G2021202 - Farmacoloxía (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enfermaría, Farmacoloxía
- Áreas: Enfermaría, Farmacoloxía
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO alumno ao superar esta materia deberá permitirlle:
1.- Coñecer as accións farmacolóxicas e as posibles reaccións adversas e interaccións farmacolóxicas para poder administrar con eficacia e seguridade os medicamentos
2.- Coñecer as situacións fisiolóxicas e patolóxicas que modifican a resposta aos medicamentos
3.- Coñecer as bases farmacolóxicas do tratamento das enfermidades que afectan aos diferentes aparatos e sistemas
4.- Recoñecer e ser capaz de utilizar as diferentes fontes de información relacionadas coa farmacología
ContidosBloque I: Principios xerais
Tema 1. - Introdución á farmacoloxía. Conceptos xerais
Tema 2. - Farmacocinética: absorción, distribución, biotransformación e eliminación dos fármacos
Tema 3. - Mecanismo de acción dos fármacos
Tema 4. - Reaccións adversas dos medicamentos e interaccións farmacolóxicas
Práctica 1. - Fontes de información sobre medicamentos (1ª parte)
Práctica 2. - Fontes de información sobre medicamentos (2ª parte)
Práctica 3. - Administración de medicamentos. Dosificación e cálculo da dose prescrita
Bloque II: Farmacoloxía do Sistema Nervioso Autónomo
Tema 5. - Fármacos adrenérxicos e bloqueantes adrenérxicos
Tema 6. - Fármacos colinérxicos e anticolinérxicos
Tema 7. - Fármacos anestésicos locais
Bloque III: Farmacoloxía da dor e a inflamación
Caso clínico I: Valoración dos efectos terapéuticos e reaccións adversas dos antiinflamatorios non esteroideos (AINES). Valoración dos efectos terapéuticos e reaccións adversas dos fármacos analxésicos opioides. Tratamento da dor para enfermaría. Escala analxésica da dor
Bloque IV: Farmacoloxía do Sistema Nervioso Central
Tema 8. - Fármacos ansiolíticos e hipnóticos
Tema 9. - Fármacos antidepresivos. Fármacos antipsicóticos
Tema 10. - Fármacos antiepilépticos. Fármacos antiparkinsonianos
Tema 11. - Anestesia xeral
Bloque V: Farmacoloxía do Sistema Cardiovascular
Tema 12. - Fármacos utilizados no tratamento da insuficiencia cardíaca e das arritmias. Accións, efectos e aplicacións clínicas
Caso clínico II (1ª parte): Valoración das accións farmacolóxicas, efectos terapéuticos e reaccións adversas dos fármacos antianxinosos. Manexo do tratamento antianxinoso agudo e crónico en enfermaría. Valoración das accións farmacolóxicas, efectos terapéuticos e reaccións adversas dos fármacos utilizados no tratamento da hipertensión arterial. Fármacos utilizados na profilaxe e tratamento da arterioesclerosis
Bloque VI: Farmacoloxía do Sistema Hematopoiético
Caso clínico II (2ª parte): Fármacos utilizados no tratamento das anemias
Tema 13. - Fármacos utilizados nos trastornos da coagulación sanguínea
Bloque VII: Farmacoloxía do Aparato Respiratorio
Tema 14. - Fármacos antitusígenos, mucolíticos e expectorantes. Terapéutica antiasmática
Bloque VIII: Farmacoloxía do Aparato Dixestivo
Tema 15. - Fármacos utilizados nas enfermidades do aparato dixestivo: patoloxía da motilidade e da secreción dixestiva
Bloque IX: Farmacoloxía do Sistema Endocrino
Tema 16. - Fármacos reguladores da glicemia
Tema 17. - Fármacos glucocorticoides. Hormonas tiroideas
Tema 18. - Hormonas sexuais. Control farmacolóxico da fertilidade
Bloque X: Terapéutica antiinfecciosa
Tema 19. - Principios xerais da utilización de antiinfecciosos. Antibióticos betalactámicos
Tema 20. - Antibióticos aminoglucósidos. Glucopéptidos
Tema 21. - Macrólidos, quinolonas e outros antibióticos. Fármacos tuberculostáticos
Tema 22. - Antisépticos xerais e locais
Tema 23. - Fármacos antifúnxicos. Fármacos antivíricos
Bloque XI: Antineoplásicos e inmunosupresores
Tema 24. - Quimioterapia antineoplásica. Terapia inmunológica
Bibliografía básica e complementaria1.- FARMACOLOGIA EN ENFERMERIA. Silvia Castells y Margarita Hernández. Ed. Elsevier, 2007
2.- FARMACOLOGÍA PARA ENFERMERAS. Consuelo Rodríguez, Alfonso Garfias. Ed. Mc Graw Hill, 2007
3.- FARMACOLOGIA CLINICA PARA ENFERMERIA J.M. Mosquera, P. Galdos. Ed. Mc Graw-Hill Interamericana, 2005
4.- FARMACOLOGIA PRACTICA. J.I. de Ahumada Vázquez, MªL Santana, J Serrano. Ed. Díaz de Santos, 2002
5.- FARMACOLOGIA Y PRACTICA DE ENFERMERIA. Enrique Pacheco del Cerro. Ed. Masson, 2000
6.- FARMACOLOGÍA. Rang y Dale. Ed. Elsevier, 2008
7.- FARMACOLOGÍA HUMANA. J. Flórez. Ed Elsevier Masson, 2008
Competencias1.- Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación e os mecanismos de acción destes.
2.- Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
3.- Capacidade para administrar con seguridade fármacos e outras terapias
Metodoloxía da ensinanza A docencia desenvolverase en clases expositivas dos contidos teóricos do programa, e clases prácticas e discusión de casos clínicos cunha orientación bibliográfica nas que o alumno desenvolverá, analizará e expoñerá contidos da materia e adquirirá as competencias desta
Sistema de evaluaciónDiscusión de casos clínicos: realizarase unha avaliación continuada de competencias específicas a través da tutorización dos traballos individuais e en grupo que o estudante realice. Representará o 10% da cualificación final.
Prácticas: Avaliarase a adquisición dalgunhas competencias específicas. Representará o 10% da cualificación final
Proba obxectiva: Exame tipo test. Catro opcións de resposta con só unha verdadeira. Por cada tres respostas erróneas descontarase unha das respostas acertadas. Representará o 80% da cualificación final
Na convocatoria de Xullo, os alumnos deberán realizar unicamente a proba obxectiva, xa que se terá en conta a cualificación correspondente á discusión de casos clínicos e as prácticas realizadas durante o curso.
A falta de asistencia inxustificada aos seminarios e prácticas, e a non realización dos traballos que se soliciten, será motivo de suspenso da asignatura.
Tempo de estudo e traballo persoal36 horas de estudo individual.
36 horas para a realización de traballos, lecturas e busca bibliográfica
18 horas de traballo persoal para a elaboración dos traballos e memorias de prácticas
Total de traballo autónomo: 90 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ao alumno facer uso das titorías fóra do horario lectivo para poder axudalo a planificar o seu traballo, suxeríndolle metodoloxía e bibliografía e avaliar de xeito individual a progresión dos coñecementos adquiridos
ObservaciónsTanto na discusión dos casos clínicos como nas prácticas é obrigatoria a participación dos alumnos, é polo tanto necesaria a preparación previa dos contidos do programa que se desenvolverán neles.