P2051209 - Enfoques Docentes (Módulo II: Especialidade de Xestión (optativas vinculadas). Campus de Lugo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Álxebra
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Álxebra
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoFrancésInglésObxectivos da materiaAo rematar o curso o alumnado terá acadado os seguintes obxectivos relacionados cos ámbitos do SABER, SABER FACER e SABER SER e ESTAR.
Obxectivos referidos ao SABER:
- Definir os conceptos de ensinanza e aprendizaxe e analizar cales son os criterios que definen unha docencia de calidade.
- Identificar os cambios que implica na docencia o novo EEES e reflexionar sobre as súas consecuencias.
- Identificar as competencias que debe ter o profesorado para levar a cabo unha docencia de calidade.
- Identificar as competencias transversais que debemos potenciar no alumnado e coñecer estratexias para desenvolver ditas competencias.
- Coñecer as aplicacións das TICs no ensino universitario e reflexionar sobre a necesidade de integralas na docencia.
- Coñecer os elementos que configuran unha guía docente e reflexionar sobre a importancia de planificar a acción docente.
Obxectivos referidos ao SABER FACER:
- Identificar o noso propio estilo de aprendizaxe e as características que o definen e saber como melloralo.
-Deseñar unha guía docente para un curso relacionado co ámbito da saúde incorporando actividades nas que se utilicen distintos métodos didácticos e incorporando recursos tecnolóxicos..
- Realizar unha presentación de Power Point destinada á docencia tendo en conta criterios de calidade.
- Manexar as ferramentas básicas da Plataforma virtual da USC e coñecer a súa potencialidade como ferramenta de apoio á docencia.
Obxectivos referidos ao SABER SER e ESTAR:
- Comprender e valorar a acción docente como unha labor complexa que esixe preparación e formación específica e a necesidade dunha actualización constante.
- Adoptar unha visión crítica sobre o reto que supón a incorporación ao EEES e valorar as posibilidades e dificultades que presenta de cara a mellorar a calidade da docencia na universidade.
- Adoptar unha actitude responsable e comprometida co propio proceso de aprendizaxe.
Estes obxectivos están dirixidos a que o alumnado adquira un nivel básico de competencia docente.
ContidosTema 1: Aspectos xerais sobre o proceso de ensinanza- aprendizaxe
1.1. ¿Qué significa ensinar e aprender?. ¿Qué elementos interveñen nunha situación de aprendizaxe?
1.2. ¿Aprendemos todos do mesmo xeito?. Os estilos e enfoques de aprendizaxe
1.3. O proceso de ensinanza-aprendizaxe basado en competencias
1.3.1. O concepto de competencia. Características e tipoloxía
1.3.2. A importancia das competencias transversais: cales son e como desenvolvelas
Tema 2: A Universidade e a docencia no mundo actual. As competencias do docente universitario.
Este tema traballarase de forma autónoma a partir da lectura de diversos documentos.
Tema 3: O profesor como líder dun Grupo de Traballo.
- Introdución ó concepto de Liderado
- Competencias de Liderado.
- Tipos de Liderado
- Dirección do Grupo e Traballo en Equipo
Tema 3: A planificación da ensinanza
1. A guía docente como instrumento de planificación do proceso de ensinanza-aprendizaxe: elementos e proceso de elaboración.
2. Os métodos docentes no ensino universitario: A lección maxistral participativa, A aprendizaxe cooperativa, A aprendizaxe baseada en problemas, O estudio de caso
3. A integración das TIC na docencia. A elaboración de presentacións multimedia para a docencia
Bibliografía básica e complementariaNo curso on line atópanse numerosos recursos e documentos de interese para o estudo deste tema. Para ampliar coñecementos podese consultar a seguinte bibliografía:
- García López, R., Candela, I., & Traver, J. A. (2001). Aprendizaje cooperativo (1st ed.) Editorial CCS.
- Monereo Font, C. (2001). La enseñanza estratégica: Enseñar para la autonomía. Aula De Innovación Educativa, (100), 6-10.
- Monereo Font, C., Badia, A., Bilbao, G., Cerrato, M., & Weise, C. (2009). Ser un docente estratégico: Cuando cambiar la estrategia no basta. C & E: Cultura y Educación, 21(3), 237-256.
- Morral Fernández, A., & Bou, T. (2002). Aprendizaje basado en problemas. Revista De Fisioterapia, (1), 26-35.
- Torcido Nasarre, G. (2006). Descubriendo el aprendizaje cooperativo en la educación superior: Una experiencia formativa en los seminarios de orientación docente en la escuela de enfermería gimbernat. Ágora De Enfermería, 10(2), 940-942.
- Zabalza Beraza, M. A. (2003). Competencias docentes del profesorado universitario: Calidad y desarrollo profesional (1st ed.) Narcea.
- Zabalza Beraza, M. A. (2007). La didáctica universitaria. Bordón.Revista De Pedagogía, 59(2), 489-510.
- Zabalza Beraza, M. A. (2008). El trabajo por competencias en la enseñanza universitaria. (1st ed., pp. 79-113) Valladolid : Servicio de Publicaciones, Universidad Europea Miguel de Cervantes, D. L. 2008.
- Zabalza Beraza, M. A., Iglesias Martínez, M., Lapeña Pérez, C., & Pastor Verdú, F. (2006). Innovación en la enseñanza universitaria. (1st ed., pp. 2) [Alicante] : Institut de Ciències de l'Educació, D. L. 2006.
CompetenciasSENTIDO DA MATERIA NO PLAN DE FORMACIÓN DO MASTER:
A materia de Enfoques Docentes ten como propósito xeral ofrecervos un espazo de análise e reflexión sobre o proceso de ensino-aprendizaxe en xeral e sobre a docencia universitaria no marco do EEES en particular aportando algunhas ferramentas e recursos para mellorar a calidade docente.
Para os alumnos que exercen a súa profesión no ámbito hospitalario, esta materia ten como finalidade aportarlles coñecementos tanto teóricos como prácticos, que lles permitan planificar e desenvolver con eficacia accións docentes en distintos ámbitos como poden ser a titorización e supervisión de prácticas clínicas do alumnado de enfermería, ou a realización de cursos de formación ou sensibilización dirixidos a pacientes, familiares, escolares, ou calquera outro sector da poboación.
COMPETENCIAS
Esta materia pretende que os alumnos adquiran un nivel básico de competencias docentes. En concreto, ao rematar o curso os alumnos deben ser capaces de:
1) Enfrontarse ao deseño dunha actividade formativa do seu ámbito de formación académico – profesional
2) Elaborar o material necesario para apoiar a impartición da actividade
3) Facer unha exposición e defensa pública da proposta formativa deseñada e dos aprendizaxes adquiridos durante o curso, co apoio dunha presentación audiovisual.
Metodoloxía da ensinanza a) METODOLOXÍA
A metodoloxía a empregar durante o curso combinará diversas modalidades de traballo, técnicas e enfoques metodolóxicos. Pretendemos con elo que a propia forma de impartir o curso se convirta nun contido de aprendizaxe.
O desenvolvemento das clases presencias será tipo taller cunha participación activa dos alumnos dirixidos polo profesor.
Ademais das actividades presenciais fomentarase a aprendizaxe autónoma e cooperativa propoñendo outras actividades para realizar fora da aula que impliquen tanto a reflexión e o traballo individual como a interacción co resto dos compañeiros e compañeiras e o traballo colaborativo. Para elo contamos co apoio do curso virtual da USC no que podedes atopar unha ampla información e recursos para traballar cada un dos temas: artigos, páxinas web, blogs, presentacións de power point, etc.
b) ACTIVIDADES A REALIZAR POLOS ALUMNOS DE FORMA AUTÓNOMA
A parte das actividades puntuais que poidan servir para reforzar algún aspecto ou contido concreto da materia, cada alumno deberá realizar as seguintes actividades:
1. Realización dunha guía docente para un curso sobre un tema relacionado coa saude ou coa súa formación académica previa. Fará entrega desta guía para a súa valoración polo profesor. Na última sesión do curso cada alumno fará unha exposición pública e defensa da guía docente.
2. Realización dun informe individual no que se recolla unha reflexión e elaboración personal dos coñecementos adquiridos durante o curso. O informe debe ter unha extensión mínima de 3 folios e máxima de 5 folios e debe facer referencia aos seguintes aspectos:
a) Coñecementos adquiridos: ¿Qué aprendín que non sabia antes?
b) Aplicación dos coñecementos: ¿Para qué me vai servir o que aprendín?
c) Nivel de satisfacción das expectativas: ¿cumpríronse as miñas expectativas?,
¿aprendín todo o que esperaba aprender?
d) Valoración global do curso e suxerencias de mellora: ¿que foi o que máis me gustou?
¿que foi o que menos me gustou? ¿que cousas cambiaría ou melloraría?
Fará entrega deste informe ó profesor. Na última sesión do curso cada alumno fará unha exposición pública do informe individual. Pode omitir aqueles aspectos que, polas súas características, considere que deben figurar só no informe escrito que se entrega ó profesor.
3. Realización dunha presentación en Power Point que sirva de apoio para a exposición da guía docente e do informe individual.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia inclúe a realización das seguintes actividades:
1. Participación activa no desenvolvemento do curso: valorarase a partir de dous indicadores: Asistencia continuada a clase e participación activa nas actividades que se desenvolvan en clase.
2. Realización dunha guía docente para un curso relacionado co ámbito da saúde.
3. Realización dun informe individual sobre as aprendizaxes adquiridas no curso
4. Exposición pública da guía docente e do informe individual: Implica a defensa pública da guía docente realizada e máis do informe individual. A exposición do traballo inclúe a realización dunha presentación en Power Point.
5. Os alumnos que non superen a materia mediante a avaliación continua poderán realizar un exame final na data oficial fixada pola Escola no que deberán demostrar que acadaron as competencias previstas.
VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES:
1. Asistencia: 2 puntos (será necesario a asistencia ó 80% das horas presenciais para superar a materia)
2. Participación: 2 puntos (terase en conta a percepción do profesor)
3. Elaboración da guia docente: 2 puntos (mínimo 1 punto para superar a materia)
3. Informe individual: 2 puntos (mínimo 1 punto para superar a materia)
4. Presentación da guía docente e do informe individual: 2 puntos
Tempo de estudo e traballo persoalCarga ECTs do curso: 5 créditos que equivalen a 125 horas de traballo do alumno distribuídas do seguinte xeito:
Docencia expositiva: 10 horas
Docencia interactiva: 25 horas
Titorías en grupos reducidos: 5 horas
Avaliación (exposición de traballos): 5 horas
Total: 45 horas de docencia presencial
Traballo autónomo do alumno: 80h
Recomendacións para o estudo da materiaAs titorías poderanse realizar tanto de forma presencial como vía correo electrónico ou por medio do teléfono.
E-MAIL:
celso.rodriguez@usc.es
TELÉFONO:
8818 13161
ObservaciónsPRERREQUISITOS
A materia non precisa de prerrequisitos específicos. Sen embargo recoméndase o seguinte:
- Dispoñer de ordenador persoal con conexión a Internet para poder acceder aos documentos aloxados no curso virtual así como para participar nas actividades on-line que se organicen.
- Estar dado de alta na USC-Virtual para poder acceder ao curso virtual da materia.
- Ter unha actitude favorable e receptiva para a reflexión, a exploración, e o traballo autónomo e colaborativo nunha área de coñecemento distinta á túa formación de orixe.