Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

G2021223 - Enfermaría Clínica I (Ciencias da Enfermaría) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 48.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 102.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enfermaría
  • Áreas: Enfermaría
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ VARELA, JUAN MANUEL.SI
GARCIA GARCIA, JOSE MARCELINO.NON
GONZALEZ PETEIRO, MARIA MERCEDES.NON
RODRIGO SAEZ, ELENA VIRGINIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIL_07HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo/CLIL_08HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Segundo se establece na Memoria do Grao Enfermeiro son:

    Coñecer os procesos que desencadean as enfermidades no ámbito da patoloxía cirúrxica e médica.
    Diferenciar os mecanismos e/ou problemas derivados das patoloxías máis comúnes dos diferentes aparatos e sistemas do organismo humano, o seu tratamento médico e cirúrxico.
    Domina os procedementos e intervencións precisas para proporcionar unha axeitada atención de enferrmería aos individuos con problemas médicos e cirúrxicos nos diversos aparatos e sistemas.
    Identificar e valorar as necesidades e/ou problemas ocasionados polas enfermidades, establecendo prioridades.
    Elaborar a planificación dos coidados de enfermaría para satisfacer as necesidades e/ou problemas identificados.
    Participar na execución e posterior avaliación do Plan de Coidados.
    Contidos
    Unidade temática 1. Introdución á Enfermaría Clínica.
    Tema 1.Valoración do paciente médico-cirúrxico. (Teoría/seminario)

    Unidade temática 2. Xeneralidades do proceso médico-cirúrxico.
    Tema 2.Área cirúrxica. Atención de Enfermaría no pre-operatorio, peri-operatorio e post-operatorio (Teoría/Seminario)
    Tema3. Asepsia e antisepsia. Procesos de esterilización. (Teoría/seminario)
    Tema 4. - Equilibrio hidroelectrolítico. Hemorraxia e hemostase. Shock. Actuación de enfermaría. (Teoría/seminario).
    Tema 5. - Respostas metabólicas á agresión. Inflamación. Infeccións cirúrxicas. Resposta inmunitaria á cirurxía. Actuación de enfermaría. (Teoría).
    Tema 6. - Feridas. Proceso normal e anómalo da cicatrización. Manexo de enfermaría (Teoría/seminarios)
    Tema 7. - Dor. Dor aguda postcirúrxica. Actuación de enfermaría. Traumatismos das partes brandas(Teoría/seminario)
    Tema 8. - Queimaduras. Úlceras por presión. Valoración clínica. Tratamento e coidados específicos de enfermaría. (Teoría/seminario)

    Unidade temática 3. Patoloxía do Sistema Vascular Periférico.
    Tema 9. - Signos e síntomas en relación cos trastornos do sistema circulatorio. Procedementos diagnóstico en patoloxía vascular. Valoración e diagnóstico de enfermaría (Teoría/Seminario)
    Tema 10. - Trastornos máis frecuentes asociados á hipertensión e hipotensión arterial sistémica. Coidados de enfermaría. (Teoría)
    Tema 11. - Enfermidades arteriais crónicas e agudas: Síndrome obstrutiva aguda e crónica. Coidados de enfermaría. (Teoría/seminario)
    Tema 12. - Enfermidades venosas. Varices. Enfermidade tromboembólica venosa. Coidados de enfermaría. (Teoría/seminario)

    Unidade temática 4. Trastornos do Sistema Respiratorio.
    Tema 13. - Signos e síntomas en relación cos trastornos do aparato respiratorio. (Teoría). Procedementos diagnósticos en patoloxía respiratoria. Valoración e diagnóstico de enfermaría (Seminario)
    Tema 14. - Síndromes obstrutivas e síndromes restritivas pulmonares. Coidados de enfermaría (Teoría)
    Tema 15. - Infeccións máis frecuentes en pneumoloxía. Coidados de enfermaría (Teoría/Seminario)
    Tema 16. - Traumatismos torácicos. Pneumotórax e Hemotórax. Coidados de enfermaría (Seminario)
    Tema 17. - Tumores de pulmón. Coidados de enfermaría. (Teoría)
    Tema 18. - O paciente intubado. Actuación de enfermaría. (Seminario)

    Unidade temática 5. Trastornos do Sistema Dixestivo.
    Tema 19. - Valoración de enfermaría e diagnósticos de enfermaría asociados a enfermidades do aparato dixestivo. Síntomas e signos en relación cos trastornos do aparato dixestivo. Procedementos diagnósticos. (Teoría)
    Tema 20. - Enfermidades máis frecuentes do esófago, estómago e intestino. (Teoría/seminario): tratamento médico/cirúrxico/atención de enfermaría.
    Tema 21. - Obstrución intestinal: tratamento médico/cirúrxico/atención de enfermaría (Teoría)
    Tema 22. - Trastornos de colon e ano-rectais: tratamento médico/cirúrxico/atención de enfermaría (Teoría/Seminario)
    Tema 23. - Ostomias. Requirimentos especiais de enfermaría. (Seminario)
    Tema 24. -Patologia hepática. Tratamento médico/cirúrxico/atención de enfermaría. Pancreatite. Tratamento/atención de enfermaría
    (Teoría/seminario)
    Tema 25. - Patoloxía das vías biliares. Tratamento médico/cirúrxico/atención de enfermaría. (Teoría/seminario).
    Tema 26. - Hernias da parede abdominal. Clasificación. Diagnóstico e tratamento. (Teoría/seminario).
    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    Enfermería Médico-Quirúrgica Vol I. Ed Pearson/Prentce Hall. 4ª Ed.2009.
    Enfermería Médico-Quirúrgica Vol II. Ed Pearson/Prentce Hall. 4ª Ed.2009.
    Revista periódica Enfermería Clínica. Ed. Elsevier. ISSN: 1130-8621. Disponible en http://www.elsevier.es/revistas/ctl_servlet?_f=7032&revistaid=35. En el apartado de opciones se puede acceder a publicaciones recientes ( Avance Online, Último número), de números anteriores (Números anteriores), planes de cuidados y técnicas de enfermería (Índice por secciones), etc.



    COMPLEMENTARIA
    Sociedades científicas: se dispone de publicaciones, protocolos de cuidados, libros de congresos con ponencias y comunicaciones, etc.
    AEEQ. Asociación Española de Enfermería Quirúrgica. Disponible en: www.aeeq.net
    Sociedad Española de Enfermería Intensiva y Unidades Coronarias. http://www.seeiuc.com/
    Asociación Española de Nomenclatura, Taxonomía y Diagnósticos de Enfermería
    AENTDE. http://www.ub.es/aentde/ Asociación Española de Enfermería Endoscópica Digestiva
    AEEED. http://www.prous.com/aeeed/
    Sociedad Española de Enfermería Oncológica. SEEO. http://www.seeo.org/
    GENEAUP. Grupo Nacional para el Estudio y Asesorameniento de ülceras por Presión y Heridas Crónicas. http://www.gneaupp.es/

    Competencias
    ORDE CIN/2134/2008
    1) Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.

    Libro branco da ANECA do Título de Grao de Enfermaría
    1) Capacidade para traballar dun xeito holístico, tolerante, sen axuizamentos, coidadoso e sensible, asegurando que os dereitos, crenzas e desexos dos diferentes individuos ou grupos non se vexan comprometidos.+
    2) Capacidade para axustar o seu papel co obxecto de responder efectivamente ás necesidades da poboación ou os pacientes. Cando sexa necesario e apropiado, ser capaz de desafiar os sistemas vixentes para cubrir as necesidades.+
    3) Capacidade para emprender valoracións exhaustivas e sistemáticas utilizando as ferramentas e marcos adecuados para o paciente, tendo en conta os factores físicos, sociais, culturais, psicolóxicos, espirituais e ambientais relevantes+.
    4) Capacidade para recoñecer e interpretar signos normais ou cambiantes de saúde / mala saúde, sufrimento, incapacidade da persoa (valoración e diagnóstico)+
    5) Capacidade para responder ás necesidades do paciente planificando, prestando servizos e avaliando os programas individualizados máis apropiados de atención xunto ao paciente, os seus coidadores e familias e outros traballadores sanitarios ou sociales+.
    6) Capacidade para cuestionar, avaliar, interpretar e sintetizar criticamente un abano de información e fontes de datos que faciliten a decisión do paciente+.
    7) Capacidade de facer valer os xuízos clínicos para asegurar que se alcanzan os estándares de calidade e que a práctica está baseada na evidencia+.
    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía do ensino
    Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia.
    Docencia interactiva: as sesións de docencia interactiva levaranse a cabo nas aulas seminario, onde se traballará sobre casos clínicos.
    Elaboración de traballos conxuntos e individuais. Elaboración dun portafolios do alumno, no que incluan o traballo individual do alumno
    Sistema de evaluación
    Avaliación sumativa que comprende un exame final 50% e traballo en grupos 20% nos seminarios de casos clínicos, e o portafolios individual do alumno o 30%.
    A cualificación final sobre dez (100%)
    Exames parcial e/ou final que representa o 50% da nota.
    Casos clínicos: 20% da nota. Realízanse mediante traballo en grupos. Demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas.
    O portafolios individual suporá un 30% da nota global e nel se valoraran aspecto relativos a presentación, búsqueda e manexo de recursos bibliográficos resolución de problemas e aportacións individuais do alumno. Terá igualmente que documentar cada un dos procedementos realizados nos laboratorios práctico-teóricos.
    A ASISTENCIA A DOCENCIA TEORICA E AOS SEMINARIOS E OBLIGATORIA. A ASISTENCIA AOS LABORATORIOS E OBRIGATORIA
    É IMPRESCINDIBLE SUPERAR AMBAS AS TRES AVALIACIÓNS PARA APROBAR A MATERIA.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por cada hora de docencia expositiva e interactiva, considérase necesario dedicar ao estudo 1.5 horas e 1,5 hora de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é obrigatoria para o seguimento e superación da materia.
    Por outra parte, o alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (resolución de problemas, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar a materia.
    Observacións
    O material docente poñerase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC ou impreso en servizo de reprografía.