G2021103 - Estatística e Metodoloxía da Investigación (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Estatística e Investigación Operativa
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Estatística e Investigación Operativa
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia consta de dúas partes (Estatística e Metodoloxía da Investigación). Os obxectivos son os seguintes:
- Familiarizar ao alumnado coas técnicas básicas da estatística, tanto descritiva coma inferencial, e a súa aplicación nas Ciencias da Saúde en xeral, e na Enfermaría en particular.
- Manexar un loxical estatístico que permita a análise de datos obtidos nunha investigación biomédica.
- Valorar a importancia da estatística como ferramenta para acceder ao coñecemento científico e aprender a valorar críticamente a información procedente de informes de investigación en función da súa rigorosidade na aplicación da estatística e das conclusións extraídas das análises realizadas.
- Introducir ao alumno da metodoloxía de investigación, resaltando a importancia da formulación de hipóteses adecuadas, uso de bases de dados informatizadas e a definición da poboación diana.
- Coñecer as vantaxes e desavantaxes dos diferentes métodos de recollida de información nos estudos sanitarios.
- Reflexionar sobre as implicacións éticas de calqueira estudo ou intervención sanitaria.
ContidosPARTE 1. ESTATÍSTICA
Tema 1. Estatística descritiva.
1.1 Conceptos xerais.
1.2 Distribución de frecuencias.
1.3 Representacións gráficas.
1.4 Medidas características: posición, dispersión e forma.
1.5 Descritiva bidimensional. A recta de regresión.
Tema 2. Probabilidade.
2.1 Conceptos básicos de probabilidade.
2.2 Probabilidade condicionada e independencia.
Tema 3. Variables aleatorias.
3.1 Concepto de variable aleatoria.
3.2 Variable aleatoria discreta. A distribución Binomial.
3.3 Variable aleatoria continua. A distribución Normal.
Tema 4. Introdución á inferencia estatística.
4.1 Introdución á inferencia estatística.
4.2 Métodos de mostraxe.
4.3 Distribucións na mostraxe en poboacións normais.
4.4 Estimación de parámetros: estimación puntual e estimación por intervalos.
Tema 5. Contraste de hipóteses.
5.1 Introdución aos contrastes de hipóteses.
5.2 Procedemento de contraste.
5.3 Contrastes nunha e en dúas poboacións.
5.4 Contrastes no modelo de regresión lineal simple.
5.5 Contrastes de independencia e normalidade.
Prácticas de aula de informática
Práctica 1. Introdución a SPSS. Estatística descritiva.
Práctica 2. Regresión e dependencia de variables.
Práctica 3. Contraste de hipóteses.
PARTE 2. METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN
Tema 1. Filosofía da ciencia. Etapas do método científico. Revisión da literatura e formulación de hipotesis.
Tema 2. Metodoloxía da investigación epidemiolóxica.
Tema 3. Tipos de variables, escalas de medida e probas diagnósticas.
Tema 4. Poboación e mostra. Validez externa e interna.
Tema 5. Recollida de datos. Cuestionarios.
Tema 6. Consideracións éticas na investigación.
Bibliografía básica e complementariaPARTE 1. ESTATÍSTICA
BÁSICA
Crujeiras Casais, R.M. e Faraldo Roca, P. (2010) Manual de Estadística Básica para Ciencias de la Salud. Unidixital.
Rius Díaz, F. e Barón López, F.J. (2005) Bioestadística. Thompson-Paraninfo.
Milton, J.S. (2007) Estadística para Biología y Ciencias de la Salud. McGraw-Hill.
COMPLEMENTARIA
Cao Abad, R. e outros (2001) Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Ediciones Pirámide.
Quesada, V. e outros (1996) Estadística para Biología y Ciencias de la Salud. Interamericana-McGraw-Hill (3ª edición).
Rosner, B. (2000) Fundamentals of Bioestatistics”.Wadsworth Publishing Company. Duxbury Press (5ª edición).
PARTE 2. METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN
- Piédrola Gil et al. Medicina preventiva y salud publica. 11ª Edición. Barcelona: Masson, 2008.
- Notter LE, Hott JR. Principios de investigación en enfermería. Barcelona: Doyma, 1992.
- Rivadulla Rodríguez A: Filosofía actual de la ciencia. Madrid: Editorial Tecnos, 1986.
- Echevarría J. Introducción a la metodología de la ciencia. Barcelona: Editorial Barcanaova, 1989.
- Polit D, Hunglet B. Investigación científica en ciencias de la salud. Mexico: Interamericana, McGraw-Hill, 1994.
- Rebagliato M, Ruiz I, Arranz M. Metodología de investigación en epidemiología. Ed Díaz de Santos. 1996. Con explicaciones sencillas recorre todos los pasos en el diseño de investigaciones, desde búsqueda de literatura, elaboración de hipótesis y diseño de cuestionarios. Muy recomendable para no iniciados.
- Ahlbom A, Norell S. Fundamentos de epidemiología. Ed Siglo XXI. 1995. Manual muy práctico con ejercicios y ejemplos sobre aspectos básicos de epidemiología.
- Coggon D, Rose G, Barker DJP. Epidemiology for the uninitiated. Fifth Edition. BMJ group. 2003. Libro corto sobre fundamentos de epidemiología. Muy sencillo de leer.
- Argimón JM, Jiménez Vila J. Métodos de investigación aplicados a investigación primaria de salud. Ed Mosby/Doyma libros. 1994. Libro con ejemplos prácticos de investigación en clínica. Trae información detallada sobre cálculo de tamaños muestrales y contraste de hipótesis.
- Manual de método epidemiológico. http://www.isciii.es/htdocs/publicaciones/documentos/2009-0843_Manual_epidemiologico_ultimo_23-01-10.pdf
Competencias- Coñecer os conceptos básicos da estatística descritiva, da probabilidade e da inferencia estatística, e a súa aplicación nas Ciencias da Saúde.
- Ser capaz de deseñar e desenvolver estudos estatísticos no ámbito biomédico, utilizando programas informáticos para o tratamento estatístico de datos e interpretar os resultados obtidos.
- Ser capaz de entender e interpretar análises estatísticas na literatura biomédica.
- Ser consciente do grao de subxectividade das conclusións derivadas de resultados estatísticos.
- Coñecer os diferentes procesos do método científico.
- Coñecer as diferencias entre poboación e mostra.
- Valorar os diferentes métodos de recollida de información nos estudos sanitarios e seleccionar o máis adecuado para cada momento.
- Coñecer os diferentes tipos de variabeis e as suas desventaxas e vantaxes.
- Entender os conceptos de risco, incidencia e prevalencia.
- Coñecer os principios éticos que deben ter todos os estudos sanitarios.
Metodoloxía da ensinanza ESTATÍSTICA
Docencia expositiva (12 horas): nas sesión de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se resolverán algúns problemas tipo, de xeito que o alumnado poida traballar sobre os boletíns de exercicios que se lle facilitarán. No tocante ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario.
Docencia interactiva (12 horas): parte das sesións de docencia interactiva levaranse a cabo na aula de informática, onde se introducirá ao alumnado no manexo do SPSS para a análise estatística de datos. Nesta sesión, tamén se traballará sobre os casos clínicos compartidos coas outras materias do curso. Para o seguimento das clases prácticas, facilitarase ao alumnado os guións das prácticas. A outra parte da docencia interactiva realizarase na aula de clase e estará encamiñada á resolución de problemas
Titorías: as titorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe do alumnado. Nas sesión de titoría realizarase un seguimento do traballo do alumnado tanto nos casos prácticos coma na resolución dos boletíns de problemas.
METODOLOXÍA DE INVESTIGACIÓN.
Docencia expositiva: ver o apartado de estatística
Docencia interactiva: algunhas clases faranse na aula de informática, onde os alumnos aprenderán a facer pesquisas bibliográficas en bases de dados automatizadas. Noutros seminarios faranse exercicios con casos reais para desenrolar os conceptos das clases teóricas.
Titorías: están destinadas a solucionar as dúbidas dos alumnos sobre a asignatura.
Sistema de evaluaciónA materia consta de dúas partes (Estatística e Metodoloxía da Investigación), que terán un peso do 50% sobre a nota final. Para a superación da materia, será preciso obter un mínimo de 3 puntos sobre 10 en cada unha das partes. A avaliación da cada parte será como segue:
PARTE 1. ESTATÍSTICA
Avaliación continua (25%): a avaliación continua contempla varias probas ao longo do curso, incluíndo entre elas a resolución e entrega de casos prácticos que proporá o profesorado.
Para a súa avaliación será necesario asistir ao 75% das sesións interactivas, como mínimo. Esta cualificación consérvase entre convocatorias do mesmo curso académico.
Curso virtual de Formación en Competencias informacionais en Enfermaría (5%).
Exame final (70%): o exame final constará de varias cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co loxical estatístico utilizado na docencia interactiva.
O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o meso (30%).
PARTE 2. METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN
Avaliación continua (25%): a avaliación continua farase coa entrega de exercicios propostos polo profesor e/ou presentación de traballos en clase. Estes traballos son obrigatorios. Para que as actividades consten na avaliación final e para que o alumno teña dereito a presentarse ao examen final, deberá asistir como mínimo ao 75% das clases tanto expositivas como interactivas . Para controlar a asistencia, o profesorado rexistrará aos alumnos mediante lista de firmas o chamando aos alumnos en clase.
Curso virtual de Formación en Competencias informacionais en Enfermaría (5%).
Examen final (70%): consistirá na resolución de cuestións prácticas e teóricas sobre o contido da asignatura, xeralmente mediante proba de tipo test o de preguntas curtas. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (xullo) será o mesmo que na sesión ordinaria, ou sexa que o alumno deberá ter cumprido todos os requisitos de presencia e de presentación de exercicios e traballos que para a sesión ordinaria.
Sistema de avaliación do alumnado repetidor: mesmo réxime de avaliación que o alumnado ordinario
Presentación á avaliación: considérase que o alumno concorre a unha convocatoria cando participa en actividades que lle permitan obter, cando menos, un 50% da avaliación final
Tempo de estudo e traballo persoalNesta materia, o alumnado conta con 48 horas de docencia presencial (24 horas de docencia expositiva e 24 horas de docencia intactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario arredor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía). No tocante á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a revisión do que se traballou na clase. A maiores, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas (dos boletíns da materia ou da bibliografía recomendada).
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguemento e superación da materia. O alumnado deberá realizar tódalas actividades recomendadas polo profesorado (resolución de problemas, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
ObservaciónsO material docente estará a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC. Preténdese que esta plataforma sexa a principal canle de comunicación co alumnado.