G2021321 - Aspectos Éticos Legais da Profesión (Ciencias da Enfermaría) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 33.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
- Áreas: Medicina Legal e Forense
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAs metas que se pretenden alcanzar inclúen o dotar á futura enfermeira/ou dos coñecementos imprescindibles para un exercicio profesional legal e ético. Ao finalizar o curso coñecerán os límites da profesión e os dereitos dos pacientes así como poderase distinguir e discutir críticamente, no marco do seu exercicio profesional, sobre aquelas situacións sobre as que se exerce unha tutela clara por parte da lei daqueloutras nas que unicamente os aspectos éticos serán os que poden guiar os seus actos, aprendendo a valorar desde unha perspectiva ética e/ou legal os actos propios da súa profesión.
Para iso proporcionarase a terminología básica necesaria para a compresión dos problemas legais relacionados coa súa profesión e introducirase ao estudante na ética aplicada ao coidado de enfermería
Contidos- Definición de ética e moral, dereito e lei.
- Concepto de bioética. Principios bioéticos
- Comités de bioética
- Lexislación sobre Dereitos e deberes dos pacientes
- Responsabilidade profesional. Responsabilidade civil e penal da enfermeira
- Intrusismo profesional
- Código deontolóxico
- Segredo profesional. Confidencialidade
- A historia clínica
- Información e Consentimento informado
- Transplante de órganos
- Interrupción voluntaria do embarazo
- Eutanasia
- Delito de lesións. Malos tratos infantís. Violencia doméstica
- Delitos contra a liberdade sexual
- Declaración universal sobre o xenoma humano. O convenio sobre a biodiversidade
- Límites das análises xenéticas. Bases de datos de ADN
Bibliografía básica e complementariaBeauchamp TL, Childress JF. Principios de ética biomédica, Masson, Barcelona, 1999.
Capítulos 6, 8, 15 y 16. Gisbert JA. Medicina Legal y Toxicología. 6 ed. Masson SA. Barcelona 2004
Código Deontolóxico da Enfermería Española
Código Penal, Código Civil
Emanuel EJ (ed). Ethical and regulatory aspects of clinical research: Readings and commentary. Johns Hopkins University Press, Baltimore, 2003
Estatutos Generales de la Organización Colegial de Enfermería de España
Gracia D, Júdez J. Ética en la práctica clínica, Triacastela, Madrid, 2004.
Lei 3/2005, Consentimento e Historia, Xunta de Galicia
Lei 41/2002, Consentimento e Historia
Lei 8/2008 Saúde de Galicia
Lei Orgánica 1/2004, Medidas de Protección Integral contrala Violencia de Xénero
Medina C. Ética y Legislación. Ediciones DAE. Madrid 2000
Competencias1. Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermería española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermería
2. Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
3. Individualizar o coidado considerando a idade, sexo, diferenzas culturais, grupo étnico, crenzas e valores
Metodoloxía da ensinanza A presencialidade distribúese en horas expositivas, similares ás clases maxistrais, e seminarios nos que se incentivará a participación do alumno por medio da presentación, discusión e resolución dos diversos temas expostos.
Sistema de evaluaciónProba obxectiva final: Valor ponderado do 80% da nota final (derivado das clases expositivas e dos seminarios).
Participación activa nas clases e seminarios: Valoraranse as achegas críticas que supoñan unha mellora para o alumnado, tamén como control e seguimento do temario que permita coñecer a adquisición de coñecementos. 20% da nota
CONVOCATORIA ORDINARIA.
O estudante terá que superar alomenos o 50%.
SEGUNDAS CONVOCATORIAS E OPCIÓNS.
O estudante pode elixir entre un exame obxectivo único ou un sistema de avaliación similar á convocatoria ordinaria, realizando neste caso un novo exame cun valor do 80 % e conservando a puntuación obtida na convocatoria previa nos demais apartados
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 35 h
Docencia expositiva 15 h
Seminarios 15 h
Titorías, exame 5 h
Traballo persoal: 77,5 h
Estudio Individual 22,5 h
Elaboración traballo en grupo 28 h
Elaboración traballo individual 12 h
Lecturas recomendadas 15 h
Recomendacións para o estudo da materiaAs dificultades nacen fundamentalmente da linguaxe utilizada nos aspectos legais, xa que pode resultar diferente e novo no currículo. Débese traballar coas notas recollidas nas clases e seminarios buscando relacionalos con outras materias. É moi recomendable analizar as situacións que se experimentan nas prácticas hospitalarias cos coñecementos adquiridos durante o curso, procurando observalos desde unha perspectiva diferente á asistencial