Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

P2051105 - Saúde e Recursos Económicos (Módulo I: Materias Comúns) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Departamento Externo
  • Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GOMEZ BARREIRO, MARIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Que o alumnado comprenda a importancia da saúde como servicio económico, con produción a partires de recursos escasos e con un mercado de oferta e demanda. Da mesma maneira, propoñer distintos modelos de financiación e as súas consecuencias, nun momento en que, na maioría de países, o protagonismo público nas prestacións sanitarias constitúe un dos pilares básicos do denominado Estado do Benestar.
    Contidos
    TEMA 1. INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA
    A economía e a necesidade de elixir. A fronteira de posibilidades de producción e o custo de oportunidade. A especialización e o intercambio.

    Tema 2. A FINANCIACIÓN NA SANIDADE.
    Antecedentes e panorama xeral. Tipos de sistemas. Detalle do caso español.

    Tema 3. ANÁLISES COMPARATIVOS DOS SISTEMAS SANITARIOS
    Análises dos principais modelos de financiación sanitaria.

    Tema 4. INTRODUCCIÓN ÁS TÉCNICAS DE AVALIACIÓN ECONÓMICA EN SANIDADE
    Conceptos de eficacia, efectividade e eficiencia. Principais técnicas e diferencias entre elas.

    TEMA 5. A OFERTA, A DEMANDA E O MERCADO
    O funcionamento dos mercados. A demanda. A oferta. A oferta e a demanda: O equilibrio do mercado. O funcionamento dos mercados e a asignación de recursos. A demanda de asistencia sanitaria. A oferta de asistencia sanitaria. A eficiencia e os fallos do mercado.

    TEMA 6. O COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR, A ELASTICIDADE, E OS COSTES DE PRODUCCIÓN
    A elección e a utilidade. O paradoxo do valor e o excedente do consumidor. A elasticidade da demanda. A elasticidade da oferta.

    TEMA 7. CONCEPTOS BÁSICOS DE MACROECONOMÍA
    A macroeconomía: variables chave e obxectivos. O Producto Interior Bruto –PIB-. Do PIB á renda dispoñible. PIB gasto sanitario e saúde.

    Bibliografía básica e complementaria
    Antelo, M.; Fraga, J.M.; Reboredo, J.C. (coord.) (2011): Fundamentos de economía y gestión de la salud. Ed. USC.
    Bernanke, B.S; Frank, R.H. (2007): Principios de economía, 3ª edición. Ed. McGraw-Hill.
    Gimeno, J.A.; Rubio, S., Tamayo, P. (2006): Economía de la salud: fundamentos. Ed. Díaz de Santos.
    Hidalgo, A.; Corugedo, I.; Del llano, J. (2000): Economía de la saludo. Ed. Pirámide.
    Mankiw, N.G. (2007): Principios de economía, 4ª edición. Ed. Thomson.
    Martín, J.L. (2004): Principios de economía. Ed. Prentice Hall.
    Mochón, F. (2009): Economía, teoría y política, 6ª edición. Ed. McGraw-Hill.


    Competencias
    Establecer as bases, explicar os razoamentos e describir os principios sobre os que susténtase o corpo conceptual e operativo da economía aplicada ao ámbito da saúde e os servizos sanitarios.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia desenvolverase a través de sesións teórico-prácticas, nas que se analizarán casos e realizarán exercicios que faciliten a incorporación da experiencia dos participantes e fomenten a súa participación.
    Sistema de evaluación
    Participación nas actividades desenvolvidas na aula: análise de casos, participación nos debates, presentación de traballos… 30% da cualificación
    Exame final, 70% da cualificación. Nesta proba é necesario co alumnado obteña o 50% da puntuación total do exame para poder compensar esta puntuación coa obtida no apartado anterior (casos, participación, exposicións…).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    VOLUME DE TRABALLO

    Horas / Curso
    Asistencia a clases teóricas 15
    Asistencia a clases prácticas 20
    Preparación de traballos clases prácticas 50
    Volume total de traballo 75

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas, casos prácticos e textos recomendados, realiza todas as actividades formuladas polo profesorado e asista regularmente ás clases.