Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Enfermaría (Lugo)  »  Información da Materia

G2031328 - Enfermaría da Saúde Mental (Ciencias da Enfermaría) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Lugo
  • Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Centro: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Rivas Carro, Mario Alberto.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    . Adquirir os coñecementos referentes ao coidado das alteracións psiquiátricas que se producen no individuo.

    . Fomentar o aspecto educativo, previndo a aparición de trastornos psicopatolóxicos e desenvolvendo hábitos saudables para a saúde mental.

    . Desenvolver a actividade profesional con plena satisfacción, seguridade e garantía, abranguendo os seguintes aspectos:


    1. Axudar ao paciente e familia no desenvolvemento de actividades de fomento e protección de saúde mental.

    2. Actuar como elemento favorecedor de comunicación no ámbito profesional e persoal.

    3. Fomentar unha actitude crítica, tolerante e respectuosa que facilite o desenvolvemento da súa actividade profesional, social e persoal.

    4. Planificar e prestar coidados de enfermaría a pacientes con sintomatoloxía psiquiátrica sobreengadida ao seu proceso orgánico.

    5. Definir as características da saúde mental e os criterios de desviación de enfermidade.

    6. Posuír as aptitudes e desenvolver as actitudes necesarias, para desenvolver coidados de enfermaría que lle permitan realizar intervencións satisfactorias co paciente, familia e comunidade.


    Contidos
    MÓDULO I: Fundamentos dos Coidados de Enfermaría en Saúde Mental.

    Contidos:

    1. Evolución histórica da enfermidade mental. Modelos explicativos da enfermidade psiquiátrica.

    2. Concepto de saúde mental. Aspectos legais e éticos. Situación actual da Saúde Mental e Psiquiátrica. Rede asistencial.

    3. Modelos de enfermaría aplicados ao campo da Saúde Mental.


    MÓDULO II: Coidados de enfermaría a pacientes con trastornos da saúde mental.

    Contidos:


    4. Trastorno mental orgánico. DSM-IV.Demencias. Delirium. Síndrome amnésica. Valoración e plans de coidados de enfermaría.

    5. Drogodependencias. Conceptos. Clasificación. Valoración e plans de coidados de enfermaría.

    6. Trastornos Psicóticos. A Esquizofrenia. Tratamentos das psicoses. Valoración e plans de coidados de enfermaría.

    7. Trastornos do humor, afectivos ou do ánimo. CIE-10. Valoración e plans de coidados de enfermaría.

    8. Trastornos de ansiedade. Formas clínicas. Valoración e plans de coidados de enfermaría.

    9. Trastornos da personalidade. Curso e prognóstico. Diagnóstico. Comorbilidade. Valoración e plans de coidados de enfermaría.

    10. Trastornos da conduta alimentaria. Concepto. Tratamento. Valoración e plans de coidados de enfermaría.

    11. Trastornos do sono. Fases e funcións do sono. Hixiene do sono e normas hixiénicas.

    12. Tratamentos biolóxicos. Principios xerais de psicofarmacoloxía. Clasificación de psicofármacos. Coidados de enfermaría ante os diferentes fármacos.

    13. A terapia electroconvulsiva (TEC). Mecanismo de acción. Indicacións. Contraindicacións. Preparación e accións de E. Material e coidados de Enfermería

    14. Enfermería de salud mental infanto-juvenil. Valoración e plans de coidados de enfermaría.

    15.Gerontopsiquiatría. Valoración e plans de coidados de enfermaría.

    16. Novas psicoterapias e os seus tipos. Tratamiento específico de acontecimientos traumáticos, notificación/manexo de novas, enfermedades crónicas, duelo/perdas. Cuidado do paciente e do profesional.

    Bibliografía básica e complementaria
    Alexander MF; Runciman PJ (2003). Marco del CIE para las competencias de la enfermera generalista. Ginebra: CIE
    Ajuriaguerra, J., Marcelli, D.: Manual de psicopatología del niño. Ed. Toray- Masson.

    ARIAS,MªT. REYES,L.(2006). Drogas información y Enfermería. Neos

    Borrell i Carrió F. Entrevista clínica. Manual de estrategias prácticas. Barcelona: Ediciones semfyc; 2004.

    Castilla-Del pino C. El delirio, un error necesario. Barcelona: Ediciones Novel; 1998.

    Cibanal-Juan L, Arce-Sánchez MC, Carballal-Balsa MC. Técnicas de comunicación y relación de ayuda en ciencias de la salud. Madrid: Elsevier; 2003.

    Cook, J. S., Fontaine, K. L. : Enfermería psiquiátrica. 2ª edición. Ed. Interamericana.
    Cuidados de Enfermería en Salud Mental. Eby. Brown. 2ª Edición.Pearson
    ENFERMERIA DE SALUD MENTAL Y PSIQUIATRICA. Guía Práctica de Valoración y Estrategias de Intervención. Joana Fornés Vives, María Consuelo Carballal Balsa. Ed. Panamericana.

    ENFERMERIA DE SALUD MENTAL Y PSIQUIATRICA. Planes de Cuidados. Joana Fornés Vives. Ed. Panamericana. POLETTI,R. Aspectos psiquiátricos de los cuidados de enfermería. Rol
    Exley, K. y Dennick, R. (2007) Enseñanza en Pequeños grupos en Educación Superior. Madrid: Narcea. Págs. 85-102.

    GAIL W.STUART,MICHELE T.LARAIA .(2006)8.Enfermería Psiquiátrica. Principios y práctica. Elsevier. Mosby Madrid

    Geekie J. Escuchar las voces que oímos. En: Read J, Mosher LR, Bentall RP. Modelos de locura. Barcelona: Herder; 2006.

    Hayflick, L., Barcia, D., Miquel, J.: Aspectos actuales del envejecimiento normal y patológico. Editorial Libro del año.

    Isaacs, A.: Enfermería de salud mental y psiquiatría.2ª edición. Ed. Interamericana.

    Jiménez-Busselo MT, Aragó-Domingo J, Nuño-Ballesteros A, Loño-Capote J, Ochando-Perales G. Atención al paciente agitado, violento psicótico en urgencias: un protocolo pendiente para una patología en aumento. Anales de Pediatría. 2005
    Johson. B: Enfermería de Salud Mental y Psiquiátrica. Adaptación y crecimiento, Tomo I y II. McGraw-Hill. Interamericana, cuarta edición. Madrid 2001.

    Kaplan, Sadock: Manual de bolsillo de psiquiatría clínica, LWW, 2008

    Manual de Enfermería Psiquiátrica. Servicio de Psiquiatría del Hospital Nuestra Sra. De Gracia de Zaragoza. 2003.

    Miller WR, Rollnick S. La entrevista motivacional. Preparar para el cambio de conductas adictivas. Barcelona: Paidós, 1999.

    MORALES, P. Y LANDA, V. (2004). Aprendizaje basado en problemas, en Theoria, Vol.13. Págs. 145-157.

    Morrison, M.(1999):Fundamentos de enfermería en Salud Mental. Mosby. Madrid.

    Pelletier, L. R.: Enfermería psiquiátrica. Estudio de casos, diagnósticos y planes de cuidados. Ed. Doyma

    Peplau H. Relaciones interpersonales en Enfermería. Barcelona: Mason-Salvat; 1992.

    . Perona-Garcelán S, Cuevas-Yust C, Martínez-López MJ. Guía de tratamientos psicológicos eficaces en delirios y alucinaciones. En: Pérez-Álvarez M, Fernández-Hermida JR, Fernández-Rodríguez C, Amigo-Vázquez I (coordinadores). Guía de tratamientos psicológicos eficaces I. Adultos. Madrid: Ediciones Pirámide; 2005.

    Ramos-Brieva JA. Contención mecánica. Restricción de movimientos y aislamiento. Manual de uso y protocolos de procedimiento. Barcelona: Masson; 1999.
    Revista de Educación a Distancia. Docencia Universitaria en la Sociedad del Conocimiento. Nº1

    Rodrigo MT, Fernandez C, Navarro MV. Los Diagnósticos Enfermeros: Revisión Crítica y Guía Práctica. Barcelona: Masson, 2000

    Sheerwod G, Adams-McNeill J, Stark P, Nieto B, Thompson C. Qualitative assessment of hospitalized patient's satisfaction with pain management. Research in Nursing & Health. 2000; 13:486-95.

    SHIVES,L.R.(2005)6. Enfermería Psquiátrica y de Salud Mental: Conceptos básicos.McGraw-Hill. Interamericana.madrid

    Schultz, J. M., Dark, S. L.: Enfermería psiquiátrica. Planes de cuidados.

    Servicio de Innovación Educativa. Universidad Politécnica Madrid. 2008. Aprendizaje Basado en Problemas

    Valbuena Briones, A. : Toxicomanías y alcoholismo. Problemas médicos y psiquiátricos. Ed. Masson-Salvat.

    Vallejo Ruiloba: Tratado de psiquiatría. Ars Médica, 2005

    Vallejo Ruiloba J. Introducción a la psicopatología y la psiquiatría. 5ª ed. Barcelona: Masson; 2005.

    VV.AA. DSM-IV TR. Breviario Criterios diagnósticos. Masson 2002


    WEBGRAFÍA: Direccións de Internet recomendadas e enlaces de interese:

    www.anesm.net/anesm (Asociación Nacional de Enfermaría de Saúde Mental)

    http://www.nureinvestigacion.es/ enlaces_nure.cfm?ID_MENU=256 (Revista Científica de Enfermaría)

    http://www.index-f.com/presencia/revista.php (Revista de Enfermaría de Saúde Mental)

    www.pnsd.msc.es (Plan Nacional sobre Drogas)

    www.fad.es (Fundación de Axuda contra a Drogadicción)

    http://www.ieanet.com/general (Instituto para o Estudo das Adiccións)

    http://www.doc6.es/index/consulta.html CUIDEN

    http://www.ub.es/aentde/welcome.htm (AENTDE Asociación Española de Nomenclatura, Taxonomía e Diagnósticos de Enfermaría)

    http://bdie.isciii.es/. Base de datos científica de Enfermería

    http://redalyc.uaemex.mx/redalyc/pdf/299/29901314.pdf].ABP

    http://www.aneca.es/modal_eval/docs/libroblanco_jun05_enfermeria.pdf




    Competencias
    Identificar os fundamentos teóricos da enfermaría en saúde mental.

    Establecer unha relación significativa e terapéutica co Paciente/Familia.

    Coñecer o funcionamento da rede de saúde mental.

    Determinar as funcións de enfermaría na comunidade.

    Describir o concepto de ámbito terapéutico.

    Aplicar modelos de coidados de enfermaría en saúde mental.

    Describir a implicación de enfermaría na metodoloxía terapéutica.

    Recoñecer as diferentes manifestacións de enfermidade da Saúde Mental.

    Identificar as necesidades de Enfermaría nos diferentes trastornos da Saúde Mental.

    Desenvolver plans de coidados para pacientes/familias con trastornos da Saúde Mental



    Metodoloxía da ensinanza
    Clases Expositivas:


    Exposición dos temas tratados nos contidos promovendo a participación e a escoita activa , ó diálogo interactivo docente/discente bidireccional utilizando como material de apoio ás diapositivas e apuntes preparados previamente. Estas dispositivas e apuntes tenderán a ser moi claros, con pouco texto, moitas imaxes, rótulos claros e concisos, reflectindo o máis salientable en primeiro lugar.

    Estructuración da clases ou docencia expositiva:

    1) Breve presentación do tema a desenrrolar, obxetivos a acadar .
    2) Desenrrollo do mesmo.
    3) Resumo e ideas máis importantes extraídas no grupo, dudas e preguntas.


    Clase Interactiva Laboratorio:



    Elaboración en grupos de estudio e análise de casos clínico, elaboración de plans de coidados, avaliando actitudes e as habilidades en procedementos específicos necesarios para o coidado do paciente con problemas psiquiátricos.

    Os alumnos en subgrupos deben simular experiencias utilizando as técnicas de desempeño de roles( role-playing), mediante distintas dinámicas, e nos talleres adquirirán a habilidade suficiente para proporcionar coidados en todalas áreas clínicas, directamente encaminadas a su desampeño real con pacientes en áreas de rehabilitación, hospital de día e hospitalización de agudos/ crónicos.

    Tamén se realizarán lecturas de bibliografía recomendada, textos didácticos para a súa posterior discusión.

    Traballos en equipos ou grupos así como exposicións orais de ditos traballos

    Posibilidade de asistencia a charlas de expertos en distintas materias dentro dos coidados de enfermería o paciente e o familiar con patoloxía mental.


    Clase Interactiva Seminario:



    Implicación de enfermaría nos seguintes procedementos diagnósticos e terapéuticos e prácticas simuladas/sala de demostración ou Obradoiros de Coidados de Enfermaría en:


    . Elaboración Historia clínica de enfermaría psiquiátrica. Entrevista clínica

    . Terapia electroconvulsiva. Mantemento de vía aérea.

    . Procedementos de avaliación do paciente con alteracións mentais e psiquiátricas.

    . Suxección mecánica ao paciente en crise.

    . Técnicas de administración de medicación en pacientes con trastornos psiquiátricos agudos.

    . Técnicas de autocontrol, relaxación e afrontamento en estrés.

    . Técnicas de habilidades sociais e comunicación con colectivos con especiais limitacións

    . Técnicas de solución de problemas/conflictos indivividuiais e inter e intragrupos.


    Realizaranse dinámicas grupais, adxuntaranse apuntes, test, escalas, exercicos , bibliografía para acadar as destrezas necesarias.


    Asimesmo, proyección de vídeos, DVDs, documentais coas actividades a realizar pre e postvisionado

    Nas proyeccións de material audiovisual os temas que se traten serán de actualidade e con relación cos cuidados de la saúde mental, xerando a participación e o enriquecemento formativo.


    Horas de Titorías grupais/individuais:


    Actividades grupais que fomenten o aprendizaxe creativo en grupos de máis ou menos 6 estudantes.
    “ 6 sombreros para pensar “ de Edward de Bono
    Actividades telemáticas dos distintos sistemas alternativos e aumentativos para a comunicación SACS, tanto con axuda externa coma sen axuda externa en colectivos con especiais dificultades para a comunicación. Patoloxías coma Sordoceguera, afasias, parálisis, demencias tipo Alzheimer, e todalas dentro da saúde mental
    Diagramas en espina de pescado , o de Ishikawa en Resolución de problemas e Cuestionario para observadores en habilidades de comunicación verbal y no verbal nas presentación orais dos distintos traballos e memorias.
    Exercicios de Escoita activa. Cuestionarios. Avaliacións por grupos intra e inter grupos
    Talleres de visualización creativa. Proyección e catarsis. Musicoterapia con música biolateral.
    Manexo de distintas Escalas maís utilizadas no eido clínico coma as de Depresión , Ansiedade, Demencia, Indices de Barthel, Philadelphia, Cruz Roja, Lawton y Brody.

    Tamén nestas titorías trataranse de resolver cuestións docentes tanto de contido coma procedimentais sempre de interés e carácter grupal atendendo ás necesidades concretas do alumno/grupo en cuestión, favorecendo o aprendizaxe constructivo, creativo e significativo tanto individual coma colectivo

    Para todo isto, tomarei coma referencia metodolóxica o aprendizaxe baseado nos problemas ABP "un método de aprendizaxe baseada no principio de usar problemas como punto de partida para a adquisición e integración dos novos coñecementos".

    Nesta metodoloxía os protagonistas da aprendizaxe son os propios alumnos, que asumen a responsabilidade de ser parte activa no proceso, defendendo o enfoque de aprendizaxe activa diriamos que "a aprendizaxe baseada en problemas representa unha estratexia eficaz e flexible que, a partir do que fan os estudantes, pode mellorar a calidade da súa aprendizaxe universitaria en aspectos moi diversos". Axudamos o alumno a desenvolver e a traballar diversas competencias. Entre elas:

    Resolución de problemas

    Toma de decisión

    Traballo en equipo

    Habilidades de comunicación (argumentación e presentación da información)

    Desenvolvemento de actitudes e valores: precisión, revisión, tolerancia...

    Identificación de problemas relevantes do contexto profesional

    A conciencia da propia aprendizaxe
    A planificación das estratexias que se van utilizar para aprender:
    O pensamento crítico
    A aprendizaxe autodirixida
    As habilidades de avaliación e autoavaliación
    A aprendizaxe permanente e o desenvolvemento do razoamento eficaz e a creatividade.
    Esta metodoloxía favorece a posibilidade de interrelacionar as distintas materias ou disciplinas académicas.para integrar o aprendizaxe Para intentar solucionar un problema os alumnos poden (e é aconsellable) necesitar recorrer a coñecementos de distintas materias xa adquiridos. Isto axuda a que os estudantes integren nun "todo" coherente as súas aprendizaxes.








    Sistema de evaluación
    A avaliación será contínua: constará de dúas partes principais:

    1.Asistencia e puntuación nas clases teóricas e puntuación nos exames de proba obxetivas ou mixtas do programa teórico da materia.

    2.Asistencia e participación nas clases prácticas/interactivas, seminarios, laboratorios, titorías, nos traballos, e na exposición oral dos mesmos tanto individual coma grupal, asignando una nota independente o grupo e una o estudante e o seu desempeño, autoavaliación e co-avaliación.

    É obrigatoria a entrega das tarefas teóricas e/ou prácticas asignadas nos períodos de tempo especificados no momento da proposta, e o non realizalo sen xustificación implica o seu suspenso.

    O cómputo final da cualificación da materia obterase de sumar o 70% correspondente á cualificación da parte teórica (é necesario aprobalo para poder aprobar a materia) e o 30% das outras actividades prácticas realizadas na materia ao longo do ano (asistencia ás prácticas, traballos de prácticas, exposición de traballos, exposición de casos, notas/anotacións persoais do profesor, participación e interese).




    A valoración final terá en conta a adecuación entre parte teórica e práctica e o bo aproveitamento do alumno en ambalas partes ao longo de todo o curso, Para poder aprobar esta materia hai que aprobar de maneira independente os contidos teóricos, proba obxetiva/mixta xunto cos prácticos/interactivos.



    O exame teórico constará dunha proba obxectiva e/ou de varias preguntas tipo test ou pregunta curta. No exame en formato de proba obxectiva a cualificación de aprobado é a partir de 5,00, sendo necesario ter ben máis do 50 % das respostas.


    Na parte que sexa tipo test ás respostas mal contestadas restarán N- 1, e segundo a fórmula seguinte e a calificación final resultará:

    A (ACERTOS ) - E (Erros) / N ( nº de alternativas) - 1

    No caso de suspender a materia, o alumno deberá recuperar toda a parte
    teórica na seguinte convocatoria, independentemente de se aprobou
    algún exame parcial.




    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo autónomo/individual: 60 horas
    Realización de traballos: 15 horas
    Actividades de biblioteca e similares: 15 horas
    Total horas traballo persoal de estudante: 90 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir regularmente ás clases teóricas e prácticas da materia.
    - Implicarse activamente na dinámica das clases teóricas.
    - Facer e entregar nos prazos fixados os traballos planificados ao longo do curso.
    - Participar activamente nas clases prácticas
    - Dedicar desde o comézo do curso, ininterrompidamente, un tempo semanal para a preparación da materia, tanto nos seus aspectos teóricos como prácticos