G2021201 - Informática Aplicada á Enfermaría (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCOMPOÑENTE TEÓRICA
• Achegamento ao alumnado ás novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
• Descrición das posibilidades que estas tecnoloxías ofrecen no ámbito sanitario.
• Introducir e describir Internet como unha nova canle de comunicación nos procesos de intercambio de información usándoo como canle de soporte para moitos dos procesos utilizados nos sistemas sanitarios.
• Achegamento a tecnoloxías relacionadas con realidade virtual e realidade aumentada e as súas posibilidades no mundo da saúde.
COMPOÑENTE PRÁCTICA
• Adquirir coñecementos básicos na utilización de ferramentas informáticas necesarias para solicitar, preparar e presentar documentación relacionada coa Saúde.
• Aprender a manexar software para aproveitar no sector sanitario as novas tecnoloxías emerxentes.
ContidosTEORÍA
1. Introdución ao computador
2. Ofimática xeral e multimedia
3. Internet
4. Web 2.0
5. Tecnoloxías emerxentes
PRÁCTICAS
1. Creación e mantemento dun blog
2. Procura de información sanitaria e realización dunha presentación multimedia.
3. Preparación de documentación con ferramentas de ofimática
Bibliografía básica e complementariaForneceráselle aos alumnos toda a bibliografía necesaria a través do portal de e-learning da Universidade
CompetenciasXenerais:
• Coñecer os sistemas de información sanitaria.
Transversais:
• Capacidade de análise e síntese.
• Capacidade de organización e planificación.
• Comunicación oral e escrita tanto en lingua nativa como estranxeira.
• Capacidade de xestión da información.
• Traballo en equipo.
• Aprendizaxe autónoma.
• Creatividade.
• Motivación pola calidade.
Específicas:
• Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
• Coñecemento relevante e capacidade para aplicar tecnoloxía e informática aos coidados de saúde.
• Coñecemento relevante e capacidade para aplicar principios de investigación e información.
• Capacidade para informar, rexistrar, documentar e derivar coidados utilizando tecnoloxías adecuadas.
Metodoloxía da ensinanza • Exposicións orais dos contidos teóricos fomentando a atención dos alumnos mediante curiosidades e/ou anécdotas relacionadas coa material.
• Desenvolver o temario seguindo unha orde ascendente na complexidade dos contidos.
• Proporanse seminarios preparados polos alumnos sobre temáticas relacionadas co temario que o complementen partindo de diferentes premisas definidas polo profesor. A asistencia a estes seminarios é obrigatoria.
• Realizaranse exercicios prácticos que lles permitan levar á práctica os coñecementos teóricos aprendidos utilizando o hardware e software idóneos.
• As tutorías e aclaración de dúbidas realizaranse a través da plataforma virtual ou do correo electrónico: pedro.saco@usc.es
Sistema de evaluación40% exame teórico + 50 % proxecto práctico + 10% Traballo teórico
O traballo teórico consistirá na presentación dun informe escrito e defendido en público sobre un tema seleccionado entre un conxunto proposto polo profesor ou un tema relacionado coa Saúde exposto polo grupo e aprobado polo profesor.
O traballo final do curso é a realización en grupo dun Blog de temática libre dentro da contorna sanitaria no cal se incluirá texto, imaxes, gráficos e datos preparados en Excel, vídeos, ... e un informe en PDF do desenvolvemento realizado. A avaliación deste proxecto será:
• Sistema desenvolvido: 90%
• Informe do traballo: 10%
A presentación oral do traballo teórico realizarase a última semana do período de clases teóricos da materia.
A data límite para a entrega do traballo final será o día de realización do exame teórico.
A cualificación mínima admisible, no exame teórico e o proxecto práctico, é de 4 sobre 10.
Considerarase a condición de NON PRESENTADO só aos alumnos que non realicen o exame teórico.
Tempo de estudo e traballo persoalPara as clases teóricas o alumno debería dedicarlle 1 hora por cada hora presencial. Para a preparación dos seminarios cada alumno debería dedicarlle 16 horas. Para os traballos prácticos e o traballo final o alumno debería dedicarlle 20 horas ademais das horas de prácticas presenciais. Para a preparación do exame 8 horas levando a materia ao día. Iso dá un total de 48 horas presenciais e 68 horas de traballo persoal.