P2051109 - Traballo de Fin de Máster (Módulo I: Materias Comúns) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 7.00
- Total: 7.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 111.00
- Horas de Titorías: 333.00
- Total: 444.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Pediatría, Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Didáctica e Organización Escolar, Álxebra, Estatística e Investigación Operativa, Electrónica e Computación, Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación, Enfermaría, Farmacoloxía, Obstetricia e Xinecoloxía, Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, Departamento Externo
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Pediatría, Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Didáctica e Organización Escolar, Álxebra, Estatística e Investigación Operativa, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo, Enfermaría, Farmacoloxía, Obstetricia e Xinecoloxía, Toxicoloxía, Medicina Legal e Forense, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1).-Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en ámbitos relacionados coa/s liña/s de investigación establecida/s.
2).-Potenciar as habilidades de aprendizaxe que lles permitan investigar de forma autodirixido ou autónoma.
3).-Poner en práctica a capacidade de comunicación oral e escrita.
ContidosO contido específico definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de traballos/titores, que cada curso realizará a Comisión Académica do Máster.
Incluirá, o desenvolvemento dunha investigación mediante tarefas de busca e revisión bibliográfica avanzada, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación. En función da temática abordada realizarase unha parte empírica ou unha análise de casos.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA E COMPLEMENTARIA:
A utilizada nas materias: Metodoloxía da investigación e Estatística
A bibliografía será facilitada polo titor específico que se asignase ao estudante.
CompetenciasDefinir os obxectivos do traballo
-Identificación do problema a resolver ou o obxectivo de coñecemento a alcanzar.
-Deseño e organización de tarefas segundo o/os obxectivos/s formulado/s
-Buscar, seleccionar, revisar a información relevante relacionada co tema.
-Utilizar e intergrar os coñecementos adquiridos nas demais materias.
-Organizar a información.
-Analizar resultados e discutir estes.
-Establecer conclusións do traballo realizado.
-Identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propoñer suxestións
Metodoloxía da ensinanza Baixo a supervisión do titor o alumno coñecerá como realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas o longo dos seus estudos.
Durante o seu desenvolvemento programaranse sesións de traballo co profesor titor, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Finalmente, o estudante deberá presentar un resumo oral do traballo.
Sistema de evaluaciónBasearase no traballo realizado:
. -Avaliación continuada: execución sistemática do traballo, seguimento das orientacións do titor, cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a súa iniciativa.
. -Presentación do traballo: escrita e oral segundo normas establecidas pola Comisión Académica do Máster. Con carácter xeral, valorarase: a presentación e os contidos; normas de estilo, corrección lingüística e expresiva (oral e escrita) e claridade da presentación.
Tempo de estudo e traballo persoalAtendendo aos créditos da materia, requírense 175 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaManexo das bases de datos de publicacións periódicas en inglés.
Manexo de conceptos básicos de estatística.
Utilización dos recursos que proporciona a Biblioteca da USC. Dispoñible en: http://busc.usc.es/
Utilización da sala de informática dirxida a alumnos da Escola Universitaria de Enfermaría
ObservaciónsNo momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado a totalidade dos créditos.