Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

P2051102 - Dereito e Bioética (Módulo I: Materias Comúns) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 2.00
  • Total: 2.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 16.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, Departamento Externo
  • Áreas: Medicina Legal e Forense, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL.NON
MUÑOZ BARUS, JOSE IGNACIO.SI
Rodriguez Calvo, M Sol.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    As metas que se pretenden alcanzar inclúen dotar ao alumnado dos coñecementos legáis e éticos imprescindibles para un exercicio profesional asistencial e para unha capacitación na investigación e xestión no ámbito da enfermería. Ao finalizar o curso coñecerán os límites da profesión e os dereitos dos pacientes e poderán distinguir e discutir criticamente, no marco do seu exercicio profesional, sobre aquelas situacións sobre as que se exerce unha tutela clara por parte da lei daqueloutras nas que unicamente os aspectos éticos serán os que poden guiar os seus actos.

    Se pretende traballar na resolución de problemas. Esta materia enfocarase dun modo que nos permita resolver situacións que se producen no día a día hospitalario e no ámbito da xestión e investigación. Para iso exporemos diversas situacións dende unha perspectiva diferente á asistencial, mediante a análise dos feitos, a súa individualización e a reflexión sobre o que di a lei e a bioética ao respecto, valorando a actuación, establecendo límites de responsabilidade, illando e caracterizando o problema que pode xurdir e intentando resolvelo.

    Tamén se pretende dar un sentido ético á actuación profesional en tódolos seus aspectos, fundamentalmente asistencial, xestión e investigaciónn. Para iso é necesario conseguir certa capacidade crítica, coa intervención na clase e coa elaboración de traballos relacionados co programa

    Contidos
    1. A ÉTICA E O DEREITO. NORMA XURÍDICA, NORMA ÉTICA
    2. SERVIZO GALEGO DE SAÚDE: ESTRUCTURA ORGÁNICA. ATENCIÓN PRIMARIA E ATENCIÓN ESPECIALIZADA. CONCEPTO E ESTRUCTURA. ÓRGANOS E COMPETENCIAS
    3. OS PRINCIPIOS DA BIOÉTICA
    4. OS CÓDIGOS DEONTOLÓXICOS DAS PROFESIÓNS SANITARIAS
    5. A OBXECCIÓN DE CONCIENCIA NO ORDENAMENTO XURÍDICO.
    6. OS DEREITOS DOS PACIENTES
    7. A HISTORIA CLÍNICA.
    8. CONSENTIMENTO INFORMADO.
    9. A PROTECCIÓN DE DATOS E CONFIDENCIALIDADE.
    10. OS COMITÉS DE ÉTICA. COMITÉS ÉTICOS DE INVESTIGACIÓN. A ÉTICA ASISTENCIAL. OS COMITÉS NACIONAIS DE ÉTICA.
    11. ABORTO
    12. REPRODUCIÓN HUMANA ASISTIDA
    13. ENFERMOS CRÍTICOS E TERMINAIS. A EUTANASIA
    14. OS TRANSPLANTES DE ÓRGANOS
    15. INVESTIGACIÓN: PROCEDEMENTOS INVASIVOS EN SERES HUMANOS. PRINCIPIOS E REQUISITOS DE INFORMACIÓN E CONSENTIMENTO.
    16. INVESTIGACIÓN EN EMBARAZO E LACTACIÓN. INVESTIGACIÓN CON MENORES OU INCAPACES
    17. DOAZÓN DE EMBRIÓNS E FETOS HUMANOS. INVESTIGACIÓN CON MOSTRAS BIOLÓXICAS DE NATUREZA EMBRIONARIA
    18 INFRACCIÓNS E SANCIÓNS. RESPONSABILIDADE PROFESIONAL. RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DA ADMINISTRACIÓN

    Bibliografía básica e complementaria
    Arroyo MP et al. Ética y legislación en Enfermería. Ed. Interamericana Mc Graw-Hill, Madrid, 1997
    Beauchamp, TL; Childress J F; Principios de ética biomédica. Masson, Barcelona, 1999
    Código Deontológico de la Enfermería Española
    Convenio para la Protección de los Derechos Humanos y la Dignidad del Ser Humano con Respecto a las Aplicaciones de la Biología y la Medicina. Consejo de Europa, 1997. Ratificación del Convenio en BOE n. 251 de 20/10/1999
    Declaración de Helsinki. http://www.wma.net/s/ethicsunit/helsinki.htm. Asociación Médica Mundial, 2004
    Emanuel EJ (ed). Ethical and regulatory aspects of clinical research: Readings and commentary. Johns Hopkins University Press, Baltimore, 2003
    Gisbert JA Medicina Legal y Toxicología. 6 ed. Masson SA, Barcelona, 2004
    Gracia D. ; Júdez J. Ética en la práctica clínica. Triacastela. Madrid, 2004
    Gracia D. Fundamentos de Bioética. Eudema, Madrid, 1989
    Lei 41/2002, estatal
    Leis 3/2001, 3/2005, 8/2008, Xunta de Galicia

    Competencias
    - Posuír os coñecementos imprescindibles para un exercicio profesional legal e ético en tódolos ámbitos. Coñecer os límites da profesión e os dereitos dos pacientes, e aqueles aspectos imprescindibles para a xestión e investigación.
    - Distinguir, no marco da súa acctividade, aquelas situacións sobre as que se exerce unha tutela clara por parte da lei daqueloutras nas que únicamente os aspectos éticos deban guiar os seus actos.
    - Valorar, dende unha perspectiva ética e/ou legal, os actos propios da súa profesión.
    - Aplicar correctamente as normas legais máis importantes na súa profesión.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia está constituida por 18 temas, algúns dos cales serán expostos polo profesorado en clases presenciais e os restantes deberán ser preparados polos alumnos de xeito autónomo.
    Durante o curso impartiranse clases teóricas onde van ter cabida desde a exposición teórica ata a abordaxe de situacións concretas afectadas por implicacións legais e éticas. Durante o curso repetiranse algúns conceptos desde perspectivas diferentes.
    Como parte obrigatoria da materia deberase elaborar un tema dos non expostos polos profesores. Durante a elaboración dos mesmos se pretende fomentar o esforzo autónomo e asunción de responsabilidades . A entrega dos mesmos deberá ter lugar 15 días antes da data oficial do exame.
    A participación activa nas clases presenciais implica unha interación co profesorado e o tema, facendo preguntas ou respondendo as dos seus compañeiros, utilizando para elo os coñecementos adquiridos previamente no curso e n asua experiencia profesional.

    Sistema de evaluación
    A presencia nas clase presenciais é obligatoria, co límite de ausencias xustificadas marcado pola Comisión Académica.
    O método de valoración levarase a cabo por un exame final cun valor ponderado do 70% da nota final. A elaboración do traballo relacionado co programa e a participación activa nas clases supón terá unha ponderación do 30 %. Resulta evidente que se pode alcanzar o aprobado só co exame, malia que é máis fácil a aprendizaxe, e obter o aprobado, coa asistencia e participación en tódalas as actividades docentes.
    En condicións extraordinarias, por petición previa individualizada e debidamente xustificada, a valoración poderase levar a cabo por outros métodos.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 2 créditos ECTS que equivalen a 50 horas de carga de traballo para o alumnado. A distribución do traballo, en horas, pódese apreciar na táboa seguinte:


    Clases presenciais 8
    Elaboración de traballo titorizado, tutorías, examen, 10
    Traballo autónomo 26

    Recomendacións para o estudo da materia
    As dúbidas fundamentalmente nacen da linguaxe utilizada nos aspectos legais. Despois de cada tema, ou temas relacionados, débese traballar sobre as notas recollidas na clase e formular as dúbidas na clase ou nas titorías, buscando relacionalas con futuro usa das competencias que se pretende obter. Analizar as situacións que vivan nas actividades hospitalarias cos coñecementos adquiridos durante o curso, procurando observalos dende unha perspectiva diferente á asistencial.

    Recuperacións: Existirá un exame similar ao da avaliación regulada, pero terase en conta a reelaboración dun tema do programa diferente do que fixo na convocatoria previa