editoras). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Elsevier.
    -Moorhead S., Johnson M., Maas M. Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Elsevier-Mosby
    -http://www.fisterra.com
    -http://www.index-f.com/index-enfermeria/revista.php
    -http://www.sergas.es/muller/docs/es/PMG03.pdf
    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:

    Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa. Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
    Adquirir capacidade para considerar os coidados emocionais, físicos e persoais, incluíndo satisfacer as necesidades de confort, nutrición e hixiene persoal e permitir o mantemento das actividades cotiás (utilizando as habilidades).

    RESULTADOS QUE DEBE ADQUIRIR O ALUMNO:

    Recoñece en detalle os procesos normais, para que poida identificar as complicacións e comprender as súas implicacións para os coidados.
    É capaz de recoñecer e valorar as crenzas culturais da enfermeira e a muller para resaltar o amplo espectro da diversidade étnica e os seus efectos sobre os coidados da maternidade e a saúde das mulleres.
    Coñece a importancia da dinámica familiar para satisfacer as necesidades específicas de cada muller, incluíndo os membros da familia e os achegados ao plan de coidados.
    Demostra os efectos do uso da investigación na práctica de enfermaría dedicada aos coidados da maternidade.
    Desenvolve unha reflexión de tecnoloxías e políticas en reprodución e en saúde feminina á luz do seu potencial para influír sobre o benestar dos seres humanos.
    Destaca aspectos éticos relacionados coa enfermaría da maternidade e da saúde das mulleres.
    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva:
    O desenvolvemento da materia contén a exposición na aula, para transmitir conceptos ou principios elementais dos temas dunha forma organizada e nunha secuencia lóxica, para logo o estudante proceder ao estudo destes baseándose nos apuntamentos tomados en clase e na consulta dos libros de texto suxeridos na bibliografía.
    Situación: Primeiro cuadrimestre
    N.º horas presenciais: 18
    N.º horas estudo individual non presencial:27

    Docencia interactiva:
    Para os efectos de lograr unha maior comprensión dos contidos, realizaranse seminarios, talleres, visualización de vídeos ou desenvolvemento de debates, etc que mediante o traballo conxunto do profesor e un grupo reducido de alumnos estuda intensivamente un tema en sesións planificadas, recorrendo para iso a fontes orixinais e autorizadas de información.
    Sala de simulación: Adquisición de habilidades para garantir unhas prácticas seguras, realizando a práctica segundo o procedemento explicado.
    N.º horas presenciais: 18
    N.º horas de estudo non presencial: 43
    Titorías grupales:
    Pensadas para atender as necesidades de formación complementaria, así como para guiar o estudante no cumprimento das metas académicas do grupo.
    Así mesmo son un espazo de comunicación para que os estudantes poidan revisar e discutir temas de interese, inquietudes e preocupacións.
    N.º horas presenciais: 2, 25 horas
    Sistema de evaluación
    A avaliación continua da materia realizarase segundo os seguintes criterios:

    - Avaliación de coñecementos (representará o 80% da cualificación final), esta avaliación realizarase mediante proba escrita.

    - Avaliación de habilidades (representará o 15% da cualificación final), está avaliación efectuarase mediante a realización e exposición de traballos individuais ou grupales.

    - Avaliación de actitudes (representará o 5% da cualificación final), esta avaliación realizarase mediante a atención e participación en clases expositivas, interactivas e de sala de simulación e poderá sumar ou restar na cualificación final.


    Para superar a materia o alumno deberá obter, como mínimo, unha cualificación de 5 na proba de coñecemento escrito (obterase mediante a media ponderada desta).
    Os estudantes que obtivesen esta cualificación mínima poderán incorporar á cualificación final o resto das porcentaxes expostas anteriormente.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    -Estudo individual: 27 horas.
    -Lecturas e actividades recomendadas: 24 horas.
    -Traballo persoal para prácticas de simulación: 19 horas.
    -Total de horas de traballo persoal do estudante: 70 horas.