Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

G2021142 - Coidados de Enfermaría en Patoloxías Buco-Dentarias (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enfermaría
  • Áreas: Enfermaría
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ VARELA, JUAN MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Ao finalizar o estudo desta materia o alumno debe ser quen de:
    - Describir os coñecementos necesarios das patoloxías bucodentais.
    - Adquirir as habilidades que lle permitan explorar os signos clínicos, poñer en práctica técnicas e coidados propios da enfermaría en patoloxías bucodentais.
    - Desenvolver plans de asistencia, seleccionar e darlle prioridade ás medidas de prevención das patoloxías máis importantes, fundamentalmente no ámbito da atención primaria.

    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO
    TEMAS:
    Tema 1.- Anatomía oral e maxilofacial.
    Tema 2.- Microbioloxía oral.
    Tema 3.- Erupción. Proceso eruptivo normal e patolóxico. Maloclusións. Prevención. Intervención de enfermaría.
    Tema 4.- Hixiene oral. Placa bacteriana e mecanismos de control.
    Tema 5.- Carie: etioloxía. Prevención e control. Tratamento. Aspectos de enfermaría. Planificación en atención primaria.
    Tema 6.- Enfermidade periodontal. Etioloxía, diagnóstico e tratamento. Aspectos de enfermaría
    Tema 7.- Dieta, fluor, nutrición e saúde oral. Actuación de enfermaría.
    Tema 8.- Lesións premalignas da cavidade oral. Cancro de cara, boca e gorxa. Prevención. Actuación de enfermaría.
    Tema 9.- Traumatoloxía dento alveolar e maxilofacial. Prevención e tratamento de urxencias.

    SEMINARIOS
    Programaranse 3 horas a seman de seminarios en grupos de 20 alumnos. Pretendese o desenrolo do portafolios do alumno. Nestes seminarios os alumnos realizaran definicións de proxectos, lectura, resúmenes e comentarios críticos da documentación aportada polo profesor (artículos científicos, capítulos de libros ou monografías). Desenrolaran actividades de definicións de búsquedas bibliográficas sobre os temas aportados. Realizarán ditas búsquedas.
    Os alumnos realizarán neste periodo traballos individuais de cada un dos temas a partir das definicións de búsqueda bibliográfica.

    Bibliografía básica e complementaria
    • Anatomía para odontólogos. Tillman Marban. 1998.
    • Anatomía. Lippert. Marban. 1999.
    • Atlas de diagnóstico funcional y principios terapéuticos e odontología. Bumann. Masson. 2000.
    • Atlas de patología oral. Reichart. Masson. 2000.
    • Atlas de periodoncia. Rateitschak. Masson-Salvat. 1993.
    • Caries. Thylstrup. Ediciones Doyma. 1988.
    • Cirugía maxilofacial. Raspall. Panamericana. 1977.
    • El fluor en la prevención de la caries dental. Smyth Ernesto. Díaz de Santos. 1992.
    • Manual de urxencias bucodentarias. Galego Pablo. Xunta de Galicia. 1995.
    • Medicina bucal. Bascones. E Avances. 1991.
    • Oclusión. Ash. Ramfjord. MacGraw-Hill Interamericana.1996.
    • Odontología en atención primaria. Suárez Quintanilla Juan. Instituto Lacer de salud buco-dental.2000.
    • Odontología preventiva y comunitaria. Emili Cuenca. Masson.1999.
    • Odontología preventiva. Silverstone. Edicións Doyma.1980.
    • Odontopediatría. Barbería Leache. Masson.1995.
    • Patología dentaria. Nada.-Valldaura. E. Rondas. 1987.
    • Tumores de cara, boca, cabeza e garganta. Raspall. 2000.

    Competencias
    - Manexar as follas de rexistro.
    - Manexar e coñecer os sistemas de exploración.
    - Recoñecer as actuacións de enfermaría no campo da saúde oral e bucodental.
    - Executar programas de prevención das patoloxías orais.

    Metodoloxía da ensinanza
    O instrumento metodolóxico a aplicar nesta asignatura e o “portafolios do alumno”. Instrumento altamente intuitivo e de desenrrolo de capacidades individuais de estructuración do coñecemento. Dito instrumento esta amplamente documentado na literatura pedagóxica.
    As partes básicas de este instrumento estructuranse en
    Aportacións do profesor:
    - Lección con apoio de medios audiovisuais, dos temas básicos teóricos. Trátase de introducir ao alumno nun aspecto teórico.
    - Aportación de material de discusión e de desenrrolo de cada parte teórica.
    - Aportación de outro material para a sús discusión nos seminarios.

    Sistema de evaluación
    Avaliación continua e global.
    Asistencia ás actividades e clases.
    Traballo do alumno.
    Método de avaliación:
    - O instrumento de evaluación e o portafolios. Nel valoraranse:
    • Claridad expositiva.
    • Orixinalidade.
    • Nivel de definición de búsqueda bibliográfica.
    • Aportación de evidencias.
    • Definición de obxetivos e de búsquedas bibliográficas.
    • Estructuración do portafolios.
    • Presentación do portafolios.
    • Outras aportacións do alumno
    - Traballo de campo sobre un aspecto da materia.
    - Asistencia a clases e seminarios.

    Os alumnos faran una autoevaluación razoada do seu traballo, expoñendo e razoando dita autoevaluación.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    - 10 horas de docencia teórica.
    - 30 horas de docencia de seminarios.
    - 72,5 horas de dedicación e traballo persoal.