P2051204 - A Informatica e A Enfermaría (Módulo II: Especialidade de Xestión (optativas vinculadas). Campus de Lugo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento Externo
- Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo xeral da materia é formar e capacitar ao alumnado nas tecnoloxías e destrezas dos programas informáticos e recursos de Internet que se empregan no ámbito da enfermería. Abrindo portas de autoaprendizaxe e novas expectativas e posibilidades de autorealización e investigación.
En particular farase énfase en catro obxectivos fundamentais:
1. Coñecemento de ferramentas informáticas para a xestión da enfermería.
2. Coñecemento de medios de xestión telemática dispoñibles neste ámbito.
3. Coñecemento das posibilidades de Internet na procura de información en materias sanitarias e na súa publicación on-line. Redes Sociais de enfermería.
4. Manexo dun programa informático de xestión de proxectos de enfermería.
ContidosÁrea 1: Ferramentas informáticas para a xestión da enfermería.
Área 2: Xestión Informatizada da Ofimática enfermeira.
Área 3: Xestión Informatizada da enfermería na Web.
Área 4: Xestión de proxectos de enfermería.
Bibliografía básica e complementariaFarase entrega ao alumnado dun DVD multimedia con toda a información que necesite (guías multimedia, vídeos explicativos, demostracións, casos prácticos...)
Referenciaranse a mellores E-guías e E-manuais da Rede.
Competencias- Manexo de programas informáticos concretos.
- Coñecemento das opcións da materia na Internet.
- Coñecemento dos sistemas de xestión enfermeira.
- Coñecemento dos recursos dispoñibles aplicables a enfermería.
- Coñecemento dos sistemas de comunicación telemática na intermediación do mercado de traballo.
- Manexo dos recursos de internet útiles na xestión e práctica da xestión enfermeira.
- Capacidade para enfrontarse ao reto das novas tecnoloxías e ser capaz de extraer a máxima rendibilidade da Internet aplicada a enfermería.
-Propoñer traballos de investigación e novos medios para publicalos. Xestionar a E-innovación.
-E sobre todo facilitar unha visión aberta e novos campos de aplicación, novas vías e posibilidades.
Metodoloxía da ensinanza O alumnado asinará en cada sesión a súa asistencia.
A carga lectiva da materia é fundamentalmente práctica. En consecuencia, o peso da materia recae nas clases prácticas na aula de informática. Nelas, presentaranse as ferramentas informáticas de traballo e o alumnado desenvolverá o seu traballo mediante a realización de distintos exercicios desenrolados directa e conxuntamente co profesor (p.ex. a xestión dunha nova unidade de enfermería, a xestión dun proxecto concreto de investigación enfermeira...)
Disporemos de comunicación a través da Web e faremos un seguimento virtual a través da Web, dun foro e do e-mail.
Sistema de evaluaciónHaberá unha entrega de traballos a escoller, según preferencia da especialidade do alumnado, de realización personal ou en grupos de dous.
O traballo realizado será presentado ao profesor, exposto e defendido nunha sesión de clase, estando presente todo o alumnado.
Se o profesor o estima convinte, poderase realizar unha proba de carácter práctico diante do ordenador no que tamén se poderán expor interactivamente cuestións de carácter teórico.
Tempo de estudo e traballo persoalO estudante deberá dedicar unhas 30 horas de traballo persoal para a realización das prácticas, unhas 18 horas para o estudio de xeito autónomo e individual e unhas 12 horas para a escritura de traballos e outras actividades relacionadas coa materia.
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia regular a clase e a realización dos diferentes exercicios propostos nas clases prácticas.
Complementadas ca investigación e búsqueda de información de temas específicos de interés do propio alumnado.
ObservaciónsO alumno debe contar cunha conta de usuario no dominio RAI (Rede de Aulas de Informática)