Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

G2021323 - Enfermaría Comunitaria II (Ciencias da Enfermaría) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ GONZALEZ, CARLOS.SI
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN.NON
RUANO RAVIÑA, ALBERTO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIL_07HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo/CLIL_08HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos da materia
    1.- Acadar un axeitado coñecemento e comprensión de:

    a) Os métodos para o estudo do nivel de saúde colectiva

    b) Os factores ambientais, económicos e socioculturais que lle afectan á saúde

    c) Os determinantes da conduta sexa cal sexa o estado de saúde

    d) Os mecanismos para promover a saúde e previr a enfermidade

    e) Os diversos sistemas de coidado da saúde individual e colectiva, con énfase nos programas e servizos da comunidade

    f) A aplicación do método científico ao estudo dos problemas e organizacións de saúde, en función da realidade autonómica e nacional

    g) A situación sanitario-asistencial do país e a súa interrelación co desenvolvemento sociocultural e económico


    2.- Incorporar na súa forma de pensar e actuar os seguintes valores e actitudes:
    a) Actitude preventiva: debe estar atenta ás oportunidades para promover a saúde e previr a enfermidade no individuo e na comunidade.

    b) Actitude epidemiolóxica: sentido e prioridade do "colectivo". Debe ter sempre en conta a interrelación do individuo e o seu ambiente, e o carácter multifactorial dos fenómenos vivos.

    c) Actitude social: insatisfacción coas condicións de vida da maioría da poboación, e interese na súa mellora; a enfermeira actúa sempre como parte dun sistema asistencial, ao servizo do individuo e da comunidade, e as súas accións débense adaptar a estas circunstancias.

    d) Actitude educativa e de equipo: colaboradora do equipo de saúde na educación sanitaria da poboación.


    3.- Adquirir habilidades e destrezas para:

    a) Medir o nivel de saúde e ter en conta os factores socioculturais e ambientais de calquera cambio na saúde individual e colectiva.

    b) Aplicar as diversas medidas de fomento da saúde, de prevención secundaria e rehabilitación, incluídas as técnicas de comunicación e educación individual e de grupo.

    c) Cumprir o papel que corresponde á Graduada en Enfermaría como parte do equipo de saúde dentro da organización asistencial do país.

    d) Acadar o máximo de eficiencia na prestación dos coidados de enfermaría.

    e) Planificar e emprender, en colaboración cos demais membros do equipo sanitario, estudos epidemiolóxicos de carácter analítico ou descritivo.

    f) Avaliar os resultados destes estudos no marco da estrutura económica e social da colectividade, da rexión ou do país.

    g) Establecer medidas preventivas fronte ás enfermidades transmisibles e non transmisibles, segundo a súa prioridade epidemiolóxica.

    h) Participar en programas tendentes a mellorar a saúde da poboación ao seu cargo.


    Contidos
    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    Parte I: EPIDEMIOLOXÍA XERAL E PROFILAXE DAS ENFERMIDADES NON TRANSMISIBLES

    Tema 1. Epidemioloxía xeral das enfermidades non transmisibles
    Tema 2. Epidemioloxía e problema sanitariosocial das enfermidades mentais. O suicidio
    Tema 3. O cancro como problema de saúde pública. O cancro en España. Etioloxía do cancro: carcinóxenos ambientais. O Código Europeo Contra o Cancro. Prevención primaria do cancro
    Tema 4. As enfermidades cardiovasculares como problema de saúde pública. Epidemioloxía das enfermidades cardiovasculares. Factores de risco das enfermidades cardiovasculares. Control das enfermidades cardiovasculares.
    Tema 5. Epidemioloxía e prevención das enfermidades respiratorias crónicas: bronquite crónica, enfisema e asma.
    Tema 6. As enfermidades do sistema endócrino como problema de saúde pública: o bocio endémico. Epidemioloxía e profilaxe da diabete
    Tema 7. Epidemioloxía e profilaxe da obesidade
    Tema 8. Epidemioloxía e profilaxe dos accidentes de tráfico
    Tema 9. Epidemioloxía e profilaxe dos accidentes domésticos e deportivos


    Parte II: HÁBITOS E SAÚDE. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

    Capítulo 1: HÁBITOS E SAÚDE
    Tema 10. Estilos de vida e saúde. Actividade física e saúde.
    Tema 11. As dependencias como problema de saúde pública. O alcoholismo: epidemioloxía. Prevención do alcoholismo. Loita antialcohol.
    Tema 12. O tabaco. Epidemioloxía do tabaquismo. Prevención do tabaquismo. Loita antitabaco.


    Capítulo 2: EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
    Tema 13. Concepto de educación para a saúde. Campos de acción. Axentes de educación para a saúde. A educación formal e informal
    Tema 14. Bases teóricas da educación para a saúde. Modelos de modificación de comportamento en educación para a saúde


    Parte III: ENFERMARÍA COMUNITARIA

    Tema 15. Orixes da enfermaría comunitaria. Principios xerais da enfermaría comunitaria. A enfermaría comunitaria en España. Modelos de enfermaría comunitaria


    Parte IV: PLANIFICACIÓN E XESTIÓN SANITARIA

    Tema 16. Organización sanitaria da comunidade autónoma galega: as súas competencias. Consellería de Sanidade. SERGAS. Novas formas de xestión en Galicia
    Tema 17. Niveis de atención sanitaria. Atención primaria de saúde. Funcións dos equipos de atención primaria. Diagnóstico da saúde da comunidade.
    Tema 18. Atención especializada. Evolución do concepto e funcións do hospital moderno. Organización e características xerais.
    Tema 19. Economía da saúde. Análise de custos sanitarios. Macroeconomía sanitaria. Conceptos de eficacia, efectividade e eficiencia. Estudos de custo-efectividade, e custo-beneficio. Estudos de custo-utilidade: os AVAC. O concepto de custo de oportunidade.
    Tema 20. Organismos internacionais relacionados coa saúde. OMS: orixes, organización e funcións. Outras axencias técnicas da ONU. Organismos sanitarios non gubernamentais.


    Parte V: PROGRAMAS DE ATENCIÓN PRIMARIA DE SAÚDE E SAÚDE LABORAL

    Capítulo 1: PROGRAMAS DE ATENCIÓN PRIMARIA DE SAÚDE
    Tema 21. Programa do neno san. Atención ao lactante e preescolar. Atención ao escolar e adolescente
    Tema 22. Programas de saúde do adulto. Programas de atención á muller: o programa de embarazo e parto. Programa de diagnóstico precoz do cancro xinecolóxico. Programa de planificación familiar. Programas de saúde do ancián

    Capítulo 2. SAÚDE LABORAL
    Tema 23. Saúde laboral: evolución histórica e concepto actual. Organización da saúde laboral. A lexislación en materia de saúde laboral.


    PROGRAMA DE SEMINARIOS

    1. O patrón de enfermidades prevalentes.
    2. As enfermidades mentais.
    3. Análises de custos.
    4. Estilos de vida e saúde: o tabaco.
    5. Programas de atención primaria de saúde.
    6. As enfermidades cardiovasculares.
    7. A epidemia de obesidade.
    8. Educación para a saúde. Modelos de modificación de comportamentos.
    9. Os accidentes de tráfico.

    PROGRAMA DE LABORATORIOS

    1. Sistemas sanitarios.
    2. O cancro
    3. Saúde laboral

    Bibliografía básica e complementaria
    - Alfonso Roca MT, Alvarez-Dardet Díaz C. Enfermería Comunitaria I. Serie Manuales de Enfermería. Masson Salvat S.A. Barcelona. 1992;

    - Piédrola Gil G y cols. (ed.). Medicina Preventiva y Salud Pública. Masson. Barcelona. 11ª ed. 2008

    - Pineault R, Daveluy C. La planificación sanitaria. Conceptos, métodos, estrategias, 2.a ed. Barcelona: Masson, 1989.

    - Salleras Sanmartí. Educación sanitaria. Principios, métodos, aplicaciones. Díaz de Santos, SA. Madrid. 1988.

    - Sánchez Moreno y cols. Enfermería Comunitaria I, II y III. McGraw-Hill Interamericana. Madrid 2000.

    Competencias
    1. Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.

    2. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, nos que as vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.

    3. Comprender a función, actividades e actitude cooperativa que o profesional ten de desenvolver nun equipo de atención primaria de saúde.

    4. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.

    5. Capacidade para planificar e desenvolver actividades e coidados de promoción da saúde e prevención da enfermidade partindo da identificación e análise da influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.

    6. Habilidade para aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.

    7. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde.

    8. Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.



    Metodoloxía da ensinanza
    Bases metodolóxicas:

    Perseguirase unha formación baseada en técnicas de pedagoxía activa, ca fin de acadar unha aprendizaxe significativa que parta das experiencias dos propios alumnos. As sesións expositivas, útiles para a transmisión, contraste e reorganización de coñecementos, modelos e teorías, permiten acadar obxectivos que se corresponden fundamentalmente coa esfera cognitiva. Os obxectivos das áreas actitudinais e procedementais abordaranse mediante técnicas de análise (a partir de material fotocopiado no que se recollerán textos con información de casos, noticias, titulares da actualidade ou artigos de opinión sobre tópicos do temario).

    Metodoloxía docente:

    Combinaranse as técnicas de análise (análise de texto, resolución de casos, discusións...), desenvolvemento de habilidades (elaboración de documentos), expresión (para comunicar as súas experiencias previas, os seus coñecementos e contribucións, partindo das preguntas que se poidan suscitar durante as sesións expositivas e interactivas).

    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación da aprendizaxe
    Para optar ao aprobado da materia na primeira opción da primeira convocatoria será imprescindible superar dous requisitos:
    - Presencialidade (asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais)
    - Obtención dun mínimo de 2,5 puntos sobre un total de 10 na proba de coñecementos teóricos.

    A partir de aquí, a puntuación total obtida pola alumna/o será resultado de sumar as fraccións acadadas nos seguintes apartados:
    - Coavaliación entre compañeiras/os (ata 1 punto)
    - Traballo presencial en grupos (ata 3 puntos)
    - Exame final (ata 6 puntos).

    A superación da materia esixirá cumprir os dous requisitos imprescindibles que se recollen máis arriba, e obter unha puntuación total igual ou maior a 5 puntos.

    O exame final consistirá nunha proba con preguntas de resposta múltiple, cunha única resposta correcta entre cinco opcións posibles. As respostas incorrectamente contestadas non serán puntuadas negativamente, polo que na avaliación do exame se utilizará unha fórmula que pretende corrixir os acertos debidos ao azar.


    A superación da materia nas sucesivas opcións ás que se teña dereito, farase exclusivamente en base a un exame final, e a puntuación máxima á que se poderá optar será un 9.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    horas presenciais:
    teóricas: 24
    seminarios: 18
    laboratorios: 6
    titorías: 3

    horas non presenciais: 95

    horas de avaliación: 4

    Total de volume de traballo: 150 h


    Recomendacións para o estudo da materia
    A preparación da materia poderá facerse fundamentalmente a partir dos apuntamentos que a alumna/o recolla durante as exposicións e sesións interactivas na aula. Cando estes resulten insuficientes complementaranse con diversos materiais e documentos que o profesor lle fará chegar ao alumnado mediante o procedemento que no seu momento se determine (fundamentalmente material dispoñible no campus virtual da páxina web da USC).

    O uso da bibliografía recomendada é discrecional, e a súa función primordial é servir de complemento naqueles temas no que o alumnado precise aclaracións complementarias e permitir unha visión máis global e ampla da materia.

    Os tópicos obxecto de avaliación no exame extraeranse, polo tanto, da información procedente das clases teóricas e interactivas e dos materiais complementarios aos que se fixo referencia. A inclusión dalgunha pregunta a partir doutras fontes documentais (p.e.: bibliografía recomendada) deberá considerarse excepcional.