P2051101 - Manexo do Paciente Crítico (Módulo I: Materias Comúns) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 32.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enfermaría, Departamento Externo
- Áreas: Enfermaría, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaTrátase de unha materia con un contido teórico e práctico que debe capacitar ao alumno para:
1. Recoñecer os síntomas e signos clínicos das enfermedades graves.
2. Identificar os pacientes críticamente enfermos.
3. Coñecer as urxencias mais frecuentes e o seu tratamento.
4. Realizar unha avaliación rápida e a clasificación dos enfermos segndo a gravedade.
5. Recoñecer o fracaso respiratorio e cardíaco, así como a parada cardio-respiratoria.
6. Actuar de forma eficaz nas emerxencias, con coordinación e traballo en equipo.
7. Realizar unha reanimación cardiopulmonar de calidade, adaptada o medio e os recursos disponibles.
8. Aplicar os coidados avanzados da vía aérea, a respiración, a circulación e a situación neurológica en pacientes críticos.
9. Coñecer as técnicas de soporte de funcions vitais, poñelas en marcha e resolver problemas que poideran presentar.
10. Informar de forma adecuada o paciente crítico e a súa familia. Realizar consentimentos informados en situacións urxentes.
11. Recoñecer a morte cerebral, colaborar na solicitude de órganos para donación e realizar os coidados de mantemento do donante de órganos.
ContidosDOCENCIA EXPOSITIVA
1. Definición de Urxencia e Emerxencia. O enfermo crítico. Servicios de Emerxencias e Unidades de Coidados Intensivos. Asistencia integral ó paciente crítico.
2. Epidemioloxía das urxencias. Categorización e triage. Coordinación da asistencia a urxencia, liderazgo e traballo en equipo. Equipos de emerxencias.
3. Recoñecemento clínico do paciente gravemente enfermo. Valoración e estabilización inicial.
4. Monitorización dos signos vitais. Interpretación dos signos de gravedade.
5. Insuficiencia e fracaso respiratorio, circulatorio, cardíaco e cardiorrespiratorio. Parada cardiorrespiratoria.
6. Reanimación cardiopulmonar: básica, intermedia e avanzada. Reanimación cardiopulmonar pediátrica e neonatal.
7. Coidados avanzados da vía aérea e a respiración. Osixenoterapia. Ventilación non invasiva. Ventilación invasiva.
8. Coidados cardio-circulatorios avanzados. Accesos venosos urxentes. Coidados dos catéteres venosos centrais.
9. Coidados neurolóxicos avanzados. Monitorización cerebral.
10. Información ó paciente crítico e a súa familia. Consentimento informado en situacións críticas. Cómo dar malas noticias.
11. Determinación da muerte cerebral. Solicitude de donación de órganos. Coidados avanzados do donante.
12. Limitación do esforzo terapéutico no paciente crítico.
13. Seguridade clínica no paciente crítico. Prevención de erros. Proxectos Bacteriemia zero e Neumonía zero.
14. Administración de fármacos e fluidos no paciente crítico. Cálculo de doses e perfusións. Fármacos e líquidos esenciais: efectos e riscos.
15. Técnicas agudas de depuración extrarrenal. Posta en marcha, coiados e controis.
15. Traslado de pacientes críticos. Organización, coidados e controis.
SEMINARIOS
1. Urxencias neonatais e pediátricas.
2. Atención inicial ó trauma.
3. Urxencias respiratorias máis frecuentes.
4. O shock: as sus causas e manexo inicial.
5. Recoñecemento rápido das arritmias.
6. Actitude ante o paciente con perda de coñecemento.
7. Actitude inicial ante unha intoxicación.
8. Manexo inicial das reaccións anafilácticas.
9. Recoñecemento e actitude inicial ante outras emerxencias (cardíacas, oncológicas, renais).
10. Analxesia e sedación no paciente crítico.
11. Escalas de gravedade. Teoría e práctica.
12. Repercusións a longo prazo da enfermedade aguda grave.
LABORATORIOS
1. Reanimación cardiopulmonar básica.
2. Reanimación cardiopulmonar intermedia.
3. Reanimación cardiopulmonar avanzada.
4. Simulación avanzada de escenarios clínicos no paciente pediátrico.
5. Simulación avanzada de escenarios no paciente adulto.
6. Manexo avanzado da vía aérea e a ventilación.
7. Accesos venosos urxentes.
8. Coidados dos tubos endotraqueais e traqueostomías.
9. Coidados dos catéteres venosos centrais.
10. Posta en marcha e coidados dos sistemas de depuración extrarrenal.
Bibliografía básica e complementariaNas seguintes páxinas web de sociedades científicas de críticos dispones de: protocolos, publicacións, documentos de consenso, reuniones científicas, etc.
ASOCIACIONS DE ENFERMERÍA:
.-seeiuc. Sociedad Española de Enfermería Intensiva y Cuidados Coronarios. En:http://www.seeiuc.com/enlaces/asocia.htm
.-AACN: American Association of Critical-Care Nurses.
.- ACCCN. Australian College of Critical Care Nurses.
.-ANECIPN.Asociación Nacional de Enfermería de Cuidados Intensivos Pediátricos y Neonatales
.-NIARTI.ssociazione Nazionale Infermieri di Area Critica
.-BACCN.British Association of Critical Care Nurses
.- CACCN.Canadian Association of Critical Care Nurses. en:http://www.caccn.ca/
.-SAEEC.Sociedad Andaluza de Enfermería en Cuidados Críticos.
.- SEEIUC.Sociedad Española de Enfermería Intensiva y Unidades Coronarias
CompetenciasTras cursar a materia, o alumno debe tener alomenos as seguintes competencias:
Recoñecer os síntomas e signos clínicos das enfermedades graves e iniciar de forma segura e efectiva os coidados que precisen os pacientes.
Coñocer as características clínicas das urxencias máis frecuentes, así como as bases teóricas para o seu manexo e tratamiento.
Ser capaz de realizar unha valoración rápida e clasificación dos enfermos segundo a súa gravedade.
Capacidade para recoñecer o fracaso respiratorio e cardíaco, así como a parada cardio-respiratoria.
Ser capz de actuar de forma eficaz nas emerxencias, con coordinación e traballo en equipo.
Realizar unha reanimación cardiopulmonar de calidade, adaptada ó medio e os recursos disponibles.
Aplicar os coidados avanzados da vía aérea, a respiración, a circulación e a situación neurolóxica en pacientes críticos.
Coñecer as técnicas de soporte de funcións vitais, poñelas en marcha e resolver problemas que poideran presentar.
Ser capaz de informar de forma adecuada ó paciente crítico e a súa familia.
Coñecer o modo de recoñecer a muerte cerebral, colaborar na solicitude de órganos para donación e realizar os cuidados de mantemento do donante de órganos.
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva:
Basearase en leccións teóricas, expostas polo profesor coa axuda dos recursos didácticos disponibles. Cada clase terá unha duración de unha hora, incluiendo alomenos 10 minutos para aclaración de dúbidas por parte dos alumnos. Seguirase un orde lóxico no desenvolvemento do temario. As clases vanse complementar con material adicional para o traballo persoal do alumno.
Docencia interactiva Seminario:
Sesións sobre temas específicos, que poden complementar ou desenvolver aspectos específicos introducidos na docencia expositiva. Nestas sesións vaise fomentar a participación activa dos alulmnos, o traballo en grupo e o debate baseado en argumentos racionais e científicos.
Docencia interactiva Laboratorio:
Vanse realizar talleres ou sesións prácticas nas que os alumnos realizarán actividades ou procedementos esenciais no campo da atención ós pacientes críticamente enfermos.
Vanse basear en simulacións de escenarios e problemas clínicos, que abarcarán dende o recoñecemento do paciente gravemente enfermo, á realización de procedementos de reanimación cardiopulmonar e outros como a información ós familiares. Sempre que sexa posible, as sesións prácticas se complementarán e reforzarán mediante sesións de debriefing (discusión interactiva mediante crítica constructiva).
Sistema de evaluaciónA calificación final da materia será a suma das calificaciones obtidas na evaluación teórica e as actividades do alumno, co seguinte reparto porcentual:
- Evaluación teórica final: 40%
- Elaboración persoal de traballos: 20%
- Participación activa (asistencia, seminarios e laboratorios): 40%
Requisitos mínimos para superar a materia:
- Contestar correctamente o 50% das preguntas da evaluación teórica final.
- Presentar a metade máis un dos traballos solicitados.
- Superar 60% das evaluacións prácticas.
A proba teórica final incluirá preguntas de todo o programa da materia (docencia expositiva, seminarios e laboratorios) e constará de alomenos 50 preguntas tipo test, con 5 opcións, de resposta única.
As evaluacións prácticas incluirán a realización de técnicas, a demostración de capacidade en procedementos e a resolución de casos clínicos simulados.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL:
- Aula: 12 horas
- Seminario: 16 horas
- Tutoría: 4 horas
Total de traballo presencial: 32 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE, NON PRESENCIAL:
- Estudio individual de docencia expositiva: 36 horas
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca oU similares, para seminarios: 32 horas
Total traballo persoal de estudantes: 68 horas
Recomendacións para o estudo da materia1. Asistencia activa e participación en tódalas actividades presenciais.
2. Estudo e preparación dos temas de forma sistemática e continuada.
3. Comentario das dúbidas co profesor.
4. Tratar de interrelacionar os contidos entre sí, buscando a súa utilidade e repercusión na práctica profesional.
5. Considerar o estudio como unha ferramenta formativa complementaria as demáis asignaturas e non cómo un temario que se debe estudiar para superar un examen.
6. Acudir de forma regular á biblioteca para coñecer e revisar a bibliografía relevante para cada tema.
7. Visitar as diversas páxinas web suxeridas en cada tema para obter información adicional e ferramentas para resolver as situaciones clínicas prantexadas.
8. Implicarse de forma activa nos seminarios e os laboratorios, como método para obter o maior rendimento de ditas sesións e adquirir a capacitación que será necesaria na actividad laboral futura.
9. Mediante crítica constructiva, tratar de facer aportacións para mellorar o contido e a dinámica da materia.
10. Colaborar de forma interactiva cos compañeiros para potenciar e reforzar la enseñanza.
ObservaciónsO programa poderá sufrir algunha modificación puntual en razón de circunstancias que poideran contribuir a mellorar a calidade do proceso formativo, como a presenza dun profesor invitado, a aparición dalgún avance científico relevante, a celebración de xornadas ou actividades científicas sobre os temas a estudar, a disponibilidade de novo material ou espazos docentes, etc.
Ditas modificacións serán comunicadas de forma oportuna ós alumnos.