Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

G2021221 - Enfermaría Comunitaria I (Ciencias da Enfermaría) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CAAMAÑO ISORNA, FRANCISCO.NON
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO.NON
González González, Cristian Manuel.NON
TARACIDO TRUNK, MARGARITA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIL_07HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo/CLIL_08HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecer as diversas formas de comprender a idea de saúde e a súa repercusión na práctica da enfermaría; mostrar capacidade para adaptarse a idea de saúde das persoas a quen prestan coidados, e coñecementos suficientes para axudarlles a enriquecer dita idea persoal.
    2. Mostrar habilidades metodolóxicas que lle permiten axudar ás persoas, grupos e comunidades a promover e protexer a saúde,así como a previr a doenza, tanto a nivel persoal como comunitario.
    3. Coñecer os principais factores que determinan a saúde das persoas, e ser quen de seleccionar información relevante e recomendacións con rigor científico en relación aos mesmos.
    4. Valorar, desde a perspectiva de enfermaría, a presenza de factores de risco e protectores da saúde humana.
    5. Ser quen de identificar, analizar e interpretar resultados de distintas fontes de datos demográficos.

    Contidos
    Bloque I: CONCEPTOS

    Tema 1. Concepto de saúde e saúde Pública.


    Bloque II: METODOLOXÍA EPIDEMIOLÓXICA

    Tema 2. Concepto e usos da epidemioloxía
    Tema 3. Medidas de frecuencia. Epidemiloxía descriptiva
    Tema 4. Estudos experimentais.
    Tema 5. Estudos de cohortes
    Tema 6. Estudos de casos e controis.
    Tema 7. Causalidade

    Bloque III: AMBIENTE e SAÚDE

    Tema 8. Ecoloxía e saúde.
    Tema 9. Contaminación atmosférica.
    Tema 10. A auga. Problemas e depuración.
    Tema 11. Xestión dos residuos
    Tema 12. Contorno humano e saúde.

    BLOQUE IV: EPIDEMIOLOXÍA e PROFILAXE das DOENZAS TRANSMISIBLES

    Tema 13. Epidemioloxía xeral das doenzas transmisibles.
    Tema 14. Profilaxe xeral das doenzas transmisibles.
    Tema 15. Epidemioloxía e prevención das doenzas de transmisión feco-oral.
    Tema 16. Epidemioloxía e prevención das doenzas de transmisión aérea.
    Tema 17. Epidemioloxía e prevención das doenzas transmitidas por contacto.
    Tema 18. Infección de orixe hospitalaria.

    SEMINARIOS

    EPIDEMIOLOXÍA (12 horas)
    Seminario 1 Incidencia e Prevalencia. Medidas de efecto
    Seminario 2 Ensaios clínicos.
    Seminario 3 Estudos de cohorte I
    Seminario 4 Estudos de cohorte II
    Seminario 5 Estudos de casos e controis I
    Seminario 6 Estudos de casos e controis II
    Seminario 7 Estudos de avaliación de probas diagnósticas. Outros deseños

    AMBIENTE (4 horas)
    Seminario 1 Cambio climático
    Seminario 2 Visita depuradora de augas residuais de Santiago

    TRANSMISIBLES (6 horas)
    Seminario 1 Actuación fronte a un abrocho de toxiinfección alimentaria
    Seminario 2 Papel da enfermería fronte a tuberculose
    Seminario 3 Análise dos indicadores de VIH/Sida

    Bibliografía básica e complementaria
    - Sierra Lopez A. et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva e Salud Pública. (11ª ed). Barcelona: Elsevier 2008.
    - Escuela Nacional de Sanidad (ENS). Instituto de Salud Carlos III - Ministerio de Ciencia e Innovación. Miguel Ángel Royo Bordonada, Javier Damián Moreno, “Método epidemiológico”. Madrid: ENS - Instituto de Salud Carlos III, Octubre de 2009.
    - De Irala J, Martínez-González MA, Seguí-Gómez M. Epidemiología Aplicada. 2º Ed. Barcelona: Ariel, 2008
    - Alhbon A, Norell S. Fundamentos de Epidemiología. 3º Ed. Madrid: Siglo XXI, 1992.
    - Rothman, K J. Epidemiology. An introduction. Oxford University Press, 2002.
    - Ministerio de Medio Ambiente. Perfil ambiental de España 2009. Disponible en: http://www.mma.es/portal/secciones/calidad_contaminacion/indicadores_ambientales/perfil_ambiental_2009

    Competencias
    1. Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
    2. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
    3. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-doenza.
    4. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender a as persoas en situacións de saúde e doenza como integrantes dunha comunidade.
    5. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
    6. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poblacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
    7. Educar, facilitar apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, doenza, incapacidade ou morte.

    Metodoloxía da ensinanza
    Bloques I, III e IV:
    Durante as clases expositivas (19 horas) presentaremos a parte teórica dos temas. As clases terán un formato de lección maxistral.

    Durante as clases interactivas (12 horas) traballaremos sobre problemas ambientais e abrochos de doenzas transmisibles, a través da proxección de vídeos e a exposición de casos.

    Bloque II:

    Durante as clases expositivas (5 horas) presentaremos esquematicamente a parte teórica dos temas. As clases terán un formato de lección maxistral.

    Durante as clases interactivas (12 horas) traballaremos sobre problemas. Os exercicios realizaranos os alumnos en casa e durante as clases se corrixirán e discutirán.

    É necesario levar calculadora científica, e recomendable ordenador portátil con Epidat 3.1 instalado.

    Epidat 3.1 así como o "Manual de método epidemiológico" están disponibles na web da materia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación do alumno farase en función dos seguintes parámetros:

    • Exame tipo test de toda a materia (Cuestións teóricas, teórico-prácticas e un problema de Epidemioloxía): 8 puntos
    • Avaliación continua:

    Controis tipo test nos seminarios dos bloques I, III e IV: 1punto
    Controis tipo test nos seminarios dos bloques II: 1punto

    Para superar a materia o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos.

    Na avaliación extraordinaria de Xullo, manterase o sistema de avaliación e o peso de cada parte

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais Horas de traballo autónomo Total
    Clases teóricas 24 40 64
    Seminarios 24 50 74
    Titorías 3 0
    Exames 2 0
    Total 53 90 148

    Observacións
    A materia impartirse en Galego (Bloque II, e os seminarios de Epidemioloxía ) e en Castelán (Bloque I, III, IV, e os seminarios de Ambiente e Transmisibles).